Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Iniciativa de voluntariado universitario

ESF é unha asociación independente, sen ánimo de lucro, baseada no voluntariado transformador, que busca contribuír á construción colectiva dunha sociedade mundial xusta, crítica e solidaria mediante a cooperación para o desenvolvemento e o uso da tecnoloxía ao servizo do desenvolvemento humano e o ben común.

Mulleres Tecnólogas polo Ben Común é un programa para valorizar e visibilizar a presenza de mulleres no eido tecnolóxico.

  • Programa Mulleres Tecnólogas polo Ben Común

    O seu obxectivo é dar a coñecer en centros de ensino secundario o papel das mulleres tecnólogas desde o enfoque da teccnoloxía para o ben común, baseado en valores de cooperación, participación cidadá, sustentabilidade, enfoque a grupos vulnerabilizados...

    As persoas voluntarias integraríanse en ESF e recibirían unha formación sobre tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos antes de comezar o voluntariado. Cando menos organizarían un faladoiro ao ano.

    • Horario: flexible, acordado co resto do grupo.
    • Prazas: 4 alumnas de carreiras tecnolóxicas.

    Voluntariado en acceso a servizos básicos e tecnoloxía para o ben común

    Trátase de participar nos grupos de acceso a servizos básicos con base de tecnoloxía para o ben común, que están a realizar distintas actividades (investigación cidadá, faladoiros en centros de secundaria e tamén entornos non formais, campañas en redes sociais...). Os grupos a elexir (ou ou varios) son:

    • dereito á auga e saneamento.
    • dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria.
    • enerxía e cambio climático.
    • tecnoloxía de baixo custo para a inclusión (de persoas con problemas de mobilidade, de percepción...).
       
    • Horario: 1 reunión de grupo cada 2 meses aproximadamente.
    • Prazas: 3 persoas por grupo.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 17.04.2023.