Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 135.5 Horas de Titorías: 10.5 Clase Interactiva: 4 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Traballo Fin de Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía e Parasitoloxía, Fisioloxía, Ciencias Morfolóxicas, Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría, Cirurxía e Especialidades Médico-Cirúrxicas, Estatística, Análise Matemática e Optimización, Psiquiatría, Radioloxía, Saúde Pública, Enfermaría e Medicina
Áreas: Bioquímica e Bioloxía Molecular, Microbioloxía, Parasitoloxía, Fisioloxía, Anatomía e Embrioloxía Humana, Histoloxía, Farmacoloxía, Anatomía Patolóxica, Medicina Legal e Forense, Obstetricia e Xinecoloxía, Pediatría, Toxicoloxía, Cirurxía, Dermatoloxía, Estomatoloxía, Oftalmoloxía, Otorrinolaringoloxía, Estatística e Investigación Operativa, Medicina, Medicina Preventiva e Saúde Pública, Psiquiatría, Radioloxía e Medicina Física
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Traballos Fin de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Comprobar que os alumnos adquiriron as competencias profesionalizantes, investigadoras e de comunicación que establece o Plan de estudos.
A materia está organizada en dúas partes dirixidas a comprobar na primeira que os alumnos adquiriron competencias profesionais e na segunda as competencias de investigación e comunicación.
A comprobación da adquisición das competencias profesionais realizarase mediante a asistencia a seminarios de habilidades e a realización dunha serie de 20 actividades de simulación (casos clínicos con pacientes estandarizados, interpretación de probas complementarias, etc.).
Para poder realizar a segunda parte da materia (a presentación do traballo de investigación) é necesario realizar e superar previamente esta primeira parte. Para iso, é necesario asistir a todos os seminarios programados e realizar de forma satisfactoria as 20 estacións de simulación.
A segunda parte da materia está encamiñada á comprobar que os alumnos adquiriron as competencias de investigación; para iso o alumno deberá realizar un traballo de investigación e defendelo perante un tribunal.
De acordo cos coñecementos do alumno e a natureza do TFGM, o titor lle recomendará a bibliografía que considere apropiada.
Competencias da titulación as que contribúe a materia: De CG01 a CG37
Competencias específicas da materia: CEMV.02
Na parte de valoración de competencias profesionais a metodoloxía está baseada na realización de actividades prácticas que permitan constatar a adquisición das competencias profesionais propias da profesión de médico.
Na parte de realización do traballo de investigación, o alumno recibirá a supervisión dun Titor que lle proporá cuestións de relevancia que podan ser obxecto dun traballo de investigación no que o estudante poda aplicar os coñecementos e destrezas adquiridas previamente.
Baixo a supervisión do seu Titor, o alumno redactara unha memoria cos contidos propostos como traballo, recorrendo as fontes de información bibliográfica, consulta de datos clínicos, experimentais, epidemiolóxicos, etc.
O titor orientará ao estudante e realizará un seguimento do proceso de elaboración do TFGM.
Para a parte de avaliación de competencias profesionais realizarase unha avaliación continuada do desempeño do alumno na realización das distintas actividades propostas.
Para a parte de avaliación de competencias de investigación, o titor deberá avaliar o traballo realizado polo alumno e a memoria da investigación elaborada. A cualificación do TFG estará comprendida entre 0 e 10 con expresión dun decimal, á
que se engadirá a súa correspondente cualificación cualitativa: Non Presentado ( NP); suspenso (SS, 0-4,9); aprobado (AP, 5,0-6,9); notable (NT, 7,0-8,9) ou sobresaliente (SB,9,0-10).
Para superar a materia, a cualificación deberá ser igual ou superior ao 50% da nota máxima en cada unha das dúas partes (titor(es)/a (s) e defensa). A cualificación do/da(s) titor/a(es)/(as) será de 6 puntos como máximo, sendo necesario obter un mínimo de 3 puntos para superar a materia. A cualificación da defensa será de 4 puntos como máximo, sendo necesario obter un mínimo de 2 puntos para superar a materia. A cualificación final da materia será a suma da cualificación do/da titor/a (sobre 6 puntos) e a cualificación do tribunal (sobre 4 puntos). Obter menos de 3 puntos na parte do/da (s) titor(es)/a(s) e/ou menos de 2 puntos na parte da defensa, implica obter unha cualificación de 4,9 puntos (suspenso, SS) aínda que a suma aritmética das dúas partes supere os 5 puntos. No caso de que o traballo teña dous titores/as, a nota desta parte será a media aritmética da nota que outorgue cada un/una dos/ as titores/ as.
A defensa pública do traballo de investigación realizarase nas datas que se establezan para cada unha das convocatorias existentes en cada curso académico. A defensa realizarase ante un tribunal composto por 3 membros, todos eles profesores do Grao de Medicina. A defensa terá unha duración máxima de 25 minutos, dos que un máximo de 15 minutos corresponderán á exposición, seguidos de 10 minutos para a quenda de preguntas por parte dos membros do tribunal. O tribunal emitirá unha cualificación única alcanzada por consenso dos membros ou pola media das cualificaciones de cada membro no caso de que non se alcance consenso.
Para poder presentar e defender oTFGM nas convocatorias establecidas, os estudantes deben ter superados todos os créditos, teóricos e prácticos, correspondentes ao plan de estudos do Grao con nivel de Máster en Medicina e ter realizada e superada a primeira parte da materia.
Unha vez rematado o acto, o Tribunal procederá a deliberar a cualificación. Para superar a defensa pública, a nota emitida polo tribunal deberá ser igual ou superior a 5.
A cualificación final da materia realizarase conforme ao seguinte baremo:
- 60% Cualificación do titor (0-10)
- 40% Cualificación da defensa (0-10)
Aqueles alumnos que non superen a defensa pública poderán realizar unha nova defensa do traballo na segunda convocatoria. No caso de non superala nas dúas convocatorias, deberán realizar un novo TFG.
Todo traballo que poida considerarse plaxio ou fraudulento, obterá a cualificación de suspenso, sen prexuízo das medidas disciplinarias que poidan ser adoptadas.
Unha vez rematado o proceso de avaliación dos traballos de investigación, a Comisión do TFG estudará se algún dos traballos cualificados con Sobresaliente é merecedor da Matrícula de Honra, tendo en conta as propostas dos tribunais actuantes.
Traballo presencial: 8.5 h
Titoría: 5 h
Avaliación: 3.5 h
Traballo individual: 66.5 h
Repasar os coñecementos adquiridos nas materias Iniciación á Investigación, Bioestatística e Epidemioloxía.
O día 22 de outubro aprobouse en Xunta de Facultade unha modificación da normativa do TFG do Grao de Medicina que foi ratificada polo Consello de Goberno da USC do día 30 de outubro do mesmo ano 2020, que se pode consultar na seguinte ligazón https://www.usc.gal/gl/centros/medodo/tfg.html