Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Proxecto centrado na prevención e atención do acoso sexual, por razón de sexo ou por razón de orientación sexual e identidade de xénero na comunidade universitaria.
Actividade organizada pola Oficina de Igualdade de Xénero e financiada con cargo a fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero (Ministerio de Igualdade).
Cartel. Contra o Acoso

Este proxecto ten como obxectivo artellar unha estratexia integral que poña o foco na difusión do Protocolo e na concienciación do conxunto da comunidade universitaria.

Para logralo temos planificadas diferentes actividades:

  • Participar nos espazos seguros  dirixido ao alumnado, PDI, PAS do Campus de Lugo e de Santiago para recoller narrativas relacionadas co acoso sexual, acoso por razón de sexo, acoso por orientación sexual ou acoso por identidade de xénero.
  • Participar nas mesas de traballo colectivo para reflexionar sobre o acoso e o protocolo dirixíndoas ao alumnado, PDI, PAS do campus de Santiago.

Estas actividades estarán dinamizadas por persoal especializado en facilitación de grupos, prevención e atención en casos de violencia machista. As dinámicas estarán coidadas e gozarán das garantías para ser un espazo seguro dende a perspectiva feminista e LGBTQI+

 

  •  Espazos seguros para recoller narrativas

    Estes espazos seguros van dirixidos a alumnado, PDI, PAS do campus de Lugo e de Santiago.

    Datas e localizacións:

    • Espazo seguro para alumnado. Mércores, 18 de outubro de 17 a 19 h. Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias Políticas. Campus de Santiago.
    • Espazo seguro para alumnado. Martes, 7 de novembro de 17 a 19 h. Seminario 3. Facultade de Administración e Dirección de Empresas. Campus de Lugo.
    • Espazo seguro para PDI, PAS. Luns,  23 de outubro de 11 a 13h. Sala de Xuntas da Facultade de Ciencias Políticas. Campus de Santiago.

    Mesas de traballo colectivo para reflexionar sobre e o acoso e o protocolo

    As mesas de traballo van dirixidos ao alumnado, PDI, PAS do campus de Santiago.

    Datas e localización:

    • Mesa de traballo para alumnado. Martes, 14 de novembro de 17 a 19h. Seminario 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación. Campus de Santiago.
    • Mesa de traballo para PDI, PAS. Martes, 21 de novembro de 11 a 13h. Seminario 3 da Facultade de Ciencias da Comunicación. Campus de Santiago.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.06.2024.