Ir o contido principal

Dispoñible unha nova guía para a xestión dos datos de investigación

A BUSC vén de publicar unha nova guía relativa aos datos de investigació. Infografía: Rebiun
A BUSC vén de publicar unha nova guía relativa aos datos de investigación. Infografía: Rebiun
Neste novo recurso informativo detállanse os aspectos relacionados coa creación, análise, preservación e difusión dos datos de investigación, seguindo os mandatos vixentes a nivel europeo e nacional.
Ademais, actualizáronse os contidos das guías de Minerva referidas ao autoarquivo e á información xeral do repositorio, trala migración dos contidos ao novo software.

A BUSC conta cunha nova guía na que se explican todos os procesos relacionados cos datos de investigación e a súa xestión, desde a creación, procesamento e análise, ata a preservación e difusión, seguindo os requisitos e mandatos vixentes a nivel europeo e nacional. 

Nos distintos apartados da guía pódese consultar toda a información referida os datos de investigación e a ciencia aberta, a lexislación e as políticas a nivel nacional e europeo referidas a súa xestión, así como o procedemento a seguir para implementar un plan de xestión de datos. Tamén se proporciona información detallada sobre os repositorios onde depositar os datos, os tipos de licenza aplicables, e as condicións de reutilización e cita dos datos de investigación

Actualización das guías de Minerva
As guías de Minerva, tanto a de información xeral como a de autoarquivo, acaban de ser actualizadas para recoller os cambios que se produciron no repositorio trala recente actualización do software. Nestas dúas guías recóllese toda a información relativa aos contidos que alberga o repositorio, política de metadatos  e procedementos de autoarquivo dos documentos por parte do PDI.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 29.10.2024.