Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Iniciativa de voluntariado no ámbito universitario.

Erasmus Student Network  (ESN) é unha organización estudantil sen ánimo de lucro que opera a nivel internacional, nacional e local desde 1989, co obxectivo principal de mellorar e facilitar a mobilidade do alumnado.

 

  • Buddy Programme

    O Buddy Programme é un programa de titorización personalizada para promover a integración educativa, lingüística e cultural do estudantado estranxeiro na USC. A asociación pon en contacto a aquelas persoas, que comezan o seu intercambio en Santiago e Lugo, con persoas voluntarias que realizan os seus estudos na USC. O estudantado local axuda á persoa que chega á USC cos trámites, a orientarse na cidade, facendo acompañamento nos seus primeiros días etc.

    Programa Cultural

    Programa de actividades que ten como principais obxectivos que o estudantado de intercambio coñeza a cultura e tradicións de Galicia, acompañándoos a diferentes puntos de interese cultural, en Santiago, en Lugo e noutros lugares de Galicia. Do mesmo xeito, a través de tándems, o estudantado poderá intercambiar experiencias dos seus propios países, favorecendo así o intercambio cultural.

    Programa Lúdico-Deportivo

    Mediante este programa preténdese que o estudantado de intercambio adquira hábitos saudables a través da práctica habitual de actividades deportivas, así como o fomento de valores como o compañeirismo e o traballo en equipo. Para isto, varias veces á semana ao longo de todo o curso académico, as persoas voluntarias organizarán diversos xogos e actividades para que o estudantado poida practicar unha gran variedade de deportes e actividades lúdicas.

    Programa Social

    Mediante este programa tentarase concienciar ao estudantado sobre a diversa realidade social existente en Galicia, así como sensibilizalo sobre  diversas causas sociais como a igualdade ou a conservación do medio ambiente. Para a consecución destes obxectivos cooperarase con diversas asociacións e entidades públicas e privadas especializadas.

  • Desde febreiro está aberta a convocatoria para o alumnado do Campus de Lugo interesado en colaborar no curso 2023/24.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2023.