-
Créditos ECTS
Créditos ECTS: 4.5Horas ECTS Criterios/Memorias
Horas de Titorías: 2
Clase Expositiva: 16
Clase Interactiva: 16
Total: 34Linguas de uso
Castelán, GalegoTipo:
Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021Departamentos:
Bioloxía FuncionalÁreas:
Bioloxía CelularCentro
Facultade de Óptica e OptometríaConvocatoria:
Primeiro semestreDocencia:
Con docenciaMatrícula:
Matriculable | 1ro curso (Si) -
Obxectivos da materia
- Coñecer os novos avances na organización celular e subcelular dos compoñentes do sistema visual.
- Comprender os procesos que orixinan e manteñen a arquitectura funcional dos compoñentes do sistema visual.
- Coñecer os fundamentos neurobiolóxicos do avellentamento, dexeneración e rexeneración do sistema visual.
- Ser conscientes de como os avances na bioloxía do sistema visual repercuten no coñecemento do seu funcionamento en condicións normais e de enfermidade e nas posibilidades de terapia.
- Coñecer como a bioloxía celular do sistema visual está imbricada con outras disciplinas da óptica.
- Ser capaz de obter e analizar a bibliografía axeitada para preparar a materia e para actualizar os coñecementos de forma autónoma.* Docencia teórica (No presencial - Asíncrona) (16 horas). Poranse a disposición do alumnado os contidos do programa teórico utilizando diferentes formatos de presentación, que poderán estar acompañados de audio e/ou vídeos explicativos nun entorno on-line.
* Docencia interactiva seminario (Presencial) (16 horas). O alumnado, dirixido polo docente, fará exposicións orais e resolverá problemas e cuestións relacionadas cos contidos especificados no programa de Teoría.
BLOQUE 1 Bioloxía celular da visión.
Tema 1.- Tipos celulares implicados. Neurobioloxía da retina: fotorreceptores e fototransdución (2h).
Tema 2.- Transdución de sinais no sistema visual (2h).
BLOQUE 2 Evolución e desenvolvemento do sistema visual.
Tema 3.- Tipos de ollos. Evolución celular e molecular do sistema visual (2 h).
Tema 4.- Desenvolvemento do ollo: mecanismos de indución da formación do ollo. Morfoxénese do ollo. Alteracións do desenvolvemento do ollo (2 h).
BLOQUE 3 Bases celulares e moleculares do avellentamento e dexeneración do sistema visual.
Tema 5.- Bases celulares e moleculares do avellentamento na óptica do ollo e nas vías visuais (2 h).
Tema 6.- Procesos de neurodexeneración. Morte celular no sistema visual (2 h).
BLOQUE 4 Bases celulares e moleculares da neuroprotección e rexeneración no sistema visual.
Tema 7.- Neuroprotección. Rexeneración da retina. Rexeneración do nervio óptico (2 h).
Tema 8.- Fundamentos biolóxicos da terapia xénica e celular. Xeración do tecido retiniano a partir de células nai (2 h).
* Titorización en grupo reducido (Presencial) (2 horas)
Titoría 1. Exporanse as normas para o desenvolvemento das actividades dos seminarios (1 h).
Titoría 2. Resolución de dúbidas sobre os contidos da materia (1 h).Bibliografía básica
. Webvision. The Organization of the Retina and Visual System Kolb H, Nelson R, Fernández E, Jones B eds. http://webvision.med.utah.edu/. É un libro electrónico de libre acceso na Internet, que se actualiza constantemente. Para acceder ao libro por webvision en google ou seguir o enlace: http://webvision.med.utah.edu/.
. LUO, L. Principles of Neurobiology. Garland Science. New York, 2016.
. KANDEL, E.R., SCHWARTZ, J.H., JESSEL, T.M. (Eds). Principios de Neurociencia 4ª. edición. McGraw-Hill Interamericana, 2000.
Bibliografía complementaria
Artigos de investigación relacionados con cada un dos Temas recollidos no Programa de Teoría. Toda a bibliografía recomendada é de libre acceso en internet ou accédese a ela a través de Pubmed (https://www.ncbi.nlm.nih.gov/pubmed/) dende o dominio da USC.
Outro material de apoio
Dev Tutorials en http://11e.devbio.com/ Gilbert, SF and Barresi, M. Developmental Biology. Capítulo 26, Development and Evolution. Sinauer Associates, Sunderland MA, 2016.
Outra información na Internet
1.- Biblioteca da USC.
http://busc.usc.es
2.- Bibliografía sobre Bioloxía Celular.
http://www.cell-biology.com
http:// www.roberthooke.org.ok
http://cellbio.utmb.edu/cellbio/membrane.htm
http://www.microanatomy.net/index.asp• Coñecementos
- Con01. Demostrar coñecementos desde distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
- Con03. Demostrar coñecementos e habilidades necesarias para a súa incorporación ao exercicio profesional especializado.
- Con06. Afondar no estudio das ciencias básicas da visión, como ferramenta de coñecemento e de apoio á especialización profesional e investigadora.
- Con13. Demostrar coñecemento no estudo das ciencias básicas da visión, como ferramenta de coñecemento e de apoio á especialización profesional e investigadora.
• Habilidades e destrezas
- H/D01. Demostrar habilidades desde distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
- H/D04. Participar en debates e discusións, dirixilos e coordinalos e ser capaces de resumilos e extraer deles as conclusións máis relevantes e aceptadas pola maioría.
- H/D05. Adquirir a habilidade para o manexo de Tecnoloxías d Información e la Comunicación (TIC).
- H/D06. Utilizar as distintas técnicas de exposición oral, escrita, presentacións, paneis, etc., para comunicar os seus coñecementos, propostas e posicións.
• Competencias
- Comp01. Capacidade para aplicar distintas perspectivas do coñecemento en ciencias da visión.
- Comp03. Capacidade de reflexión desde distintas perspectivas do coñecemento.
- Comp06. Capacidade para transmitir os resultados da investigación a públicos especializados, académicos e xeralistas.
- Comp08. Desenvolver capacidade crítica, autocrítica e de toma de decisións.. A primeira titoría (1 h) empregarase para explicar a metodoloxía do ensino e explicar as normas para o desenvolvemento das actividades dos seminarios.
. A profesora porá a disposición dos alumnos/as, a través do Campus Virtual, un cuestionario e unha presentación de apoio asociados a cada un dos 8 temas do Programa de Teoría. Cada cuestionario inclúe unha serie de preguntas e respostas que deben ser utilizadas como guión polo alumnado para preparar cada tema. Cada presentación de apoio inclúe textos e imaxes de apoio adicionais, así coma bibliografía específica para afondar nos contidos correspondentes ao tema.
. Todos os alumnos/as deberán ler e comprender a información dos cuestionarios e presentacións de apoio antes da sesión presencial de seminario correspondente a cada tema.
. Cada alumno/a deberá preparar a presentación dunha parte ou da totalidade dun tema seguindo o guión indicado no cuestionario, coa axuda dos textos, imaxes e bibliografía proporcionados na presentación de apoio. A profesora indicará a cada alumno/a o tema ou partes do tema a preparar.
. Durante as sesións presenciais de seminario correspondente a cada tema (2 h/tema), os alumnos/as exporán a parte ou totalidade do tema asignado. A profesora poderá solicitar a resposta ás preguntas do cuestionario tanto ao alumno/a que realiza a exposición coma aos restantes alumnos/as do curso, de tal forma que todo o alumnado participe en cada un dos seminarios. A profesora fará as aclaracións pertinentes para facilitar a comprensión da materia, axudar a relacionar distintos conceptos e aclarar as dúbidas que poidan xurdir. A asistencia a estas sesións é obrigatoria e controlarase mediante listaxe.
. A última titoría (1 h) empregarase para resolver calquera dúbida sobre os contidos da materia que puidera persistir tralas sesións de seminario. A asistencia a esta sesión é obrigatoria.
. As dúbidas poderán resolverse tamén a través do Foro de dúbidas do Campus Virtual.O alumnado será cualificado mediante avaliación continua combinada con proba final. Este sistema de avaliación será aplicado para as dúas oportunidades. Na segunda oportunidade haberá opción a realizar unha nova proba final pero non a repetir a avaliación continua.
A avaliación continua consistirá na exposición dunha parte ou da totalidade dun tema e na resposta ás preguntas do cuestionario. Cada alumno/a terá oportunidade de responder cinco preguntas dos distintos cuestionarios ao longo do curso. A media da avaliación continua nos 8 cuestionarios suporá o 30 % da cualificación final (20 % exposición; 10 % respostas ao cuestionario).
A asistencia ás sesións presenciais de titorías e seminarios é obrigatoria e suporá o 10% da cualificación final.
A proba final será complementaria á avaliación continua. Terá carácter presencial. Suporá o 60% da cualificación final e superarase cunha puntuación mínima de 4 sobre 10.
Para os casos de realización fraudulenta da probas por plaxio ou uso indebido das tecnoloxías, será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións. Queda terminantemente prohibida a distribución por distintos medios (por exemplo, páxinas web, distribución a persoas alleas ao curso), sen consentimento do profesorado, de calquera material docente dispoñible na aula virtual.
As persoas que repitan a materia deberán superar novamente a avaliación continua e o exame final.Horas presenciais, 20 h
Docencia interactiva seminario (Presencial): 16 h (2 horas por tema)
Titorización en grupo reducido (Presencial): 2 h
Realización do exame: 2 h
Horas de traballo persoal, 76,5 h
Docencia teórica (Non presencial - Asíncrona): 16 horas (2 horas por tema)
Preparación de exposición oral (1 tema): 16 horas
Resolución dos cuestionarios de cada tema: 40 h (5 h por tema)
Resolución de dúbidas a través do Foro de dúbidas no Campus Virtual: 4,5 h. Consulta da bibliografía recomendada dos enlaces de internet que serán proporcionados coas presentacións dos distintos temas.
. Elaboración dos temas a partir dos cuestionarios e presentacións de apoio. Lectura e comprensión da información dos cuestionarios e presentacións de apoio antes da sesión presencial de seminario correspondente a cada tema.
. Asistencia e participación activa nas titorías e seminarios.
. Estudo e revisión semanal da materia.
. Facer uso frecuente do Foro de dúbidas para calquera tipo de cuestión relacionada coa materia.
. Preparación para o exame final facendo uso dos temas elaborados a partir dos cuestionarios e material de apoio.
-
Eva Maria Candal Suarez
- Departamento
- Bioloxía Funcional
- Área
- Bioloxía Celular
- Teléfono
- 881816947
- Correo electrónico
- eva.candal@usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
-
1º semestre - Do 08 ao 14 de setembro Martes 18:00-19:00 Grupo /TI-ECTS02 Galego Aula 5 18:00-19:00 Grupo /TI-ECTS01 Galego Aula 5 Exames 15.01.2026 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Aula 3 29.06.2026 16:00-18:00 Grupo /CLE_01 Aula Magna