Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Óptica e Optometría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Afondar na idoneidade da perspectiva psicolóxica na consideración das variables-da-persoa de cara a unha abordaxe integral do paciente
• Potenciar unha aprendizaxe significativa dos estilos, obstáculos e habilidades a potenciar na comunicación do profesional da saúde co paciente.
• Presentar o qué, o cómo e o para qué da entrevista coma técnica de recollida da información.
• Indagar en las principais causas, tanto exóxenas como endóxenas, do estrés e burnout dos profesionais da saúde
Tema 1. Persoa, Paciente e Psicoloxía: unhaa federación necesaria
Tema 2. A comunicación do profesional da saúde co paciente: estilos, obstáculos e habilidades a potenciar
Tema 3. A entrevista: técnicas e desenvolvementos para unha boa praxis
Tema 4. Estrés e burnout do profesional: explorando os porqués
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Ruíz Moral, R. (2014). Comunicación clínica. Principios y habilidades para la práctica. Madrid: Panamericana.
Martorell, M.C y González, R. (1997). Entrevista y consejo psicológico. Madrid: Síntesis.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Back, A., Arnod, R. y Tulsky, J. (2012). El arte de la comunicación con pacientes graves. Madrid. Alianza Editorial.
Caballo, V. (2007, 7ª ed.). Manual de evaluación y entrenamiento de las habilidades sociales. Madrid: Siglo XXI.
Costa, M. y López, E. (2006). Manual para la ayuda psicológica. Dar poder para vivir. Más allá del counseling. Madrid: Pirámide.
Gallar, M. (2005, 4ª ed.). Promoción de la salud y apoyo psicológico al paciente. Madrid: Thomson.
Gil-Monte, P. (2004). El síndrome de quemarse por el trabajo (burnout): una enfermedad laboral en la sociedad del bienestar. Madrid: Pirámide.
Gómez-Sancho, M. (1998, 2ª ed.). Cómo dar malas noticias en Medicina. Madrid: Ediciones Arán.
Looker, T. y Gregson, O. (1998). Superar el estrés. Madrid: Pirámide.
Mingote, J.C. y Pérez, F. (1999). El estrés del médico. Madrid. Díaz de Santos.
Nevid, J.S. (2009, 3ª ed.). Psicología. Conceptos y aplicaciones. México: CENGAGE Learning.
Otero-López, J.M. y cols. (2012). Estrés y burnout en profesores de enseñanza secundaria. Madrid: Díaz de Santos.
Otero-López, J.M. (2013, 2ª ed.). Psicología de la Personalidad. Manual de prácticas. Barcelona: Ariel.
Pervin, L.A. (1996). La ciencia de la personalidad. Madrid: McGraw Hill.
Rojí, B. y Cabestero, R. (2004). Entrevista y sugestiones indirectas: entrenamiento comunicativo para jóvenes psicoterapeutas. Madrid: UNED Ediciones.
Saunders, W.B. (2002). La entrevista psiquiátrica. El arte de comprender. Madrid: Elsevier
Wade, C. y Tavris, C. (2003, 7ª ed.). Psicología. Madrid: Pearson.
van-der Hofstadt, C.J. (2005, 2ª ed.). El libro de las habilidades de comunicación. Madrid: Diaz de Santos.
Vázquez, C. y Muñoz, M. (2002). Entrevista diagnóstica en salud mental. Madrid: Síntesis.
BÁSICAS E XERAIS
CG3 - Adquisición de coñecementos e habilidades necesarios para a súa incorporación a prácticas profesionais e investigacións especializadas no campo da Optometría.
CB7 – Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidas dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os seus coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
TRANSVERSAIS
CT1- Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións mais relevantes e aceptadas pola maioría
CT2- Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións
CT3- Desenvolver as capacidades de crítica e autocrítica e de toma de decisións
CT4-Capacidade para xestionar as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC).
CT5- Capacidade de reflexión desde diferentes perspectivas do coñecemento
ESPECÍFICAS
CE7 Adquirir coñecementos e habilidades desde diferentes perspectivas de coñecemento nas Ciencias da Visión.
Clase maxistral, grupos de discusión, role-playing, discusión de casos clínicos, lecturas e debates serán, entre outros, algúns dos recursos didácticos a utilizar. Potenciarase a dimensión práctica da materia, iso si, en perfecta simbiose cos contidos teóricos. Neste senso, baixo a supervisión do profesor, realizaranse prácticas dos distintos temas e tópicos que conforman o programa da materia.
Avaliarase tanto a teoría coma as restantes actividades (prácticas, seminarios, lecturas, traballos complementarios). Tanto a asistencia ás prácticas coma a súa realización son obrigatorias (condición necesaria para aprobar a materia).
Cálculo de Notas:
• A cualificación obtida nos exames teóricos equivale ao 50% da nota, mentres que o 50% restante outórgaselle ás prácticas (40% á realización das distintas tarefas propostas tales coma a realización de traballos, exposición de casos clínicos, grupos de discusión, role-playing, dinámicas grupais; o 10% participación e implicación activa nas prácticas).
Estímase en 40 horas o tempo de estudio e traballo persoal fora da aula
- Asistencia ás clases prácticas
- Seguimento e implicación na dinámica das clases prácticas
- Realización das actividades que se propoñan
- Utilización das titorías