Pasar al contenido principal
Este portal utiliza cookies propias o de terceros con fines analíticos, así como enlaces a portales de terceros para poder compartir contenido en las redes sociales. Puede obtener más información en la <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/es/aviso-legal">política de cookies</a>.
Para participar na IX Findecurta tes que inscribirte entre o 5 e 19 de marzo de 2025
Imaxe do cartel

As persoas participantes deberán realizar unha curta seguindo os parámetros das bases.

Os premios que podes acadar son un primeiro premio de 350 euros, que supón ademais a participación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega, e un segundo premio (Premio do Público), que supón a partipación da curtametraxe na Semana de Cine de Lugo onde competirá polo Premio do Público á Mellor Curtametraxe Galega.

Máis información nas bases do Certame.

  • Para participar no IX Findecurta tes que cubrir o formulario de inscrición entre os días 5 e 19 de marzo de 2025. 

  • Unha vez feita a inscrición tes que seguir os pasos da Findecurta: 

    • 21 de marzo ás 20.30 h: Sesión informativa na Casa do Saber
    • 21 de marzo ás 20.30 ata 25 de marzo ás 10.30 h: tempo oficial de realización da curta.
    • Ata o 25 de marzo ás 10.30 h: entrega da documentación e da curtametraxe
    • 25 de abril: proxección e entrega de premios
Los contenidos de esta página se actualizaron el 28.02.2025.