Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

EscaparArte

05.04.2025 | 12.00h

Lugo

A Área de Cultura da USC promove intervencións escénicas en escaparates do casco histórico de Lugo coa iniciativa 'escaparArte'

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

EscaparArte, unha iniciativa participativa que propón intervencións artísticas en diversos escaparates do casco histórico da cidade de Lugo, terá lugar o sábado 5 de abril de 12.00 a 14.00 horas.

Ata o 23 de marzo está aberto o prazo de recepción de propostas para o EscaparArte deste ano. Nas bases de participación tes máis información e tes que enviar a túa solicitude de inscrición en area.cultura@usc.gal

Esta actividade está incluída dentro da programación da Primavera Cultural e enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio que desenvolven a USC, Cultura e Turismo do Concello de Lugo e a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 12.03.2025.