Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.25 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.5
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
Áreas: Química Analítica
Centro Facultade de Química
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
1. Dispor de coñecementos sobre as técnicas analíticas utilizadas nos métodos cinéticos, catalíticos e de inmunoensaio.
2.-Coñecer a instrumentación química que utilizase nos sistemas automatizados, que disponga de coñecementos sobre
automatización da instrumentación química e da hibridación instrumental, utilizada nas investigaciones nos laboratorios químicos.
3.-Utilizalos coñecementos teóricos e prácticos para planificar, aplicar e xestionar a metodoloxía analítica máis axeiatada para abordar problemas de índole medioambiental, sanitario, industrial, alimentario o de calquera outra índole relacionada coas sustancias químicas.
4.-Comprender e utilizar a información bibliográfica e técnica referida ós procesos químicos analíticos.
PROGRAMA DAS CLASES TEORICAS
UNIDADE 1. TÉCNICAS HÍBRIDAS
TEMA 1. HIBRIDACIÓN INSTRUMENTAL I
Introducción. Técnicas de separación non cromatograficas en liña con técnicas espectroscópicas
Técnicas de separación cromatográficas en liña con técnicas espectroscópicas atómicas: GC/HPLC – AES/AAS/AFS. Técnicas de separación cromatográficas en liña con técnicas espectroscópicas moleculares:GC-FTIR, GC-RMN
TEMA 2.- HIBRIDACIÓN INSTRUMENTAL II
Espectrometría de Masas na hibridación instrumental: instrumentación
Espectrometría de Masas Atómica na hibridación instrumental: HPLC-ICP-MS, GC-ICP-MS, EC-ICP-MS. Espectrometría de Masas Molecular na hibridación instrumental : GC-MS, LC-MS
Espectrometría de Masas en tandem
UNIDADE 2.MÉTODOS CINÉTICOS DE ANÁLISIS
TEMA 3. INTRODUCCIÓN A OS MÉTODOS CINÉTICOS DE ANALISE
Introducción aos métodos cinéticos de analise. Reaccions utilizadas na Química Analítica: reaccions de pseudo-primer orden. Factores que afectan a velocidade de reacción. Uso analítico da velocidade de reacción: determinación dunha especie simple, determinacions simultáneas.
Tema 4. MÉTODOS CINÉTICOS CATALÍTICOS
Métodos cinéticos catalíticos. Tipos de catálisis.Reaccions catalíticas no enzimáticas. Catálisis micelar.Uso analítico das reaccions catalizadas
TEMA 5. MÉTODOS ENZIMÁTICOS
Métodos cinéticos enzimáticos:introducción.Activadores e inhibidores da actividade enzimática. Uso analítico de la ecuación de Michaelis-Menten: KM e kcat. Factores que modifican a velocidade das reaccións enzimáticas. Instrumentación analítica nos métodos cinéticos.
UNIDADE 3. TÉCNICAS DE INMUNOENSAYO
TEMA 6. INMUNOENSAYO
Introducción. Fundamento do inmunoensayo. Técnicas de inmunoensayo.Inmunoensayo homoxéneo e heteroxéneo. Tipos de marcadores. Enzimoinmunoensayo (EIA)
UNIDADE 4. AUTOMATIZACIÓN
TEMA 7. INTRODUCCIÓN A AUTOMATIZACIÓN NA QUÍMICA ANALITICA
Definición e Obxetivos. Extensión da automatización na Química Analítica
Problemas derivados da automatización .Calidade, automatización e Química Analítica
Automatización das operaciones previas do proceso analítico.
TEMA 8. AUTOMATIZACIÓN INTEGRAL: ANALIZADORES
Tipos de analizadores: clasificación. Analizadores continuos. Analizadores discontinuos. Estacions robotizadas. Analizadores de procesos
TEMA 9. AUTOMATIZACIÓN UTILIZANDO TÉCNICAS DE FLUXO
Tipos de técnicas de fluxo: analise de fluxo segmentado(SFA), analise por inyección en fluxo (FIA), analise por inyección secuencial (SIA), analise en fluxo multiconmutado (MSFIA). Fundamento teórico das técnicas de fluxo. Métodos de separación e preconcentración: exemplos.
CLASES DE SEMINARIO
Seminario I. Hibridación instrumental I
Seminario II. Hibridación Instrumental II
Seminario III. Métodos cinéticos de analise
Seminario IV. Aplicacions dos métodos enzimáticos
Seminario V. Métodos enzimáticos: exercicios e cuestiones
Seminario VI.Inmunoensayo
Seminario VII. Automatización na Química Analítica
Seminario VIII. Preparación de las prácticas de laboratorio
PRÁCTICAS DE LABORATORIO
1.- Determinación de iodo en alimentos por un método cinético
2.- Determinación de ferro usando sistemas automáticos FIA-UV/VIS
3.- Determinación de fragancias en produtos de coidado persoal mediante cromatografía de gases (GC) FID e GC con espectrometría de masas
Básica
-Química Analítica: métodos cinéticos, inmunoensayo y análisis de trazas, M.Llompart Vizoso, I.Rodriguez Pereiro, L.Sánchez Prado, 2010
-Automatización y miniaturización en Química Analítica, M.Valcárcel, M.S.Cárdenas, Ed Springer,2000
- Analytical Chemistry, R.Keller,J.M.Mermet,M. Valcárcel, M.Otto,H.M.Widmer, Wiley, 2004
Complementaria
-Principios de Análisis Instrumental, 6ª Ed., Skoog, Holler, Nieman, Ed.Thonsom-Paraninfo, 2009.
-Análisis Químico de Trazas, C. Cámara, C. Pérez-Conde (Eds.), Ed. Síntesis, 2011.
BÁSICAS E XERAIS
CG1 - Que os graduados posúan e comprendan os conceptos, métodos e resultados máis importantes das distintas ramas da Química, con perspectiva histórica do seu desenvolvemento.
CG2 - Que sexan capaces de reunir e interpretar datos, información e resultados relevantes, obter conclusións e emitir informes razoados en problemas científicos, tecnolóxicos ou doutros ámbitos que requiran o uso de coñecementos da Química.
CG3 - Que poidan aplicar tanto os coñecementos teóricos-prácticos adquiridos coma a capacidade de análise e de abstracción na definición e formulación de problemas e na busca das súas solucións tanto en contextos académicos como profesionais.
CG4 - Que teñan capacidade de comunicar, tanto por escrito coma de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas en Química tanto a un público especializado como non especializado.
CG5 - Que sexan capaces de estudar e aprender de forma autónoma, con organización de tempo e recursos novos coñecementos e técnicas en calquera disciplina científica ou tecnolóxica.
TRANSVERSAIS
CT1 - Capacidade de análise e síntese.
CT2 - Capacidade de organización e planificación.
CT4 - Resolución de problemas.
CT5 - Toma de decisións.
ESPECÍFICAS
CE14 - Resolución de problemas cualitativos e cuantitativos segundo modelos previamente desenvolvidos.
CE18 - Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas
orgánicos e inorgánicos.
CE19 - Manexo de instrumentación química estándar como a que se utiliza para investigacións estruturais e separacións.
CE20 - Interpretación de datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio en termos da súa significación e das
teorías que a sustentan.
CE24 - Comprensión dos aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos.
O ensino da materia realízase mediante a impartición de clases expositivas que servirán para tutorizar ao alumno no seu traballo persoal que deberá desenvolver posteriormente.
Estas clases expositivas compleméntanse con clases de seminario na que o profesor, ademais de resolver problemas tipo de carácter práctico, solucionará as dúbidas que se lle expoñan ao alumno ao resolver os exercicios ou cuestións propostos polo profesor, como parte do traballo persoal a realizar polo alumno. Ademais, dentro destas clases de seminario, o alumno deberá resolver algún exercicio proposto polo profesor que, servirá para valorar o nivel de compresión do alumno.
As clases prácticas impartiranse no laboratorio en sesións de 4 horas por día durante 3 días. Antes do comezo do traballo experimental estimaranse os coñecementos do alumno acerca da práctica que vai desenvolver posteriormente.
Farase uso da plataforma virtual e do campus virtual para deixar material docente, direccións web, etc. e para facilitar a comunicación entre profesores e alumnos.
Durante as clases empregaranse as seguintes metodoloxías didácticas:
i) Clases expositivas: Clases teóricas para explicar a base de cada tema, que se ilustrarán con exemplos e problemas relacionados. Complementaranse co traballo do alumno nas aulas interactivas e na autoformación.
ii) Sesións interactivas (Seminarios e titorías en grupo). O profesor entregará ao alumno unha serie de problemas ou casos prácticos para os seminarios. Os profesores resolverán algúns dos problemas do encerado, e tamén se animará aos estudantes a resolver, presentar e discutir exercicios similares. Algúns dos exercicios realizados polo alumnado recolleranse para a avaliación continua. As sesións interactivas (especialmente titorías en grupo) tamén se poden utilizar para a supervisión, presentación e discusión dos traballos académicos propostos durante o cuadrimestre, ou para debater sobre os traballos do curso ou para aclarar puntos derivados das clases maxistrais e seminarios.
A asistencia ás clases interactivas é obrigatoria.
iii) Clases de laboratorio. Haberá tres sesións de laboratorio de 4 horas.
A asistencia ás clases de laboratorio é obrigatoria. Os alumnos deben ler o experimento que van realizar durante cada lección e mostrar os seus coñecementos na proba inicial.
As explicacións complementaranse con recursos didácticos básicos e novas tecnoloxías: uso da plataforma virtual, vídeos, presentacións de diapositivas,...
iv) Titorías individualizadas: realizaranse a través da plataforma MS Teams
Ao longo do curso avalíanse as competencias previamente indicadas.
A cualificación do alumno non será inferior á do exame final nin á obtida ponderándoa coa avaliación continua.
Os alumnos repetidores que superasen as prácticas con anterioridade non teñen a obriga de volvelas facer.
A avaliación consistirá en dous partes:
a) Avaliación continua cun peso dun 30%, repartido do seguinte modo:
1 -Seminarios, titorías, exercicios entregados ao profesor: 15%
2 -Prácticas de Laboratorio (organización e pulcritude no laboratorio, execución da práctica, informe final): 15%
A superación de cada una das duas partes 1 e 2 con nota mínima de 5 é imprescindible para que se poda considerar a nota de avaliación continua.
A superación das prácticas con nota mínima de 5 é indispensable para poder aprobar a asignatura.
b) Exame final da materia: 70%
Para a cualificación final terase en conta a avaliación continua cando o alumno obteña a nota mínima de 5,0 tanto en a.1) Exercicios e outras actividades da clase, como a.2) Prácticas prácticas (organización e realización dos experimentos, informe final).
A nota final obtida non será inferior á obtida no exame final.
Para poder aprobar a asignatura considerando a evaluación continua e imprescindible obter no exame una calificación superior a 4.0.
O alumno deberá superar a parte de laboratorio para aprobar a materia. Se os alumnos superaron a parte de laboratorio nos dous cursos anteriores, non terán que acudir de novo ás clases de laboratorio.
Nas diferentes actividades avaliaranse as seguintes competencias:
Clases interactivas: CG2, CG3, CG4, CG5, CT1, CT2, CT4, CT5, CE14, CE24
Clases de laboratorio: CG2, CG3, CG4, CT1, CT2, CT4, CT5, CE18, CE19, CE20, CE24
Titorías grupais: CG4, CT1, CT2
Exame: CG2, CG3, CG4, CT1, CE14, CE19, CE20, CE24
O exame final comprenderá o 100% da nota para aqueles alumnos que non superen a avaliación continua.
Indicación referida ao plaxio e ao uso indebido das tecnoloxías na realización de tarefas ou probas: «Para os casos de execución fraudulenta de exercicios ou probas aplicaranse resolucións da ‘Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións’.
TRABALLO PRESENCIAL NA AULA HORAS
Clases expositivas en grupo grande 18
Clases interactivas en grupo reducido (Seminarios) 08
Clases interactivas con ordenador en grupo reducido 02
Titorías en grupo moi reducido 02
Prácticas de laboratorio 12
Totais horas traballo presencial na aula ou no laboratorio 40
TRABALLO PERSOAL DO ALUMNO HORAS
Estudo autónomo individual ou en grupo 36
Resolución de exercicios, ou outros traballos 10
Preparación de presentacións orais, escritas,
elaboración de exercicios propostos. Actividades en
biblioteca ou similar 15,5
Preparación do traballo de laboratorio e elaboración da memoria das prácticas 11
Totais horas traballo persoal do alumno 72,5
1) A asistencia a clase é moi recomendable
2) Utilizar a literatura recomendada. Tratar de resolver o conxunto de problemas ou preparar as actividades propostas polo profesor antes dos seminarios
3) LeR o manual de laboratorio e preparar as sesións de laboratorio con antelación
Recoméndase ter superadas as seguintes materias: Técnicas Analíticas de Separación (G1041226) e Métodos Analíticos Espectroscópicos e Electroquímicos (G1041321).
O alumnado matriculado debe coñecer e cumprir as normas xerais de seguridade nos laboratorios de prácticas da Universidade de Santiago de Compostela, para participar nas prácticas de laboratorio. Este regulamento atópase na páxina web (www.usc.es/estaticos/servizos/sprl/normalumlab.pdf)
Maria Pilar Llompart Vizoso
Coordinador/a- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814225
- Correo electrónico
- maria.llompart [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Antonio Moreda Piñeiro
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Teléfono
- 881814375
- Correo electrónico
- antonio.moreda [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Andrés Duque Villaverde
- Departamento
- Química Analítica, Nutrición e Bromatoloxía
- Área
- Química Analítica
- Correo electrónico
- andres.duque.villaverde [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC
Martes | |||
---|---|---|---|
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Mércores | |||
09:00-10:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.44 |
09:00-10:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
Xoves | |||
10:00-11:00 | Grupo /CLE_03 (inglés) | Inglés | Aula 3.44 |
10:00-11:00 | Grupo /CLE_02 | Castelán | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
11:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Química Orgánica (1º andar) |
13.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Bioloxía (3º andar) |
13.05.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Matemáticas (3º andar) |
30.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Inorgánica (1º andar) |
30.06.2025 16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Aula Química Orgánica (1º andar) |