Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Contacto

Enderezo
Avda. de Castelao, s/n, 15782
Santiago de Compostela
Teléfonos
881 811 752
Horario
HORARIO HABITUAL: De luns a venres, de 8:30 a 21:25 h.

As coleccións da Biblioteca comprenden máis de 211.000 volumes de monografías e máis de 2.600 títulos de revistas, das que 161 están en curso de recepción.

  • Coleccións

    Os fondos incrementáronse nos derradeiros anos con varias doazóns:

    • No ano 2000 a doazón do arquivo e a biblioteca persoais do poetaJosé Ángel Valente (8.669 volumes). A súa escrita é considerada como unha das máis ambiciosas e profundas da literatura española contemporánea. Creouse a Cátedra de Poesía e Estética José Ángel Valente en 1999 e denominada así por desexo do propio escritor tras a doazón da súa biblioteca á Universidade de Santiago de Compostela. Para albergar todo o material doado, designouse un espazo específico no último andar do recinto da Biblioteca de Filoloxía.
    • No ano 2006 a familia do profesor Enrique Moreno Báez, doa a Universidade a súa biblioteca (4.088 volumes) que pasan a formar parte da biblioteca de Filoloxía. Libros de variada temática, a maioría editados no século XX e un número máis pequeno do XIX. Romanista e crítico literario español da Xeración do 27, foi catedrático da Universidade de Santiago de Compostela dende 1954 ata a súa xubilación.
    • No ano 2008, o fillo do profesor Walter Haug, grazas á mediación do profesor Víctor Millet, doa a biblioteca (4.144 volumes) do catedrático da Universidade de Tübingen e un dos máis importantes estudosos da literatura alemá medieval. Son obras sobre épica, novela, narrativa breve, mística e orientalismo. 
    • No ano 2008, a biblioteca do profesor Constantino García (1.579 volumes). Filólogo, fundador do Instituto da Lingua Galega e do Centro Ramón Piñeiro, exerceu moitos anos como profesor na Facultade de Filoloxía, chegando a ocupar a cátedra de Filoloxía Románica ata a súa xubilación. Tamén foi membro da Real Academia Galega.
    • No ano 2019, a Biblioteca recibe a doazón do profesor Johann Tischler. Lingüista austríaco, especialista en estudos indoeuropeos e do antigo Próximo Oriente na Universidade de Innsbruck ata a súa xubilación en 2011. Os libros cobren ocos moi importantes sobre indoeuropeo.

    As obras que forman parte destes donativos, poden localizarse no catálogo da BUSC sinalando a súa procedencia.

    As principais áreas de coñecemento representadas nestes fondos son:

    • Filoloxía española.
    • Filoloxía francesa.
    • Filoloxía galega.
    • Filoloxía portuguesa.
    • Filoloxía italiana.
    • Filoloxía románica.
    • Filoloxía alemá.
    • Filoloxía inglesa.
    • Filoloxía latina.
    • Filoloxía grega.
    • Lingüística.
    • Teoría da literatura.
  • Andrés Carrasco Solla

    Cargo
    Persoal técnico
    Teléfonos
    881 811 987
    Email
    andres.carrasco.solla@usc.es

    Aurora Bouza Piñeiro

    Cargo
    Persoal técnico
    Teléfonos
    881 811 754
    Email
    aurora.bouza@usc.gal

    Blanca Rodríguez Agrasar

    Cargo
    Persoal auxiliar
    Teléfonos
    881 811 752
    Email
    blancaavelina.rodriguez@usc.es
    Horario
    Quenda de tarde

    Cristina Gómez Fernández

    Cargo
    Persoal auxiliar
    Teléfonos
    881 811 752
    Email
    cristina.gomez.fernandez@usc.gal
    Horario
    Quenda de mañá

    Fernando José López Casal

    Cargo
    Persoal auxiliar
    Teléfonos
    881 811 752
    Email
    fernandojose.lopez.casal@usc.gal
    Horario
    Quenda de mañá

    José María Costa Lago

    Cargo
    Persoal auxiliar
    Teléfonos
    881 811 752
    Email
    josemaria.costa@usc.gal
    Horario
    Quenda de tarde

    Pilar Díez Jambrina

    Cargo
    Dirección
    Teléfonos
    881 811 751
    Email
    pilar.diez@usc.gal

    Xosé Domínguez Salgado

    Cargo
    Persoal auxiliar
    Teléfonos
    881 811 752
    Email
    xose.dominguez@usc.gal
    Horario
    Quenda de tarde
Os contidos desta páxina actualizáronse o 02.04.2025.