Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Iniciativa de voluntariado no eido da saúde mental.

Saúde Mental FEAFES Galicia (Federación de asociacións de familiares e persoas con enfermidade mental de Galicia) é unha entidade sen ánimo de lucro que ten delegacións nas catro provincias galegas. A súa misión é axudar a mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e dos seus familiares, así como a defensa dos seus dereitos para lograr a redución de prexuízos e favorecer a inclusión do colectivo na comunidade.

  • Ocio e deportes

    Actividade dirixida a fomentar a integración social a través da participación en actividades lúdicas e deportivas que faciliten a integración social, tales como visita a museos, cine, praia, sendeirismo, festas populares, xogos etc. acompañados dunha monitora de ocio e doutras persoas voluntarias.

    • Horario: estas actividades fanse sobre todo en fins de semana alternas e nalgunha ocasión pola semana (horario a determinar segundo a actividade).
    • Prazas: 1

    Dentro do programa de Deporte ofrécese fútbol sala a persoas con problemas de saúde mental, adestrando un día en semana e participando nunha liga autonómica organizada con participantes de outras asociacións federadas. Esta actividade desenvólvese no Pavillón de Santa Isabel.

    • Horario: luns, de 16:30 a 18 h.
    • Prazas: 1 (COMPLETO)

    Formación e emprego

    Reforzo educativo que consiste en ofrecer ás persoas que se están a formar cando estas presenten carencias nalgunha materia, así como dotar de técnicas de estudo que faciliten a aprendizaxe.

    Apoio para a busca de emprego a través das TICs.

    • Horario: de luns a venres (horario a determinar segundo as necesidades existentes).
    • Prazas: 1
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.04.2025.