Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Clase Expositiva: 30 Total: 30
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia ordinaria de Cuarto Ciclo
Departamentos: Departamento externo de 4º Ciclo
Áreas: Área externa de 4º Ciclo
Centro IV Ciclo
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
Acercamento a temas medioambientais dende una perspectiva dinámica e atractiva que faga que o alumno se sinta como unha parte viva e activa da materia.
Xerar inquedanzas e interese por temas medioambientais e compartilos co resto dos compañeiros e os profesores fomentando a participación activa e debate na clase.
1. Cambio climático. Unha carreira perigosa …
2. As enerxías renovables como unha solución de futuro.
3. Alimentos transxénicos, a solución? Os alimentos ecolóxicos como unha alternativa.
4. Por etiquetas que no sexa.
5. Temas de interese propostos polos alumnos.
Dependendo do ano utilízase principalmente documentación obtida de internet e polo tanto os links varían ano a ano, a parte de prensa actual.
Comprensión de moitos aspectos medioambientais dende un punto de vista formativo transversal.
Escenario 1. Normalidade adaptada
Todos os temas preséntanse en formato activo e atractivo para facilitar a exposición e comprensión dos mesmos. Así, utilízase como ferramenta principal o PowerPoint complementándose con emisión de vídeos e coa posta a disposición dos alumnos dun resumen do tema en papel e na web virtual. Diariamente se revisan as noticias en prensa relacionadas co medioambiente e se dedica unha parte da clase a debatelas.
Entregaráselle ao estudante todo a material base necesario para o estudo da materia a través da web virtual da materia.
O estudante dispoñerá das horas de titorías correspondentes para solucionar dúbidas, ampliar coñecementos e mellorar os procesos de exposición dos seminarios. Ao rematar o Curso se lles entrega ós estudantes un CD con todos os temas tratados, bibliografía, enlaces, etc.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
Tomaranse as medidas hixiénico-sanitarias recomendadas nos protocolos marcados pola Facultade (hidroxel e obrigatoriedade de máscara).
Escenario 2. Distanciamento
Non se esperan modificacións no tipo de docencia expositiva e interactiva se se manteñen os parámetros tradicionais de matrícula. Se as medidas de distanciamento non permitisen que todos os estudantes da materia asistan ás clases presenciais na aula asignada e non se dispón dun espazo docente máis amplo para acoller a todos os estudantes, entón arbitraríanse algunha destas medidas:
- Retransmitir en streaming a clase para parte do alumnado que as seguiría desde outro espazo docente da facultade. Estableceríanse quendas para que todos os estudantes seguirán as clases nas mesmas condicións.
- Retransmitir en streaming a clase para parte do alumnado que as seguiría desde a súa casa. Estableceríanse quendas para que todos os estudantes seguirán as clases nas mesmas condicións.
Escenario 3. Peche das instalacións da USC
A docencia será telemática e as clases desenvolveranse de forma síncrona no horario oficial de clase. Pode ser que, por causas sobrevindas, algunha das clases desenvolverase de forma asíncrona o que se comunicará ao alumnado con anterioridade.
Todas as tarefas do estudante (estudo, traballos, lecturas) serán orientadas polo persoal académico en titorías que poderán ser de tipo presencial ou realizarse a través dos medios da USC-virtual.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
Escenario 1. Normalidade adaptada
Ao rematar o Curso o alumno debe entregar un traballo relacionado coa materia ou a defensa dunha pequena presentación. Este traballo valórase conxuntamente coa asistencia e a participación do alumnos nas clases.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual /ou por correo electrónico ó profesorado.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
Obterán a cualificación de non presentado os estudantes que non entregaron o traballo nin se someteron á avaliación de ningunha outra actividade obrigatoria.
Escenario 2. Distanciamento
O sistema de avaliación será o mesmo que o descrito para o escenario 1.
Escenario 3. Peche das instalacións da USC
O sistema de avaliación será o mesmo que o descrito para o escenario 1.
En todos os casos, utilizaranse as ferramentas dispoñibles na USC-virtual para facilitar aos estudantes do material necesario para o desenvolvemento da materia (presentacións, apuntamentos, textos de apoio, bibliografía, vídeos, etc.) e para establecer unha comunicación fluída profesor-estudante.
A asistencia a clase (30 h), tempo necesario para preparar o traballo (10 h), e que dependerá do tema elixido e do alumno, e o tempo das actividades que vaian xurdindo e a petición deles (5 h).
Asistencia activa ás clases.
O programa da materia Medioambiente é un programa dinámico que ano a ano evoluciona e se actualiza co fin de cubrir as inquedanzas dos alumnos e onde se fomenta o debate e a participación dos mesmos no campo de medioambiente. Polo tanto, e aínda que partimos dun programa básico e que trata de tocar todos os temas mais salientables de medioambiente e que se foi elaborando a partires das peticións dos alumnos, cada ano tócanse temas de actualidade e que os alumnos propóñenlle ó Profesor. Os temas son tremendamente transversais abranguendo dende o cambio climático dende aspectos ambientais, sociais, económicos ou políticos ata temas relacionados coa alimentación, e mais concretamente cos transxénicos ou a agricultura ecolóxica, pasando polo eido das enerxías renovables ou temas de actualidade propostos polos alumnos.
Plan de continxencia
De conformidade co Acordo do Consello de Goberno do 19 de xuño de 2020 polo que se regulan as bases para o desenvolvemento da docencia durante o curso académico 2020-2021, e a fin de minimizar o impacto dun posible rebrote do COVID-19, incorpóranse plans de continxencia que contemplan un escenario 2 (distanciamento) e un escenario 3 (peche de instalacións).
Juan Jose Parajo Vieito
Coordinador/a- Departamento
- Departamento externo de 4º Ciclo
- Área
- Área externa de 4º Ciclo
- Correo electrónico
- juanjose.parajo [at] usc.es
- Categoría
- Profesional área externa_máx. 30 h
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:30-18:30 | Grupo /CLE_01 | Galego | 5512 Aula 1 Facultade Óptica e Optometría |