Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.
Open access
A BUSC ofrece a posibilidade de beneficiarse de descontos nas taxas de publicación de artigos científicos en acceso aberto (APC) en diversas editoriais científicas.

Na USC actualmente están vixentes acordos con varias editoriais. Por unha banda, os asinados con Cambridge University Press (CUP) e Oxford University  Press, a través do Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG) e, por outra, os asinados pola CRUE-CSIC e coa colaboración co devandito consorcio con editoriais académicas como ElsevierWileySpringer American Chemical Society (ACS). Os termos e condicións fixados nos acordos con cada unha destas editoriais son diferentes segundo os casos.

A BUSC ofrece unha guía sobre Acordos transformativos, que mantén actualizada en virtude da renovación destes acordos. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 27.02.2025.