Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Voluntariado para o benestar animal

Michos de Lugo é unha asociación protectora creada para mellorar a calidade de vida dos gatos de rúa, coidalos e protexelos, mirando polo seu benestar e a convivencia coa xente e a súa contorna.

A Asociación proporciona atención de alimentación e sanitaria, realiza rescates de emerxencia, ocúpase dos coidados veterinarios, de campañas de esterilización, usando o método CER (captura, esterilización e retorno á súa colonia). 

  • As colaboracións a través do programa de voluntariado poden ser en campañas de recollida de pienso, mercadillos solidarios, difundindo apadriñamentos ou promovendo as boas prácticas en benestar animal e prevención do maltrato.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.04.2023.