
As funcións da 31 edición do Festival de Teatro Universitario, con entrada de balde, serán do 2 ao 11 de abril de 2025. Como actividades complementarias haberá o 5 de abril as accións 'EscaparArte' e o 6 de abril un taller de creación con Nuria Sotelo.
-
2 de abril
'Voilá', coa compañía de teatro da USC-Lugo dirixida por An González
Auditorio Gustavo Freire, 20.30 horas
4 de abril
'Danza de la vida breve', de Antonella Sturla, con Teatro el Mayal-ULE dirixido por Javier R. de la Varga
Vello Cárcere, 20.00 horas
7 de abril
'Agamenón, volvín do supermercado e deille unha malleira ao meu fillo', de Rodrigo García, coa compañía de teatro da USC dirixida por Roberto Salgueiro
Auditorio Gustavo Freire, 20.30 horas
9 de abril
'Ludovico 2.5', coa Aula de teatro do campus de Ourense, Grupo Maricastaña da Universidade de Vigo, dirixida por Fernando Dacosta
Auditorio Gustavo Freire, 20.30 horas
11 de abril
'Cara de leoparda', coa compañía Vaites Vaites da USC-Lugo dirixida por An González
Casa do Saber, 20.00 horas
-
5 de abril
EscaparArte, Accións escénicas nos escaparates do centro histórico de Lugo
Horario: de 12.00 a 14.00 horas
Prazo: Queres participar como artista no EscaparArte? recepción de propostas ata o 23 de marzo de 2025.
Máis información e solicitude de participación: en area.cultura@usc.gal
As bases de participación no EscaparArte están nesta ligazón.
6 de abril
Taller de creación con Nuria Sotelo
Horario e lugar: de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 18.00 horas na Aula de Teatro e Danza da Facultade de Veterinaria
Prazo: inscrición ata o 26 de marzo neste formulario. Máis información en cultura.lugo@usc.gal
Descripción do taller:
Neste obradoiro abordaremos ferramentas para a creación dende e co corpo, atendendo a tres niveis relacionais: co meu propio corpo, cos outros corpos, co espazo.
No primeiro nivel abordaremos a presenza e o uso eficiente do movemento. Para elo faremos uso de ferramentas que axudan a focalizar a atención e a conexión mente-corpo-emoción.
No segundo nivel estudaremos a relación entre as persoas a nivel físico, observaremos como as decisións van pasando dun nivel individual a un nivel colectivo que vai máis alá da negociación ou suma de vontades.
No terceiro nivel poremos en relación a nosa individualidade e o colectivo co espazo que nos acolle, trascendendo á frontalidade da cuarta parede e explorando a multiplicidade de posibilidades na composición espacial.
O traballo nestes tres niveis pretenden levar consciencia cara ese lugar escénico dinámico no que os intérpretes se situan nunha escoita activa e cunha atención entre dentro e fora, entre o corpo e a mente, entre a miña vontade e a dos outros.
Para abordar este traballo Nuria Sotelo fará uso de ferramentas de diferentes da danza contemporánea: Body Weather, Passing Through, Releasse ou Assimetrical Motion. Tamén de prácticas traídas do ioga, a respiración consciente e da súa propia experiencia escénica como intérprete e coreógrafa.
Necesidades para as persoas participantes: roupa e calzado cómodo
Taxas do taller:
- Xeral 60€
- Comunidade universitaria 40€
- Compañía de Teatro 30€
-
Área de Cultura
- Colexio San Xerome
- Praza do Obradoiro s/n., 15782Santiago de Compostela
- 881 811 018
- 881 811 103
- area.cultura@usc.gal
Área de Cultura
- Edificio Intercentros
- Rúa Bernardino Pardo Ouro, s/n. Campus Universitario, 27002Lugo
- 982 821 513
- cultura.lugo@usc.es