Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Faíscas Culturais

Charla 'A escola na Domus'

02.04.2025 | 17.00h

Lugo
Casa do Saber

Esta edición do programa Faíscas Culturais é unha reflexión arredor da domus do Mitreo, desde como se integraba na paisaxe urbana, cales eran os fundamentos antropolóxicos da alimentación, ou como evolucionaron os coidados na época romana

Imaxe do cartel
Imaxe do cartel

O 2 de abril ás 17.00 horas haberá unha charla da profesora 'Alba Díaz Geada na Casa do Saber do campus de Lugo sobre 'A escola da Domus' á que asistirá o estudantado da Facultade de Formación do Profesorado. A entrada está aberta para toda a comunidade universitaria. Ademais, o estudantado participante na faísca poderá realizar unha visita guiada con Celso Rodríguez Cao á Domus do Mitreo.

"Nesta charla, en primeiro lugar situaremos a Domus no contexto da romanización da Galiza e, máis particularmente, do papel de Lucus Augusti no contexto da Gallaecia romana. A través da Domus, tentariamos achegarnos á historia social daquel tempo. Logo, revisaremos os recursos didácticos que están dispoñibles na páxina web da Domus do Mitreo. Reflexionaremos co estudantado sobre as posibilidades de desenvolver actividades de educación patrimonial a partir do coñecemento e dos recursos da Domus do Mitreo. E para finalizar situaremos ese espazo museístico no contexto dos diferentes espazos musealizados do Lugo do tempo da romanización", indica a poñente Alba Díaz Geada.

O programa Faíscas Culturais é unha iniciativa da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura que ten como obxectivo prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural.

Cartel da Faísca A procura da domus do Mitreo
Cartel da Faísca A procura da domus do Mitreo
Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.03.2025.