Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Libros andeis
Habilidades, actitudes e condutas para acceder a información de calidade.

As competencias informacionais –en adiante CI-son o conxunto de coñecementos, habilidades, actitudes e condutas que capacitan aos individuos para recoñecer cando necesitan información, onde localizala, como avaliar a súa idoneidade e darlle o uso adecuado de acordo co problema que se lles formula. 

  • Por que son necesarias as CI? 

    Son varios os factores determinantes da necesidade da adquisición destas competencias: 

    • Incremento exponencial da información científica.
    • Desenvolvemento das TIC.
    • Novo modelo de ensino-aprendizaxe implantado na Universidade, establecemento dunha cultura da calidade.
    • Unha sociedade cambiante que require dunha mellora continua a través dunha aprendizaxe ao longo de toda a vida.

    O mundo laboral e a sociedade, en xeral, demandan da Universidade a formación de persoas capaces de afrontar estes retos e de desenvolverse no seu rol social e profesional cun eficaz desempeño das tarefas específicas da súa profesión, pero tamén daquelas outras que lles capaciten para liderar, para comunicar e para relacionarse cos demais, facendo uso das TIC.

    Por que a BUSC asume esta formación?

    O Plan estratéxico 2011-2020 establece o obxectivo de potenciar a orientación dos servizos académicos á mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe, para o que determina converter a BUSC nun centro de recursos para a docencia, a aprendizaxe e a investigación.

    A Biblioteca Universitaria recolle o mandato da USC e establece, como un dos seus obxectivos estratéxicos, “contribuír á adquisición de competencias informacionais na comunidade Universitaria”.

    A quen vai dirixida e como se desenvolve a formación en CI?

    As Competencias en Información son unha competencia transversal. 

    A BUSC contribúe á súa adquisición impartindo Cursos de Formación dirixidos a todos os membros da comunidade universitaria. 

    Para o alumnado, ofértanse 3 niveis: 

    • Básico, dirixido ao alumnado de primeiros cursos de grao.
    • Avanzado, dirixido ao alumnado dos últimos cursos do grao e pensado para axudar na realización do TFG.
    • Experto, dirixido ao alumnado de posgrao. 

    O PDI e o PAS teñen acceso á formación en competencias en información a través dos plans de formación que a USC oferta para cada colectivo.

    O formato dos cursos é en liña (a través do Campus Virtual da USC), aínda que adoitan levar consigo clases presenciais e prácticas para reforzar a adquisición das competencias.

    Que competencias se traballan? 

    A UE integra as CI dentro da competencia dixital, e define esta como unha das oito competencias chave que todo estudante debe ter adquirido ao rematar a súa formación académica.

    O documento europeo DIGCOMP establece 21 competencias dixitais, repartidas en 5 Áreas:

    Área 1: Información e tratamento de datos

    • C1. Navegación, procura e filtrado de información, datos e contidos dixitais.
    • C2. Avaliación de información, datos e contidos dixitais.
    • C3. Xestión de información, datos e contidos dixitais.

    Área 2: Comunicación e colaboración

    • C4. Interacción mediante tecnoloxías dixitais.
    • C5. Compartir mediante tecnoloxías dixitais.
    • C6. Participación social mediante tecnoloxías dixitais.
    • C7. Colaboración mediante tecnoloxías dixitais.
    • C8. Netiqueta.
    • C9. Xestión da identidade dixital.

    Área 3: Creación de contido dixital

    • C10. Desenvolvemento de contidos dixitais.
    • C11. Integración e reestruturación de contido dixital.
    • C12. Dereitos de autor e licenzas.
    • C13. Configuración e personalización de aplicacións e programas informáticos.

    Área 4: Seguridade

    • C14. Protección de dispositivos.
    • C15. Protección de datos persoais e privacidade.
    • C16. Protección da saúde e o benestar.
    • C17. Protección da contorna.

    Área 5: Resolución de problemas

    • C18. Resolución de problemas técnicos.
    • C19. Identificación de necesidades e respostas tecnolóxicas.
    • C20. Usar a tecnoloxía dixital de forma creativa.
    • C21. Identificación de lagoas na competencia dixital.

    ¿Podo obter créditos con este curso? 

    A USC recoñece esta actividade con 1 crédito ECTS. A súa imputación no expediente do alumnado apto é automática —sen necesidade de solicitude previa— cando se cumprimenten as actas do curso. Non se recoñecerá o crédito a aquelas persoas que realicen un curso de competencias en información que non sexa o propio da súa titulación.

    A superación dos cursos que se imparten nun grao (niveis básico e avanzado) permiten obter cadanseu crédito ECTS (2 créditos en total).

    A superación dos cursos impartidos en posgrao (nivel experto) proporciona un diploma emitido pola USC que acredita unha formación con aproveitamento de 25 horas.

  • Cando e onde fago a matrícula? 

    A matrícula faise a través da Secretaría Virtual da USC en “Actividades cursos e probas" » "Oferta" » “Cursos de Competencias en Información (CCI)” dentro dos prazos de matriculación e no curso que corresponda a súa titulación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 11.09.2024.