Acción de voluntariado en proxectos de inclusión social.
Diaconía España é unha plataforma de traballo social orientada á acción e intervención coas persoas máis vulnerables para facilitar a súa integración social, desenvolvemento, mellora das súas condicións de vida e a restitución dos seus dereitos.
Diaconia desenvolve en Lugo dous programas de Protección Internacional e outro dirixido a dar visibilidade á diversidade cultural, denominado Comunidade Diversa.
As prioridades detectadas son apoio escolar, habilidades sociais, apoio nas TIC, actividades de lecer...
-
As persoas voluntarias poden realizar acompañamentos, tanto en situacións puntuais como permanentes, das persoas ou familias que polas súas circunstancias así o precisen.
Acompañamento e apoio escolar para Primaria e Secundaria