Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Ficha do proxecto
  • Título: Obradoiro de iniciación musical. 
  • Coordinación: Carol Jean Gillanders e Laura Tojeiro Pérez 
  • Materia: Música na educación primaria. Grao Mestra/e en educación primaria. 
  • Entidades colaboradoras: Concello de Santiago de Compostela. Concellaría de Acción Cultural. Centro Sociocultural da Peregrina. 
  • Descrición: A idea do proxecto é ofrecer ao alumnado da materia unha oportunidade de impulsar actividades que deseña na aula universitaria máis aló do período de prácticas. Fronte as dificultades de acceso á cultura a proposta ofrece o achegamento a actividades de iniciación musical a nenos entre 6 e 10 anos que non teñan, no seu contorno máis próximo, a posibilidade de participar neste tipo de obradoiros. O alumnado da materia oferta estas actividades nos centros socioculturais do rural. 
Os contidos desta páxina actualizáronse o 18.04.2024.