Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Fisioloxía, Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
Áreas: Fisioloxía, Anatomía Patolóxica
Centro Facultade de Medicina e Odontoloxía
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
• Preparar profesionais cun espírito científico crítico e con capacidade para o deseño experimental, a comunicación científica e o traballo en equipo.
• Proporcionar formación teórica e práctica sobre as técnicas da Bioloxía Celular, a Bioloxía Molecular e a Xenética, e a súa aplicación ao estudo das enfermidades humanas, con énfase na Xenómica e a Proteómica.
• Proporcionar un coñecemento avanzado sobre as bases celulares, moleculares e xenéticas da patoxenia e fisiopatoloxía das enfermidades humanas.
• Capacitar o alumno para que poida desenvolver tarefas profesionais no campo da investigación biomédica e da industria farmacéutica e biotecnolóxica, que non requiran grao de doutor nin dun título oficial de especialista
• Proporcionar unha base sólida, ampla e homoxénea para iniciar a etapa de investigación de programas de doutorado orientados á investigación biomédica, especialmente as dos programas de doutorado de Endocrinoloxía e de Medicina Molecular da Universidade de Santiago de Compostela.
Incretinas. Terapia da obesidade: novas modalidades de tratamento farmacolóxico da obesidade. Tratamento cirúrxico da obesidade. Etiopatoxenia da diabete tipo 1. Etiopatoxenia da diabete tipo 2. Tratamento cirúrxico da obesidade e da diabete. Patoloxía ligada ao receptor de calcio. Nódulo tiroideo e cancro de tiroide. Bases moleculares e clínica das lipodistrofias familiares. Envellecemento e tecido adiposo
Capítulos de endocrinoloxía e metabolismo dos libros de texto mais actualizados de Medicina Interna, ou da especialidade en Endocrinoloxía.
Publicacións científicas específicas.
A materia ten como obxectivo explicar o concepto, a poboación afectada na nosa sociedade e os mecanismos moleculares e de fisiopatoloxía celular que estean "DEMOSTRADOS" como causa das enfermidades endócrinas no ser humano, con vistas a:
-que o alumno coñeza as enfermidades endócrinas e do metabolismo, de grande impacto sanitario e social, en canto a que afectan a un gran número de persoas, de forma crónica.
-que o alumno saiba discernir entre hipóteses teóricas noutros sistemas biolóxicos e causas reais de enfermidade en humanos. Que aprenda a distinguir aquelas contribucións biomédicas claves na historia do diagnóstico, prevención ou tratamento dalgunha enfermidade endócrina fronte a outras moitas contribucións irrelevantes pola súa falta de aplicación ao paciente ("medicina translacional")
-que o alumno teña un coñecemento suficiente das enfermidades endócrino-metabólicas que lle permitan xerar os seus propios proxectos de investigación biomédica aplicada no futuro como investigador principal ou como membro activo dentro dun grupo de investigación.
En canto á metodoloxía, consideraranse os 3 escenarios posibles (Escenario 1. Nomalidade adaptada: sen restricións á presencialidade física. Escenario 2. Distanciamento: restricións parciais á presencialidade física. Escenario 3. Peche das instalacións: imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). "Segundo o establecido no acordó de gobernó do 19 de xuño de 2020 polo que se regulan as bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021”.
Desenvolverase una docencia expositiva presencial e/ou virtual a través do programa Microsoft Teams. Subirase o material didáctico á plataforma, e crearánse foros de interacción co profesorado a través da aula virtual da USC, pra que os alumnos podan consultar as suas dubidas e establecer unha mellor comunicación co profesorado sobre os contidos dispoñibles da asignatura, tendo en conta os 3 escenarios.
A través do correo electrónico sempre se podrán solicitar tutorías se o alumno así o require e o necesita.
Así mesmo, realizarase un seguimiento da participación e tarefas realizadas a través de vías telemáticas
Avaliación continua:
-30% asistencia presencial e/ou virtual a través das vías telemáticas dispoñibles, nas clases expositivas e seminarios, tendo en conta os 3 escenarios.
-70% exposición e/ou desenvolvemento escrito dun dos temas tratados durante o curso.
Durante o desenvolvemento da materia cada alumno presentará algún traballo que se preparará de xeito individual ou en grupo.
-Asistencia regular ás actividades expositivas e interactivas da materia, e consulta da bibliografía recomendada nestas.
-Utilizar as horas de titorías e a aula virtual para resolver as dificultades.
Plan de Continxencia
Metodoloxía da ensinanza
En canto á metodoloxía, consideraranse os 3 escenarios posibles (Escenario 1. Nomalidade adaptada: sen restricións á presencialidade física. Escenario 2. Distanciamento: restricións parciais á presencialidade física. Escenario 3. Peche das instalacións: imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física). "Segundo o establecido no acordó de gobernó do 19 de xuño de 2020 polo que se regulan as bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso académico 2020-2021”.
Desenvolverase una docencia expositiva presencial e/ou virtual a través do programa Microsoft Teams. Subirase o material didáctico á plataforma, e crearánse foros de interacción co profesorado a través da aula virtual da USC, pra que os alumnos podan consultar as suas dubidas e establecer unha mellor comunicación co profesorado sobre os contidos dispoñibles da asignatura, tendo en conta os 3 escenarios.
A través do correo electrónico sempre se podrán solicitar tutorías se o alumno así o require e o necesita.
Así mesmo, realizarase un seguimiento da participación e tarefas realizadas a través de vías telemáticas.
Sistema de avaliacion da aprendizaxe
Avaliación continua:
-30% asistencia presencial e/ou virtual a través das vías telemáticas dispoñibles, nas clases expositivas e seminarios, tendo en conta os 3 escenarios.
-70% exposición e/ou desenvolvemento escrito dun dos temas tratados durante o curso.
Pra calqueira suxerencia relativa ó desenvolvemento da docencia da asignatura contactar coa coordinadora:
Mar Quiñones
mar.quinones [at] usc.es (mar[dot]quinones[at]usc[dot]es)
CIMUS
Laboratorio 3, Planta 0
Avenida de Barcelona s/n
Santiago de Compostela
Jose Manuel Cameselle Teijeiro
- Departamento
- Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia e Pediatría
- Área
- Anatomía Patolóxica
- Correo electrónico
- josemanuel.cameselle [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Maria Del Carmen Garcia Garcia
Coordinador/a- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Teléfono
- 881812443
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Maria Del Mar Quiñones Tellez
- Departamento
- Fisioloxía
- Área
- Fisioloxía
- Correo electrónico
- mar.quinones [at] usc.es
- Categoría
- Investigador/a Miguel Servet
Martes | |||
---|---|---|---|
12:30-13:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 10 |
Mércores | |||
09:30-11:30 | Grupo /CLE_01 | Castelán | R.N.S.-Aula 10 |