Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Coñecemento e comprensión dos seguintes aspectos xurídicos relacionados coa prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas, organización da prevención, participación das persoas traballadoras e sistema de responsabilidades.
De acordo cos contidos que figuran na Memoria do Título de Graduado en Relacións Laborais e Recursos Humanos da USC, o programa da materia é o seguinte:
LECCIÓN 7. DEREITOS E OBRIGAS (I)
1. A obriga xenérica do empresario de protección contra ós riscos laborais: 1.1. Características; 1.2 Principios de acción preventiva na empresa.-2. Obrigas e responsabilidades dos traballadores.
LECCIÓN 8. DEREITOS E OBRIGAS (II): OBRIGAS ESPECÍFICAS DO EMPRESARIO
1. Plan de prevención de riscos laborais, avaliación de riscos e planificación da actividade preventiva.- 2. Equipos de traballo e medios de protección.- 3. Información, consulta e participación dos traballadores en materia preventiva.- 4. Formación dos traballadores en materia preventiva.- 5. Medidas de emerxencia.- 6. Actuación en situacións de risco grave e inminente.- 7. Vixilancia da saúde.- 8. Documentación.- 9. Coordinación de actividades empresariais.- 10. Deberes fronte á persoas incluídas en grupos especiais de riscos.
LECCIÓN 3ª. A ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE PREVENTIVA NA EMPRESA
1. Funcións técnico-preventivas e niveis de cualificación.- 2. Modalidades de organización preventiva empresarial: 2.1. Asunción persoal por parte do empresario da actividade preventiva; 2.2. Designación de traballadores; 2.3. Servizo de prevención propio; 2.4. Servizos de prevención alleos; 2.5. Servizos de prevención mancomunados.- 3. Referencia ós recursos preventivos.- 4. A auditoría do sistema de prevención.
LECCIÓN 4ª. A PARTICIPACIÓN DOS TRABALLADORES NA PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
1. O dereito á información, consulta e participación dos traballadores.- 2. Representación especializada no campo da prevención de riscos laborais: 2.1. Delegados de Prevención; 2. Comité de Seguridade e Saúde.
LECCIÓN 5ª. O SISTEMA DE RESPONSABILIDADES EN MATERIA DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
1. O sistema de responsabilidades: 1.1. Responsabilidade administrativa; 1.2. Responsabilidade penal; 1.3. Responsabilidade civil; 1.4. Recargo de prestacións.
LECCIÓN 6ª. A PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS EN SECTORES ESPECÍFICOS
LECCIÓN 7ª. INTRODUCCIÓN ÁS DISCIPLINAS PREVENTIVAS
1. A Seguridade no traballo.- 2. A Hixiene industrial.- 3. A Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada.- 4. A Medicina do traballo.
Para o estudo da materia recoméndase ter dispoñibles e manexar os manuais que abordan os temas tratados polo programa, incluídos os que se indican a continuación:
- María Teresa IGARTUA MIRÓ: “Sistema de prevención de riesgos laborales”, editorial Tecnos (última edición).
- Beatriz RODRÍGUEZ SANZ DE GALDEANO, Ana Belén MUÑOZ RUIZ (directoras): “Guía práctica de prevención de riesgos laborales”, editorial Cinca (última edición).
- José Ignacio GARCÍA NINET (director): “Manual de Prevención de Riesgos Laborales. Seguridad, higiene y salud en el trabajo”, editorial Atelier (última edición).
- Tomas SALA FRANCO: “Derecho de la Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
- Juan LÓPEZ GANDÍA, José Francisco BLASCO LAHOZ, “Curso de Prevención de Riesgos Laborales”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
- Amanda MORENO SOLANA (directora) “Esquemas de Seguridad y Salud en el Trabajo”, editorial Tirant lo blanch (última edición).
É esencial manexar a lexislación actualizada sobre prevención de riscos laborais.
Xerais:
-Localizar, analizar, sintetizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
-Aplicar o razoamento crítico na análise dun determinado asunto ou tema.
-Traballar individualmente e en grupo.
Específicas:
- Coñecer, comprender e valorar as obrigas dos distintos suxeitos relacionados coa prevención de riscos laborais, aplicando a normativa pertinente.
- Coñecer e comprender os dereitos e obrigas dos traballadores.
- Coñecer e aplicar correctamente as actividades preventivas esixidas pola lexislación de prevención.
- Coñecer e aplicar os plans de prevención de riscos laborais, así como os seus elementos.
- Identificar e coñecer os distintos sistemas de avaliación de riscos laborais.
- Coñecer os obxectivos da planificación preventiva.
- Coñecer e comprender as distintas modalidades de organización da prevención, os seus requisitos e as súas correspondentes esixencias legais
- Coñecer as diversas especialidades que integran os servizos de prevención, así como a formación requirida para acceder ás devanditas especialidades.
- Coñecer e planificar as actividades básicas dos servizos de prevención.
- Coñecer os mecanismos de participación dos traballadores e planificar e deseñar as actividades propias dos órganos de consulta e participación dos traballadores.
- Coñecer, aplicar e interpretar as diversas responsabilidades que se deriven o incumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.
- Coñecer, valorar e interpretar as obrigacións en prevención en diversos sectores de actividade e fronte a riscos concretos.
- Coñecer as distintas disciplinas preventivas (Seguridade no traballo, Hixiene industrial, Ergonomía e Psicosocioloxía aplicada, Medicina do traballo).
A metodoloxía de ensino-aprendizaxe combina clases teóricas (docencia expositiva) e clases prácticas (docencia interactiva).
As clases teóricas están dedicadas á presentación e explicación das diferentes leccións do programa e adoptarán a forma de clases maxistrais. Avanzarase na explicación das distintas leccións, prestando especial atención á presentación dos problemas prácticos dos temas tratados. A explicación oral do profesor reforzarase coa proxección de presentacións esquemáticas que se colgarán no campus virtual. Estas presentacións son guións de estudo e están destinadas a axudar ó estudantado a seguir a explicación, pero, en ningún caso, son suficientes para aprobar a materia.
As clases interactivas dedicaranse a resolver casos prácticos sobre os problemas máis recentes relacionados coas leccións teóricas e fomentarase a discusión na clase. As tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) utilizaranse no ensino, co obxectivo de promover a participación activa dos estudantes e para facerlles preguntas sobre os temas abordados. Do mesmo xeito, o alumnado terá que facer unha exposición oral en grupo sobre un aspecto específico do programa, que será asignado polo docente.
O campus virtual da USC actuará como elemento de apoio á docencia, xa que se colgarán as presentacións preparadas polo profesor, os casos prácticos que se resolverán nas clases interactivas e o resto dos materiais que se empregarán na materia. Así mesmo, utilizarase como medio de comunicación preferente co estudantado.
O sistema de avaliación da adquisición das competencias combina un exame final cunha avaliación continua ou formativa ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe, segundo as seguintes porcentaxes:
- Exame final de resposta múltiple escrito: 70% da nota.
- Traballo do alumnado durante o curso (participación activa nas clases teóricas e prácticas -non basta a mera asistencia-, resolución de casos prácticos, cuestionarios, exposicións orais, e demais actividades que se realicen): ata un máximo do 30% da nota. Esta puntuación só se terá en conta se o alumnado obtén, cando menos, un 5 no exame final escrito.
Réxime para o alumnado con concesión de exención de docencia : sempre que superasen o exame final escrito, poderán obter ata un máximo de 3 puntos, pola realización de actividades, traballos e supostos prácticos que se propoñan.
Considérase necesario adicar un total de 99 horas de traballo persoal paar a preparación da materia.
A ausencia á clase, non realizar actividades docentes programadas e deixar o estudo da materia para o final limita extraordinariamente as posibilidades de superala.
Silvia Fernandez Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Teléfono
- 881814767
- Correo electrónico
- silviafernandez.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Barbara Torres Garcia
- Departamento
- Dereito Público Especial e da Empresa
- Área
- Dereito do Traballo e da Seguridade Social
- Correo electrónico
- barbara.torres.garcia [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
09:00-11:00 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Castelán | Aula 6 |
15:00-17:00 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Castelán | Aula 6 |
19.05.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
19.05.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
19.05.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
19.05.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
19.05.2025 16:30-19:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
19.05.2025 16:30-19:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |
23.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 3 |
23.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 3 |
23.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 5 |
23.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 5 |
23.06.2025 09:30-12:30 | Grupo A - horario de mañá (M-Z) | Aula 6 |
23.06.2025 09:30-12:30 | Grupo B - horario de tarde (A-L) | Aula 6 |