-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 6Horas ECTS Criterios/Memorias
Traballo do Alumno/a ECTS: 99
Horas de Titorías: 3
Clase Expositiva: 24
Clase Interactiva: 24
Total: 150Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Ciencia Política e SocioloxíaÁreas:
Ciencia Política e da AdministraciónCentro
Facultade de Ciencias Políticas e SociaisConvocatoria:
Segundo semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Ciencia Política II: Institucións é unha materia de primeiro curso do Grao en Ciencia Política e da Administración e, como tal, pretende proporcionarlle ao alumno/a un coñecemento básico sobre a disciplina. Formúlase como unha continuidade da materia Ciencia Política I: Actores. Para isto, a materia ocúpase: da evolución da disciplina, dos conceptos de poder e lexitimidade, do Estado como organización política, dos réximes non democráticos, da distribución territorial e funcional do poder.
A través da docencia que será impartida, dos seminarios e das titorías, perséguese:
- Introducir ao alumno/a nos conceptos básicos da ciencia política contemporánea, especialmente das institucións políticas.
- Fomentar a súa capacidade de análise crítico.
- Contribuír á súa formación como futuro profesional na disciplina.1. ENFOQUES SOBRE AS INSTITUCIÓNS EN CIENCIA POLÍTICA. As institucións como obxecto de estudo. O Institucionalismo ou Vello Institucionalismo. O Neoinstitucionalismo ou Novo Institucionalismo.
2. PODER POLÍTICO E LEXITIMIDADE. Definición de poder. Diferentes tipos de lexitimidade. O poder como sistema. Teoría de sistemas. Tipos de sistemas políticos.
3. O ESTADO CÓMO ORGANIZACIÓN POLÍTICA. Definición de Estado. Elementos constitutivos do Estado. Obxectivos e institucións do Estado. Organización do estado. Nacionalismo e Supranacionalismo.
4. AS DEMOCRACIAS. Definición de Democracia. Características e condicións da democracia. Tipos de democracias. Tipos de sistemas electorais.
5. RÉXIMES NON DEMOCRÁTICOS. Características dos sistemas non democráticos. Sistemas totalitarios. Sistemas autoritarios.
6. A DISTRIBUCIÓN TERRITORIAL DO PODER. Estados unitarios. Estados compostos. Distribucións multinivel.
7. DISTRIBUCIÓN FUNCIONAL DO PODER. Executivos. Parlamentos. Poder xudicial. Presidencialismo e Parlamentarismo.BARREDA, M. y L. RUIZ (2016). Análisis de la política. Enfoques y herramientas de la ciencia política. Barcelona: Huygens Editorial.
BATLLE, B. (comp.), Diez textos básicos de ciencia política., Ariel, Barcelona, 1992.
BENEDICTO, J. y MORÁN, M. L. (comps.), Sociedad y Política. Temas de sociología Política, Alianza, Madrid, 1995.
DEL ÁGUILA, R. (comp.), Manual de Ciencia Política, Trotta, Madrid, 1997.
DIZ I., LOIS M. y NOVO A., Elementos fundamentales de ciencia política, Tórculo, 2004.
DUVERGER M., Introducción a la política, Ariel, 1990.
CAMINAL, M. (comp.), Manual de Ciencia Política, Tecnos, Madrid, 1999.
FARR, J.; DRYZEK, J. S. y LEONARD, S. T.; La ciencia política en la historia, Istmo, Madrid, 1999.
GOODIN, R. y KLINGEMANN, H. D. (comp), Nuevo manual de ciencia política, Istmo, Madrid, 2000.
LETAMENDIA F., Ciencia política alternativa, Fundamentos, 2002.
MARSH, D. y STOKER, G. (comp.), Teoría y métodos de Ciencia Política, Alianza, Madrid, 1997.
PASQUINO, G. et al., Manual de Ciencia Política, Alianza, Madrid, 1988.
SODARO M. J., Política y Ciencia Política, Mc Graw Hill, 2006.
URIARTE, E., Introducción a la ciencia política, Tecnos, Madrid, 2002.
VALLÉS, J. M., Ciencia política. Una introducción, Ariel, Barcelona, 2000.
VOEGELIN E., La nueva ciencia de la política, Katz, 2006.
NOTA: A bibliografía específica para cada un dos temas do programa será facilitada polo docente.Dado o carácter básico desta materia, o alumno/a non precisa ningunha competencia previa máis alá das que corresponden a un estudante de primeiro de licenciatura; se ben asúmese, posto que a materia formúlase como unha continuidade da materia Ciencia Política I: Actores, que os conceptos da mesma teñen sido interiorizados.
Ao longo do curso, preténdese que o alumno/a desenvolverá as seguintes competencias:
1. Comprensión e asimilación de conceptos e nocións básicas da ciencia política e en especial das institucións.
2. Aplicación dos conceptos á interpretación da realidade política actual.
3. Desenvolvemento dun marco teórico de interpretación e análise da política.A materia consta de 2 tipos de clases: teóricas e interactivas (seminarios).
As clases teóricas desenvolveranse seguindo o programa que se detalla en liñas precedentes. Se espera non só a asistencia senón tamén unha participación activa do alumnado nas clases.
As clases de seminarios consistirán basicamente no comentario e discusión de lecturas de artigos ou capítulos de libros de interese para a disciplina, sobre os que o alumnado deberá realizar distintos tipos de traballos. O docente facilitará un guion do traballo na sesión, se ben previamente o alumno/a deberá ler a lectura que lle será facilitada no Campus Virtual. Estes traballos serán obrigatorios para a superación da materia e deberán ser entregados nas datas indicadas pola docente. Fora de ditas datas, os traballos non serán recollidos.A cualificación final da materia será resultado da suma das cualificacións obtidas nos seguintes apartados:
- Asistencia e participación nas Clases Interactivas e realización dos traballos ou actividades prácticas individuais e/ou en grupo: 30%
- Exame final obrigatorio: 70%.
O alumnado deberá aprobar o exame para que a nota obtenida nos seminarios compute para a cualificación final. A cualificación será a mesma tanto na convocatoria ordinaria de xuño coma na extraordinaria de xullo.Ademais das 2 horas semanais de clases expositivas, o estudante deberá dedicar á preparación e estudo da materia unha media de catro horas semanais nas que terá que asimilar e fixar os conceptos manexados no aula, a través do estudo, a lectura comprensiva de textos e a realización de traballos e/ou exercicios prácticos.
Recoméndase a asistencia ás clases e a consulta da bibliografía aconsellada.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de
avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións
-
Marta Irene Lois Gonzalez
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Teléfono
- 881815191
- Correo electrónico
- martairene.lois@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Paloma Castro Martinez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- paloma.castro2@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Elba Maneiro Crespo
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Ciencia Política e da Administración
- Correo electrónico
- elba.maneiro.crespo@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Contratado/a Interino/a por Vacante - T3
-
2º semestre - Do 27 de xaneiro ao 02 de febreiro Mércores 11:00-12:00 Grupo A - horario de mañá (A-M) Galego 0.1 12:00-13:00 Grupo /CLIS_03 Galego 1.1 13:00-14:00 Grupo /CLIS_02 Galego 1.1 15:30-16:30 Grupo /CLIS_05 Galego 0.1 16:30-17:30 Grupo B - horario de tarde (N-Z) Galego 0.1 Exames 22.05.2025 10:00-12:00 Grupo A - horario de mañá (A-M) 2.1 22.05.2025 17:00-19:00 Grupo B - horario de tarde (N-Z) 2.1 07.07.2025 10:00-12:00 Grupo B - horario de tarde (N-Z) 1.4 07.07.2025 10:00-12:00 Grupo A - horario de mañá (A-M) 2.1