Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 102 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Didácticas Aplicadas
Áreas: Didáctica da Expresión Musical, Didáctica da Expresión Plástica
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Ofrecer unha aproximación aos paradigmas emerxentes de investigación e innovación en educación artística e a súa relación proxectiva co contexto artístico contemporáneo coa intención de proporcionar unha visión xeral das particularidades que a investigación artística require.
-Reflexionar sobre as problemáticas contemporáneas do feito artístico e as súas implicacións na educación.
-Coñecer e debater sobre novas tendencias e enfoques contemporáneos de investigación en Educación artística.
-Recoñecer os elementos de conexión multi e interdisciplinar que inciden nestes modelos de investigación.
-Indagar as achegas que ofrece a investigación artístico - narrativa á construción de coñecemento educativo.
-Coñecer e acceder a técnicas de traballo colaborativo e fontes de documentación on-line para profundar nas novas vías e perspectivas que abren á investigación educativa.
-Elaborar propostas de investigación aplicada partindo de conceptos e prácticas contemporáneas.
1. O papel do profesor/a como axente reflexivo e crítico, capaz de incorporar a investigación e a innovación á aula para mellorar a súa práctica docente.
2. Achegas da investigación didáctica das disciplinas artísticas á mellora do ensino.
3. Perspectivas e enfoques actuais na innovación e na investigación didáctica da Educación Artística (Música e Educación Plástica e Visual). Experiencias concretas.
4. Deseño e desenvolvemento de proxectos interdisciplinares.
5. Perspectivas de investigación sobre Educación Artística como lugar de intersección de diferentes disciplina
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
ACASO LÓPEZ-BOSCH, M e MEGÍAS, C. (2017). Art Thinking. Cómo el arte puede transformar la educación. Paidós Educación.
Giraldez, A. (2011). Música. Investigación, innovación y buenas prácticas. Ed. Graó.
Marín, R. e Roldán, J (coord.) (2017). Ideas visuales. Investigación basada en artes e investigación artística. Editorial Universidad de Granada.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
Acha, J. (2006). Educación Artística. Ed. Trillas.
Alexenberg, M. (2008). Educating artists for the future. Intellect.
Bauer, M. And Gaskell, G. (2000). Qualitative researching with text, image and sound. A practical Handbook. SAGE Publications.
Bolivar, A; Domingo J. y Fernández, M. (2001). La investigación biográfica-narrativa en educación. La Muralla.
Bresler, L. (2007). International Handbook of Research in Arts Education. Springer.
Colbert, C. y Tauton, M. (2001). “Classroom Research in the Visual Art” en Richardson, V. (2001): Handbook of Research on Teaching. Washington: American Educational Research Association, 520-526.
Colwell, R. & Richardson, C. (Eds) (2002). The New Handbook of Research on Music Teaching and Learning. Oxford University Press.
Diamond, P. y Mullen, C.A. (1999). The postmodern educator. Arts-Based inquiries and teacher development. Peter Lang.
Díaz, M. (Coord.) (2006). Introducción a la investigación en Educación Musical. Enclave Creativa Ediciones.
Díaz, M. y Giráldez, A. (coords.) (2007). Aportaciones teóricas y metodológicas a la educación musical. Ed. Graó.
Efland, Arthur D. (2004). Arte y cognición. La integración de las artes visuales en el curriculum. Octaedro.
Eisner, E. y Day, M.(2004). Handbook of research and policy in art education. NAEA National Art Education Association, LEA (Lawrence Erlbaum Associates) publishers.
Eisner, E. (1998). El ojo ilustrado, indagación cualitativa y mejora de la práctica educativa. Paidós Educación
Eisner, E. (2004). El arte y la creación de la mente. Paidós.
Finney, J. y Burnard, P. (2007). Music Education with Digital Technology. Londres: Continuum International Publishing Group.
Gaudelius, Y., Speirs, P. (2001). Contemporary issues in Art Education. Prentice-Hall.
Graeme Chalmers, F. (2003). Arte, educación y diversidad cultural. Paidós.
Hausman, J. (1963). Research on teaching in the visual arts, en N.L. Gage (Ed.), Handbook on Teaching (1101-1117). Rand McNall.
Hemsy de Gaínza, V. (1977). Fundamentos, Materiales y Técnicas de la Educación Musical. Ricordi.
Hemsy de Gainza, V. (2002). Pedagogía musical. Ed. Lumen.
La Pierre, S. & Zimmerman, E. (1997). Research methods and methodologies for art education. National Art Education Association
Lines, D.K. (Ed.) (2005). Music Education for the New Millennium. Blackwell Publishing.
Marín Viadel, R. y otros (1998). La investigación en Bellas Artes. Tres aproximaciones a un debate. Grupo editorial universitario.Shulman, L. (1999). “Portafolios del docente: una actividad teórica” en N. Lyons, N. (Comp.) (1999). El uso del portafolios. Propuestas para un nuevo profesionalismo docente (45-62). Amorrortu.
Villar Angulo, L. (2005). Programa para la mejora de la docencia universitaria. Pearson.
Revistas:
Eufonía.
Música y Educación.
Doce notas preliminares.
International Journal of Music Education.
Arte, Individuo y Sociedad.
International Journal of Education Through Art.
InVISIBILIDADES
Outras fontes de información
• Biblioteca virtual de educación musical: www.bivem.net
• Documentación entregada nos distintos módulos.
• Editorias con coleccións adicadas á Educación artística e musical:
Akal – Graó – Alianza –Morata - Cambridge University Press – Oxford University Press – Harvard University Press – J.M. Fuzeau
• International society for music education www.isme.org
• Sociedad española para la educación musical SEM-EE
• International Society for Education Through Art (InSEA) Insea.org
Xerais:
CG12 - Participar na avaliación, investigación e a innovación dos procesos de ensino e aprendizaxe, comunicando as súas conclusións e as razóns que as sustentan á comunidade educativa e outros profesionais da educación.
Específicas:
CEE11 - Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada.
CEE12 - Analizar criticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade.
CEE13 - Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións.
CEE14 - Coñecer e aplicar metodoloxías e técnicas básicas de investigación e avaliación educativas e ser capaz de deseñar e desenvolver proxectos de investigación, innovación e avaliación.
As clases expositivas consistirán basicamente na presentación do marco teórico, conceptual e metodolóxico da materia. Para estas clases é necesario a lectura previa do material de traballo. As clases interactivas procurarán unha maior implicación do alumnado mediante o desenvolvemento dunha metodoloxía docente centrada no estudante e baseada no estudo de casos, a análise de proxectos e a resolución de problemas. Todas as tarefas do alumno (estudo, traballos, uso de computador, proxectos, lecturas, exposicións, exercicios, prácticas) serán orientadas polo profesor tanto na aula como nas sesións de titoría. Nestas atenderase aos estudantes para comentar cuestións concretas en relación coas súas tarefas ou para tratar de resolver calquera outra dificultade do alumno ou grupo de alumnos relacionada coa materia.
Metodoloxía de situacións: activa, reflexiva e colaborativa, baseada en proxectos-proceso de educación artística. Durante o curso levarase a cabo, polo menos, 1 proxecto. Os traballos deberán ser orixinais. Calquera traballo copiado supoñerá o suspenso da materia na correspondente convocatoria. Para efectos avaliativos un mesmo traballo non poderá ser utilizado para varias materias, salvo que se programasen de forma coordinada. Cando o presuposto do Centro o permita, realizarase unha saída didáctica.
Utilizarase a aula virtual da USC e/ou outros medios virtuais como canle/s de traballo obrigatoria/s e complementaria/s á docencia presencial.
A avaliación cinguirase á comprobación do desenvolvemento efectivo das competencias. Especificamente, a cualificación de cada alumno obterase mediante avaliación continua e a realización dos diferentes proxectos e/ou actividades propostas na aula.
A avaliación continua farase por medio de informes escritos, traballos entregados, participación do estudante na aula, titorías ou outros medios.
Avaliación continua, formativa e cualitativa.
Tendo en conta:
(a)10%.Observación da participación na aula (presencial e virtual). Avaliarase positivamente a asistencia asidua, a actitude e a boa disposición para aprender e a participación con interese nas actividades realizadas na aula así como na plataforma virtual utilizada. Será necesario asistir como mínimo ao 80% das sesións teóricas e prácticas e participar activamente nas mesmas para obter a puntuación máxima global do apartado
(b)90%. Proxectos e informes. Os proxectos e informes entregaranse nos prazos fixados e serán presentados e comentados no grupo. Os criterios a valorar serán:
• Organización, proceso de desenvolvemento e resultado final do proxecto.
• Creatividade e relevancia.
• Calidade dos materiais empregados.
• Adecuación (cando recolla proxecto pedagóxico, a adecuación á etapa dirixida e ao currículo)
• Presentación, redacción, organización do traballo e actitude do grupo no desenvolvemento do mesmo.
Para superar a materia será necesario a asistencia presencial ás clases (80%), a realización dos proxectos e aprobalos por separado. Unha vez superados, farase unha media global para a cualificación final. Considerarase non presentado aquel alumno que non entregase ningún dos proxectos.
Data límite de entrega de proxectos: o día e a hora fixados no calendario oficial de exames.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
-Alumnado con dispensa a clase ou exención oficial de docencia (total ou parcial): Deberá poñerse en contacto co/a profesor/a nos primeiros 15 días do semestre (ou desde que se produza a causa sobrevida) para concretar o plan de traballo persoal e sistema de avaliación. Como norma xeral, deberá respectar as datas establecidas para a entrega e exposición de traballos e facer un seguimento activo da materia mediante as titorías e a plataforma virtual. Todo o alumnado, independentemente da modalidade de asistencia, ten dereito a poder acadar a cualificación máxima (10).
-Alumnado repetidor: Deberá poñerse en contacto co profesorado da asignatura nos 15 primeiros días do semestre correspondente para concretaren o plan de traballo e o sistema de avaliación.
-Convocatoria de xullo:
O alumnado que non supere a materia na convocatoria ordinaria, terá que presentar novamente tódolos traballos realizados durante o curso, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación, repetición ou adaptación. Para fixar os pormenores de entrega, será imprescindible contactar co/a docente nos 5 días seguintes á publicación definitiva de notas.
Total horas traballo presencial na aula 48
Total horas traballo persoal do alumno/a 102
Como recomendacións para o estudo da materia contarán o grao de experimentación, o descubrimento e uso de distintas posibilidades cos materiais, a información e documentación utilizada e a riqueza de reflexións persoais. Tamén contará o que cada traballo sexa unha procura nova, para iso os proxectos teñen que reflectir o grao de implicación nese proceso creativo.
Para a recuperación da materia presentaranse de novo os ou o proxecto non superado, tendo en conta as observacións para a súa mellora, ampliación ou repetición, realizadas no transcurso das entrevistas e reflexións compartidas sobre os mesmos. Todo o material do curso, as imaxes recomendadas, e as ferramentas de comunicación están envorcados na plataforma virtual, servindo de axuda e complemento en cada momento para a realización e seguimento do curso.
• Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
• Segundo a normativa da USC sobre presencialidade, é obrigatoria a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase. Nos casos considerados na normativa do Centro, os alumnos poderán solicitar exención oficial de docencia debendo informar ó docente desta situación a mesma semana en que se solicite coa fin de concretar o seu plan de traballo e a avaliación da materia. O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (http://www.usc.es/export/sites/default/gl/normativa /descargas/normaasistenclase.pdf). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Ver tamén a Instrución Nº1/2017, da Secretaría Xeral, sobre a dispensa da asistencia a clase en determinadas circunstancias.
• En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia ter en conta as seguintes indicacións:
-Responsabilidade medioambiental:
o Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
o Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encadernación.
o Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
o Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
o Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
-Perspectiva de xénero:
o Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
-Obrigatoriedade de uso da conta de correo rai.
-Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade (Lifesize, etc).
-Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
-Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
-Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
Maria Del Carmen Franco Vazquez
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812015
- Correo electrónico
- carmen.franco [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Xosé María Lopez Carretero
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812001
- Correo electrónico
- xosemarialopez.carretero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Carme Lopez Fernandez
Coordinador/a- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Musical
- Teléfono
- 881812125
- Correo electrónico
- carmelopez.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Interino/a substitución IT e outros
Sergio Clavero Ibañez De Garayo
- Departamento
- Didácticas Aplicadas
- Área
- Didáctica da Expresión Plástica
- Teléfono
- 881812026
- Correo electrónico
- sergio.clavero [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOSU
Xoves | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
18:00-20:00 | Grupo /CLIS_01 | Galego, Castelán | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán, Galego | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |
22.05.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 07 - MÚSICA |
02.07.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | (CAMPUS NORTE) - AULA 05 - PLÁSTICA |