Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
A muller que tiña medo e marchou vivir ao Carrefour, de R. Salgueiro 2018
A Aula de Teatro da USC iniciou a súa andaina como espazo de formación e produción teatral en 1990.

A Aula de Teatro da USC diversifica a súa programación en cinco liñas:

  1. Compañías de teatro da USC
  2. Escola de Teatro
  3. O Festival Internacional de Teatro Universitario
  4. A Mostra de Teatro Universitario de Galicia
  5. O programa de apoio ás compañías de teatro da USC
  • Para levar adiante os seus traballos, a Aula de Teatro conta cun espazo no Campus de Compostela onde centraliza a súa programación, a Sala de teatro Roberto Vidal Bolaño, e outro onde as compañías independentes desenvolven os seus ensaios, a Sala Luísa Cuesta. Así mesmo, existe un fondo de préstamo de vestiario, atrezo e escenografía ao dispor das compañías universitarias. No Campus de Lugo conta, asemade, cunha sala propia de ensaios.

    Podes consultar o blog da Aula de Teatro do campus de Santiago nesta ligazón.

  • 1. Alta de compañías escénicas independentes no rexistro da Área de Cultura

    Antes de poder concurrir ás convocatorias de axudas de produción e/ou distribución da Vicerreitoría de Cultura, así como aproveitar os programas de apoio que se desenvolven desde a Aula de Teatro e o Espazo de Danza Universitario (lugares de ensaio, asesoramento técnico e artístico, servizo de préstamo, programación etc.), as compañías escénicas independentes deberán estar dadas de alta no rexistro da Área de Cultura. 

    A compañía —enténdese como tal o reparto e equipo artístico— estará constituída por un mínimo de 2/3 de membros da comunidade universitaria (estudantes, PDI, PAS). Ademais, non realizará actividade profesional no curso académico en curso e, á marxe do número de funcións e espazos onde estimen oportuno expoñer os seus traballos, a compañía deberá presentar, tamén, os mesmos en espazos da USC.

    2. Ratificación de alta de compañía

    Cada curso académico a compañía deberá ratificar a súa alta para poder aproveitar os servizos mencionados no apartado anterior, de non facelo será dada de baixa no Rexistro de compañías escénicas independentes na USC. 

    3. Modificación de datos

    Durante o proceso de traballo das compañías, nestas poderán darse de alta ou de baixa calquera do/as integrantes, modificación que deberá ser comunicada no mesmo momento en que se realice o cambio.

    4. Cómo realizar a alta/ratificación/modificación de datos?

    Para dar de alta/ratificar/modificar datos dunha compañía escénica independente na USC deberá cubrirse este formulario.

    Unha vez asinado dixitalmente polo/s seu/s representante/s, o formulario deberá remitirse a: area.cultura@usc.gal, xunto coa fotocopia do DNI dos seus representantes e integrantes.

    A solicitude de ratificación/modificación de datos só se pode facer no caso de que a compañía xa estivera dada de alta/ratificada no curso académico inmediatamente anterior.

    Compañías teatrais rexistradas no actual curso académico 2024/2025

    • LaBarata Producións
    • El Enredo
    • Brinco de Venus
    • Iniciación ao Teatro (USC)
  • Se queres formarte coa Aula de Teatro da Universidade de Santiago de Compostela, nesta ligazón figuran as datas das probas de acceso e toda a información sobre os cursos que se ofertan.

  • Área de Cultura

    Colexio San Xerome

    Área de Cultura

    Edificio Intercentros

Eventos relacionados

Novas relacionadas

Abril escénico na USC

A Aula de Teatro da USC desenvolverá ao longo do mes de abril unha intensa actividade escénica. Será a mediados de mes cando teña lugar en Lugo o Festival de Teatro Universitario e uns días despois en Compostela a Mostra de Teatro Universitario de Galicia. Estas dúas importantes citas completaranse con varios obradoiros de arte escénica, a iniciativa ‘escaparArte’ e a presentación do exercicio final da Escola de Teatro.

Ler máis
Os contidos desta páxina actualizáronse o 10.03.2025.