Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Voluntariado no ámbito da saúde mental.

Lar Pro Salud Mental é unha entidade sen ánimo de lucro formada por unha asociación, unha fundación e un Centro Especial de Emprego Servilar.

Ten un amplo equipo multidisciplinar composto por un equipo clínico, psicólogas/os e un equipo médico (enfermeira, doutora e psiquiatra), psicopedagoga, traballadora social, orientadora laboral, educadoras/es sociais, educadoras/es, profesoras/es de obradoiros e coidadoras/es.

Todas as actividades desenvólvense en Vilagarcía de Arousa.

  • Programa Amig@s

    Este programa de acompañamento pretende poñer en relación a persoas con TM con persoas voluntarias para realizar encontros de pares cunha finalidade lúdica, onde se compartan experiencias nunha relación de igual a igual.

    Trátase de actividades dirixidas a fomentar a integración social a través da participación en actividades dirixidas a fomentar a integración social a través da participación en actividades tais como visitas a museos, pasear, tomar algo, acudir a eventos ou exposicións, ir ao cine etc.

    • Horario: de luns a venres, de 18:30 h a 20:30 h, e sábados e domingos, de 11 h a 13 h e de 16 a 20 h.
    • Prazas: s/n

     Voluntariado 2.0

    Programa onde as/os voluntarias/os colaboran de forma dixital, ou a distancia, en actividades de difusión e visibilización dos Trastornos da Saúde Mental nas redes, mediante elaboración de trípticos, creación de carteis e publicacións, accións de sensibilización e colaboración nos eventos que se realizan tales como feiras e charlas.

    • Horario: sen especificar. A convir coa persoa voluntaria.
    • Prazas: s/n

     Aprendo contigo

    Programa onde as persoas voluntarias comparten os seus coñecementos e as súas habilidades coas/os usuarias/os, como pode ser: manualidades, nocións básicas de informática, de costura, de crochet, pintura etc.

    • Horario: sen especificar. A convir coa persoa voluntaria.
    • Prazas: s/n.

     Activamente

    Este programa pretende favorecer actividades físicas que promovan unha boa calidade de vida, tanto física como mental, favorecendo o estiramento do corpo e o movemento, mellorando así a coordinación, o equilibrio etc.

    • Horario: sábados e domingos, de 11 h a 13 h e de 16 h a 20 h.
    • Prazas: s/n.

    Club de lectura

    Programa onde as persoas voluntarias comparten un rato agradable de lectura e debate coas/os usuarias/os

    • Horario: de venres a domingo, sen especificar.
    • Prazas: s/n.

     Voluntariado Universitario

    Participación activa nas actividades da Fundación (Mini-Residencia Lar e Centro terapéutico de menores Chavea). É un programa no que o voluntario colabora tanto na elaboración dos obradoiros levados a cabo, como na elaboración do material das sesións, baixo a coordinación e supervisión dun/dunha profesional do Centro.

    • Horario: sen especificar. A convir coa persoa voluntaria.
    • Prazas: s/n.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.09.2024.