Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
A Asociación de Nenos con Hiperactividade e/ou Déficit de Atención (ANHIDA) é unha entidade sen fin de lucro, fundada en maio de 2004 por un grupo de pais e nais con fillos afectados por TDAH.

ANHIDA está dedicada, principalmente, a dar atención especializada as personas afectadas; ademáis, de dar a coñecer á sociedade as necesidades especiais que teñen así como promover a igualdade de oportunidades e a súa mellor integración social.

O TDAH ou Trastorno por Déficit de Atención e/ou Hiperactividade é un trastorno neurobiolóxico de carácter crónico, sintomaticamente evolutivo e de transmisión xenética, en moitos casos. Afecta a un 5-7% de poboación infantil, en idade escolar, chegando incluso á idade adulta, en aproximadamente un 60% dos casos.

Na asociación levan a cabo varios tipos de intervencións psicoeducativas especializadas, ademais de actividades complementarias, coas que se traballan os aspectos particulares das persoas con TDAH como o control de impulsos, fixar a atención, mellorar as súas relacións familiares, os trastornos de conduta, baixa autoestima, dificultades de socialización... A través do traballo multidisciplinar realizado polos profesionais, préstase apoio a estas persoas en todos os ámbitos da súa vida: escolar, familiar, sanitaria, emocional, social etc.

  • Programa de Apoio

    Terapias psicoeducativas grupais/individuais para nenas e nenos con TDAH de 6 a 16 anos.

    • Horario: de luns a venres, de 16:00 a 20:00 h
    • Prazas: 1.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 21.08.2023.