Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 7 Total: 21
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Obxetivos da aprendizaxe
-Adquisición completa de todos os aspectos de interese sobre a espectrometría de masas con fins analíticos tanto cuantitativos como cualitativos
- Esta asignatura proporcionará coñecementos básicos e aplicados sobre as técnicas modernas de analise basadas na espectrometría de masas enfocada a analise de compostos, fundamentalmente de naturaleza orgánica, e dotará o alumno de criterios para a selección da técnica de espectrometría de masas mais axeitada para resolver cada problema analítico, así como para interpretar os resultados obtidos. Porase especial interés nos fundamentos físicos e químicos das técnicas descritas, na configuración instrumental, nas condicións experimentais e nas principais aplicación analíticas.
-O alumno coñecerá globalmente as fontes de ionización en espectrometría de masas, diferenciando a información que é posible obter con cada unha delas, así como os mecanismos básicos implicados na xeración dos ions en cada caso.
-Diferenciar os analizadores de masas segundo os seus principios de funcionamento.
-Coñecer, e interpretar, as propiedades analíticas que definen as características de interese dos métodos intrumentais basados na espectrometría de masas.
-Interpretación de espectros de masas, e de masas en tandem, de compostos orgánicos.
-Interpretación e explicación de resultados en base a coñecementos teóricos adquiridos, así como os obtidos no laboratorio e na consulta bibliográfica.
-Manexar bases de datos de espectros con fins cualitativos, e entender a filosofías das diferentes aproximacións empregadas para a obtención de datos cuantitativos mediante espectrometría de masas.
-Comprender o papel de especies marcadas con isótopos estables nas aplicación cuantitativas e cualitativas da espectrometría de masas.
-Entender a interación entre a espectrometría de masas e as técnicas de separación en continuo, en particular as técnicas cromatográficas, para a determinación de compostos minoritarios en mostras complexas.
Tema 1. INTRODUCCIÓN A ESPECTROMETRÍA DE MASAS ANALÍTICA
Tema 2. TÉCNICAS DE IONIZACIÓN. Fundamentos operacionais e instrumentación
Tema 3. ANALIZADORES DE MASAS. Principios operacionais, instrumentación e características básicas.
Tema 4. HIBRIDACIÓN CON TÉCNICAS CROMATOGRÁFICAS
Bibliografía recomendada
Básica (manual de referencia).
J. H. Gross, Mass Spectrometry: a textbook, Springer, 3a ed. 2017
Complementaria.
E. de Hoffmann, V. Stroobant, Mass Spectrometry: Principles and Applications, 3a ed., Wiley, 2007
A. E. Ashcroft, Ionization Methods in Organic Mass Spectrometry, Royal Society of Chemistry, 1997
C. Dass, Fundamentals of Contemporary Mass Spectrometry, Wiley, 2007
S. Shrader, Introductory Mass Spectromety, CRC Press, 2a ed., 2014
W.M.A. Niessen, R.A.C. Correa, Interpretation of MS-MS Mass Spectra of Drugs and Pesticides, Wiley 2017. Disponible on-line.
K. Downard, Mass Spectrometry: a Foundation Course, RSC, 2004
R. M. Smith, K.L. Busch, Understanding Mass Spectra- A basic Approach, John Wiley & Sons, 1999.
R.K. Boyd, C. Basic, R.A. Behen, Trace Quantitative Analysis by Mass Spectrometry, John Wiley and Sons, 2008.
B. Ardrey, Liquid Chromatography-Mass spectrometry: an introduction, Wiley, 2003
R. Willoughby, E. Sheehan, S. Mitrovich, A global view of LC/MS, Global View Publishing, 2nd edition, 2002.
M. C. McMaster, GC/MS, A Practical User´s Guide, John Wiley & Sons, 2008.
W.M.A. Niessen, Liquid Chromatography-Mass spectrometry, Taylor and Francis, 2007
Competencias básicas e xerais
• Identificar información na literatura científica empregando as canles axeitadas e integrar esta información para plantexar e contextualizar un tema de investigación.
• Valorar a responsabilidade na xestión da información e o coñecemento no campo da Química Industrial e da Investigación Química.
• Demostrar a capacidade de analizar, describir, organizar, planificar e xestionar proxectos.
• Usar terminoloxía científica en inglés para argumentar resultados experimentais no contexto da profesión química.
• Aplicar correctamente novas tecnoloxías de recollida de información e organización para resolver problemas na actividade profesional.
• Valorar a dimensión humana, económica, xurídica e técnica na práctica profesional, así como o impacto da química no medio ambiente e no desenvolvemento sostible da sociedade.
• Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e afrontar a complexidade de formular xuízos baseados en información que, sendo incompleta ou limitada, inclúe reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
• Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os últimos coñecementos e razóns que os apoien a audiencias especializadas e non especializadas dun xeito claro e inequívoco.
Competencias específicas
-Capacidade de demostrar coñecemento e comprensión dos principios de funcionamento das distintas técnicas de espectrometría de masas para a analise de compostos orgánicos.
-Capacidade de aplicar ditos coñecementos a escolla da técnica mais axeitada a problemas analíticos concretos.
-Capacidade de aplicar dito coñecemento para a resolución de problemas cualitativos e cuantitativos seguindo modelos previamente desenrolados
-Capacidade para identificar as posibilidades da espectrometría de masas como técnica de determinación en procesos cromatográficos frente os dectores convencionales.
-Destreza para evaluación e interpretación de información e datos químicos
-Habilidade para o manexo de reactivos químicos e compostos orgánicos con seguridade
-Adquisición e emprego de información bibliográfica e técnica referida a analise de compostos orgánicos mediante espectrometría de masas.
-Capacidade para entender as posibilidades, e limitacións, da espectrometría de masas e das técnicas híbridas na analise de compostos orgánicos en diferentes matrices reais.
Competencias transversales
• Elaborar, escribir e presentar públicamente informes científicos e técnicos.
• Traballar de forma autónoma e eficiente na práctica diaria de investigación ou actividade profesional.
• Apreciar o valor da calidade e da mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.
Clases presenciais teóricas. Clases expositivas (utilización de pizarra, ordenador, cañón) complementadas cas ferramentas propias da docencia virtual.
Seminarios realizados con profesorado propio do Máster, ou con profesionais invitados da empresa, a administración ou de outras Universidades. Sesions interactivas relacionadas cas distintas materias con debates e intercambio de opiniones cos alumnos.
Resolución de exercicios prácticos (problemas, cuestions tipo test, interpretación e procesamento da información, evaluación de publicaciones científicas, etc).
Tutorías individuales ou en grupo reducido.
Exposición oral de traballos, informes, etc., incluindo debate con profesores y alumnos.
Estudio persoal basado en diferentes fontes de información.
Realización de diferentes probas para a verificación da obtención tanto de coñocementos teóricos como prácticos e a adquisición de habilidades e actitudes.
Procedemento de avaliación
A avaliación da materia ten dúas contribucións: avaliación continua e a realización dun examen final, estando condicionado o acceso a este examen aparticipación en alomenos o 80% das actividades docentes obligatorias (seminarios e tutorías). A avaliación continua (N1) terá un peso do 30% da calificación da asignatura en base a dúas componentes: clases interactivas en grupo reducido (seminarios) en clases interactivas en grupo moi reducido (tutorías). Os seminarios e as tutorías incluirán os seguintes elementos: resolución de problemas e casos prácticos (20%), preguntas e cuestións durante o curso (10%).
O exame final (N2), de caracter presencial, versará sobre o total de contidos da materia.
A calificación do alumno resultará de aplicar a seguinte expresión:
Nota final=0.30 x N1 + 0.70 x N2
Sendo N1 a nota numérica da avaliación continua (escala 0-10), e N2 a nota numérica do exame final (escala 0-10). Os alumnos repetidores terán o mesmo rexime de asistencia a clase que os que cursan a materia por primeira vez.
Recomendacións cara a avaliación
O alumno repasará os conceptos teóricos introducidos nos diferentes temas empregando a bibliografía proposta. O grado de acerto na resolución dos exercicios propostos proporcionará un indicativo da preparación do alumno para afrontar o exame final da materia. Aqueles alumnos que atopen dificultades importantes a hora de traballar nas actividades propostas deben de acudir as tutorías co mestre, ao obxeto de que éste poida analizar o problema e axudar a resolver estas dificultades.
No caso de detectarse a realización fraudulenta de exercicios e/ou probas de evaluación será de aplicación a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA (HORAS)
Clases expositivas en grupo grande 12
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) 7
Tutorías en grupo moi reducido 2
Total horas presencias na aula ou no laboratorio 21
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO (HORAS)
Estudo autónomo individual ou en grupo 48
Resolución de exercicios ou outros traballos 28
Preparación de presentación orais, escritas, elaboración de exercicios, actividades en biblioteca ou similar 8
Total horas traballo persoal do alumno 84
É moi importante asistir as clases expositivas e os seminarios
É fundamental manter o estudo da materia o día
Isaac Rodriguez Pereiro
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814387
- Correo electrónico
- isaac.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Maria Ramil Criado
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881816035
- Correo electrónico
- maria.ramil [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
Xoves | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Analítica (2º andar) |
15.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 2.12 |