Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 136 Horas de Titorías: 14 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público e Teoría do Estado, Fundamentos da Análise Económica, Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas e Comercialización, Electrónica e Computación, Dereito Común, Ciencia Política e Socioloxía, Dereito Público Especial e da Empresa, Historia, Economía Aplicada, Estatística, Análise Matemática e Optimización
Áreas: Dereito Administrativo, Dereito Internacional Público e Relacións Internacionais, Fundamentos de Análise Económica, Economía Financeira e Contabilidade, Organización de Empresas, Linguaxes e Sistemas Informáticos, Dereito Civil, Socioloxía, Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense, Dereito do Traballo e da Seguridade Social, Dereito Financeiro e Tributario, Dereito Mercantil, Historia Contemporánea, Economía Aplicada, Estatística e Investigación Operativa
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
Manexo axeitado de fontes bibliográficas. Planificación dos tempos dun proxecto de traballo. Exposición correcta do traballo efectuado. Redacción correcta dos documentos e traballos. Análise profundo dun tema relacionado coa titulación.
Planificación, realización e defensa dun traballo no que se apliquen e desenvolvan os coñecementos e competencias adquiridas no Grao.
BÁSICAS E XERAIS
Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
Planificar, organizar e tomar decisións no desenvolvemento de actividades e procesos diversos.
Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
Expoñer e defender de xeito adecuado (oralmente e/ou por escrito), asuntos ou temas de carácter xeral ou relacionados coa súa especialidade.
ESPECÍFICAS
Comprender, relacionar e traballar con datos e normativa diversa necesarios para apoiar, asesorar e realizar o seguimento da posta en práctica de estratexias territoriais de promoción socioeconómica e inserción laboral.
Elaboración dun traballo orixinal tutelado por un profesor/a.
O procedemento é o seguinte:
1º.- Os estudantes disporán de dúas modalidades de avaliación:
a) Avaliación polo titor/a do traballo.
b) Avaliación por un tribunal
2º.- O sistema de avaliación ordinaria será a modalidade a). A modalidade b) deberá ser solicitada expresamente polo alumnado.
3º.- A avaliación en ambas modalidades deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Deberá ser unha convocatoria de defensa pública do TFG, na que se indique día e hora, lugar e relación dos TFG que van ser defendidos baixo esta modalidade.
b) A defensa do TFG realizarase de xeito presencial. Non obstante, para casos excepcionais debidamente autorizados pola Comisión do TFG, poderá realizarse a defensa a través de medios telemáticos, coas garantías que se determinen na autorización.
c) Para a defensa do TFG o alumnado disporá dun máximo de quince minutos e poderá empregar os medios técnicos que considere oportunos. Logo, o titor ou titora efectuará as preguntas que entenda precisas, e o alumnado disporá do tempo necesario para contestalas.
d) A cualificación máxima no caso de avaliación polo titor/a que poderá obterse por este procedemento é 7,5 (Notable).
4º.- A avaliación por parte dun tribunal farase consonte o establecido nos Artigos 6 e 9 do Regulamento de matrícula, elaboración e defensa dos Traballos Fin de Grao e Fin de Máster na Universidade de Santiago de Compostela.
No caso da modalidade de avaliación por tribunal, a cualificación final establecerase do seguinte xeito: 70% da nota corresponderá á cualificación do tribunal, e o 30%, ao informe do seu titor ou titora. Dito informe será confidencial e razoado a través dun sistema de rúbricas.
5º.- Para superar a materia o alumnado deberá seguir o cronograma para a elaboración do TFG dispoñible no seguinte dirección: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-relacions-laborais/tfg
ou seguir as inidicacións específicas de cada titor/a
Elaboración e redacción do Traballo Fin de Grao: 150 horas.
Son potenciais titores/as desta materia tódolos docentes pertencentes ás áreas que imparten docencia no grao
Praxio e uso indebido das tecnoloxías: a realización fraudulenta e calquera exercicio, informe, etc. de xeito total ou parcial, que poida ser obxecto de avaliación para a materia implicará a calificación de suspenso na convocatoria vixente dacordo co artigo 16 recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións"