Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 140 Horas de Titorías: 7.5 Clase Interactiva: 2.5 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Traballo Fin de Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fundamentos da Análise Económica, Economía Financeira e Contabilidade, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Ciencia Política e Socioloxía, Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Fundamentos de Análise Económica, Economía Financeira e Contabilidade, Psicoloxía Social, Ciencia Política e da Administración, Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Dereito Financeiro e Tributario
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O Regulamento do Traballo de Fin de Máster do Máster Interuniversitario en Xestión e Dirección Laboral da Univesidade de Santiago de Compostela, regulamento que foi aprobado en Xunta de Facultade na súa sesión do 9 de xuño de 2022 e ratificado en Consello de Goberno da USC na sesión do 22 de xullo de 2022, indica que o TFM consistirá na elaboración de forma individual por parte do estudante, dun proxecto, traballo, memoria ou estudo orixinal no que se integren e desenvolvan os coñecementos, capacidades, competencias e habilidades adquiridos durante os estudos realizados na titulación. Este TFM será titorizado por un ou varios profesores das áreas de coñecemento con docencia no Máster, tendo presente as diferentes liñas de investigación.
Lograr que o estudante elabore un traballo de investigación sobre calquera dos contidos do Máster.
O TFM versará sobre as diferentes liñas de investigación dos profesores pertencentes ás áreas de coñecemento con docencia no Máster. O estudante poderá elixir algunha de ditas liñas para desenvolver seu Traballo Fin de Máster segundo a convocatoria anual que se dicte para tales efectos.
Ademais, suporá a realización, como mínimo, de tarefas de busca e revisión bibliográfica, lectura e integración de información, elaboración de resultados relevantes, redacción, e presentación e defensa do traballo.
Na elaboración do traballo utilizarase a bibliografia recomendado polo titor ou titores do TFM e a que o propio alumno, despóis dun estudo detido da liña de investigación elexida.
O TFM estará orientado a:
- A avaliación das competencias asociadas á titulación tales como a capacitación para a procura, xestión, organización e interpretación de datos relevantes, normalmente da súa área de estudo.
- A formulación e emisión de hipóteses e xuízos que inclúan una reflexión sobre temas destacados de índole social, científica, tecnolóxica ou ética.
- A procura do desenvolvemento dun pensamento e xuízo crítico, lóxico e creativo.
Ao tratarse dun traballo tutelado, a metodoloxía de ensinanza-aprendizaxe será a propia de ditos traballos.
Valoración do traballo por un tribunal formado por profesores do Máster, que xulgarán as competencias esixidas polo Master para a elaboración e defensa dun traballo de investigación tutelado.
Remítese á correspondente guía docente.
As horas que integran os 6 créditos do TFM dedicanse á:
-procura de materias bibliografico e complementario
-sistematización do tema
-elaboración da redacción
-elaboración da estratexia de defensa pública
O alumno debe reforzar as competencias básicas adquiridas nos seus estudos de grao e master para demostrar o seu coñecemento da linguaxe e a destreza no seu manexo, tanto na vertente escrita como na oral.
Sobre o plaxio e o uso indebido das tecnoloxías, precísase que a realización fraudulenta e calquera exercicio, informe, etc., que poida ser obxecto de avaliación e que reproduza total ou parcialmente unha obra, documento, fonte xurídica, estatística, enquisa, etc., sen indicación da súa autoría e/ou procedencia implicará a cualificación de suspenso, de acordo co artigo 16 recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións".
ESTRUTURA DO TFM:
Deberá incluír os seguintes apartados:
a) Portada, en cor branca e cos datos que se relacionan:
* Logotipo da Facultade (logotipo dispoñible en https://www.usc.es/es/info_xeral/imaxeusc/descarga.html )
* Traballo fin de Máster / Máster en Xestión e Dirección Labora
* Título completo do traballo
* Autor/a
* Titor/a
* Ano Académico de presentación e oportunidade
b) Primeira páxina: en cor branca e cos mesmos datos que na portada, aínda que o título deberá figurar en galego, español e inglés. Incorporarase tamén a sinatura do/a alumno/a.
c) Índice de contidos (capítulos, apartados, táboas,... ), debidamente paxinado.
d) Breve resumo (entre 200 e 300 palabras).
e) Introdución, na que se fará referencia ós obxectivos do TFM
f) Contidos.
g) Conclusións numeradas.
h) Fontes utilizadas (xurídicas, económicas, bibliográficas, webgráficas, etc.).
FORMATO DO TFM:
a) Encadernación: Estilo Lomera
b) Formato:
• Paxinación: A dobre cara e con numeración da páxina na parte inferior central. O tipo de paxinación é : 1, 2, 3,…
• Marxes:
1) Esquerdo: 3 cm.
2) Dereito: 3 cm.
3) Superior: 2,5 cm.
4) Inferior: 2,5 cm.
5) Especial: Sangría francesa de 1,25 cm.
6) Espazo interlineal: 1,5 líñas
7) Espazo anterior: Automático
8) Espazo posterior: Automático
9) Tipo de letra: Arial, 11 puntos
10) Aliñación: Xustificada completa
c) Notas: Si se incorporasen notas, incluiranse no pé da páxina
d) Citas e referencias bibliográficas
• Citas no texto: Todalas citas bibliográficas no texto deberán utilizar reflexadas nas referencias bibliográficas no final do TFG.
• Referencias bibliográficas: As referencias bibliográficas no final do traballo deben utilizar un formato uniforme (APA, MLA, ISO, etc.) e irán alfabéticamente ordenadas.
e) Idioma: O TFM poderá ser redactado, así como defendido, en castelán ou en galego.
g) Extensión: Contará cun mínimo de 10.000 palabras.
PRESENTACIÓN DO TFM:
O alumnado depositará o TFM de xeito dixital a través da secretaría virtual e non é necesario ó depósito do TFM impreso.