Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Proxecto de sensibilización para a redución de plásticos

Amigas da Terra é unha asociación ecoloxista que ten como misión o fomento do cambio local e global cara a unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente, xusta e solidaria.

  • Universidade Residuo Cero

    É un programa dirixido a toda a comunidade universitaria que queira saber máis sobre os problemas que causa a xeración excesiva de residuos.

    Poderás aprender a identificar e deseñar propostas de actuación para reducir residuos no día a día, especialmente os plásticos.

    Como empezar a ser parte do grupo Universidade Residuo Cero?

    • Podes contactarnos en calquera momento ao longo do curso e informarte sobre as actividades previstas ou as que xa estean en marcha.
    • Amigas da Terra realiza encontros virtuais e obradoiros presenciais sobre residuo cero, reutilización e reparación de obxectos, e outros tema de interese.

    Universidade Residuo Cero: pequenos cambios, grandes resultados.

  • Se antes de inscribirte no programa de voluntariado queres contactar co equipo de Amigas da Terra podes facelo a través do whatsapp (611063186) ou ben do correo activistas@amigasdaterra.net