Para participar na IX Findecurta tes que inscribirte entre o 5 e 19 de marzo de 2025

As persoas participantes deberán realizar unha curta seguindo os parámetros das bases.
Os premios que podes acadar son un primeiro premio de 350 euros, que supón ademais a participación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega, e un segundo premio (Premio do Público), que supón a partipación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega.
Máis información nas bases do Certame.
-
-
Para participar no IX Findecurta tes que cubrir o formulario de inscrición entre os días 5 e 19 de marzo de 2025.
-
Unha vez feita a inscrición tes que seguir os pasos da Findecurta:
- 21 de marzo ás 20.30 h: Sesión informativa na Casa do Saber
- 21 de marzo ás 20.30 ata 25 de marzo ás 10.30 h: tempo oficial de realización da curta.
- Ata o 25 de marzo ás 10.30 h: entrega da documentación e da curtametraxe
- 25 de abril: proxección e entrega de premios