Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
En xeral, o programa desta materia está dirixido a proporcionar coñecementos básicos dos aspectos estruturais e funcionais das biomoléculas e dos procesos metabólicos relacionados coa obtención de enerxía, facendo fincapé nalgúns aspectos relacionados co o estudo das patoloxías a nivel molecular e a nutrición.
Obxectivos específicos:
1) Adquirir os coñecementos básicos da bioquímica e a bioloxía molecular.
2) Coñecer as principais macromoléculas biolóxicas e as funcións que desempeñan no organismo humano.
3) Coñecer os aspectos básicos do metabolismo
4) Comprender a repercusión dos coñecementos da bioquímica na sociedade actual e as súas aplicacións no campo da nutrición e a saúde.
1) Introdución á Bioloxía Celular e a Bioquímica e Bioloxía Molecular
2) A célula: estrutura (eucariota vs procariota), orgánulos e especialización, división celular (mitose e meiose), transporte a
través das membranas, sinalización celular. Concepto de hormona
3) Biomoléculas:
- 3.1. Carbohidratos: estrutura e funcións. Intolerancia á lactosa. Diabetes
- 3.2. Lípidos: estrutura e funcións. Vías exóxena e endóxena do transporte de lípidos no sangue. Colesterol e aterosclerose.
Vitaminas.
- 3.3. Proteínas: estrutura e funcións. Coláxeno. Enzimoloxía. Anticorpos. Virus.
- 3.4. Ácidos Nucleicos: estrutura e funcións. O ATP e a transferencia de enerxía nas células. O xenoma. O dogma central da
bioloxía molecular. O código xenético. Marcadores xenéticos e farmacoxenómica.
4) Introdución ao metabolismo. Concepto, Anabolismo e Catabolismo. Reaccións e rutas metabólicas. Bioenerxética. Reaccións
redox e outros tipos. Regulación do metabolismo e enzimas alostéricas.
5) Metabolismo de carbohidratos. Panorámica xeral. A glicolise e a súa regulación. Intolerancia á lactosa, galactosemias e
diabetes.
6) Fermentación e respiración. Metabolismo do etanol. Glicolise e cancro. A análise por PET.
7) A respiración celular. O complexo da piruvato deshidroxenasa. O ciclo de Krebs. A cadea de transporte electrónico. A síntese
de ATP por fosforilación oxidativa. Venenos, adelgazantes e termoxénese.
8) Miscelánea: Os corpos cetónicos, metabolismo de aminoácidos e a formación da urea, Metabolismo de nucleótidos. A gota,
os fármacos contra cancro, e outras enfermidades
9) Breve explicación dunha análise clínica
1. Lehninger: Principios de Bioquímica. Autores: D. L. Nelson, M. M.Cox. Editorial Omega
2. Marks Bioquímica Médica Básica. Autores: M. Lieberman, A. Peet. Editorial McGraw-Hill Interamericana
3. Harper Bioquímica Ilustrada. Autores: V. Rodwell, D. Bender, K. Botham, P. Kennelly, P. Weil. Editorial McGraw-Hill
Interamericana
4. Bioquímica, curso básico. Autores: J. Tymoczko, J. Berg, L. Stryer. Editorial Reverté
- Comprender contidos relacionados coa bioquímica humana básica.
- Desenvolver a capacidade de aprendizaxe autónoma e o pensamento crítico
A docencia será expositiva e participativa. O docente explicará os aspectos máis relevantes de cada tema, fomentando a participación dos estudantes nas clases para que se alcancen os obxectivos da materia. A intención é de que os estudantes aprendan e comprendan disfrutando do aprendizaxe da materia.
1) A asistencia obrigatoria ás clases expositivas e participación activa en las clases expositivas (70 %)
2) Realización e exposición dun traballo relacionado coa materia (30 %). Non é unha actividade obrigatoria
Non é posible establecer ese tempo de estudo e de traballo persoal.
Poñer interese en aprender, consultar as fontes bibliográficas e ao profesor
ASISTENCIA A CLASE
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa/descargas/normaasis…).
Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria. Nos casos contemplados na normativa da Facultade, os/as alumnos/as poderán solicitar exención oficial de docencia.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI: É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS: É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL: Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE: Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS: No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Jaime Jose Gomez Marquez
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Teléfono
- 881816927
- Correo electrónico
- jaime.gomez.marquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a área externa
Luns | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Aula 10 Facultade Bioloxía |