Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

‘Unha volta á cidade’ desde a Biblioteca Intercentros

Cartel da mostra "Unha volta á cidade"
Cartel da mostra "Unha volta á cidade"
O centro de interese “Unha volta á cidade” busca a reflexión sobre a relación entre as cidades e a ecoloxía a través dunha serie de obras que se atopan dispoñibles na Biblioteca Intercentros.   

A Biblioteca Intercentros de Lugo vén de crear a mostra bibliográfica "Unha volta á cidade" co obxectivo de fomentar a reflexión sobre o papel das cidades nun momento de grandes desafíos como o crecemento da poboación, a urbanización acelerada e o cambio climático. A mostra, que poderá pode visitarse no vestíbulo de entrada da biblioteca ata o vindeiro 7 de abril,  componse de diversas obras que se atopan dispoñibles na colección da Intercentros.

As obras propostas describen, entre outros temas, como as cidades están a adoptar principios de deseño que tentan poñer a atención na calidade de vida dos seus habitantes, promovendo espazos públicos accesibles, transporte sostible e a integración da natureza en contornas urbanas. Neste contexto, o urbanismo convértese nunha ferramenta clave para crear contornas máis resilientes, inclusivas e adaptadas ás necesidades do século XXI. 

A relación entre a ecoloxía e o urbanismo tamén é abordada na mostra. Namentres que a ecoloxía se centra no estudo das interaccións entre os seres vivos o entorno que os rodea, o urbanismo é o encargado do deseño e planificación das cidades e dos espazos urbanos.  Ademais, o urbanismo ecolóxico tamén ten en conta a adaptabilidade das cidades ao cambio climático, poñendo en práctica estratexias como as infraestruturas verdes e a planificación do uso do solo que minimicen o impacto ambiental. 

Detalle da mostra
Detalle da mostra
Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.03.2025.