Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 51 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 9 Clase Interactiva: 12 Total: 75
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Pedagoxía e Didáctica
Áreas: Teoría e Historia da Educación
Centro Facultade de Psicoloxía
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
• Saber analizar de xeito crítico as condicións e dimensións da pobreza e da desigualdade desde unha concepción da saúde como
estado de benestar.
• Coñecer, desenvolver e valorar diversos recursos e intervencións socio-comunitarias en situación de pobreza e exclusión social e aplicalos a situacións concretas.
• Estudar as características e variables socio-legais dos procesos migratorios, de asilo e de refuxio.
• Establecer a relación entre migración, desarraigamento e marxinación
• Saber desenvolver intervencións que promovan o arraigamento e a identidade, baseadas na integración, a promoción da tolerancia intergrupal e o valor da interculturalidade.
1. Pobreza e exclusión como negación de oportunidades e liberdades básicas.
2. Intervención psicosocial en situacións de pobreza e exclusión social.
3. Os fluxos migratorios en España. Fundamentación, causas, procesos e impacto social e cultural.
4. Percepción da inmigración en España. Achegas sociais, económicas e culturais da inmigración .
5. O desarraigamento, conceptualización e fundamentación. As claves do arraigo: traballo, natalidade, nacionalidade e escolarización.
6. Iniciativas, programas e estratexias de intervención con colectivos empobrecidos/inmigrantes.
Bibliografía básica e complementaria
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Cárdenas, M. (2018). Hasta la raíz: pedagogía para la reconstrucción del tejido social de familias víctimas del desarraigo. Nodos y Nudos, 6(45), 45-51. doi: 10.17227/nyn.vol6.num45-8325 https://dialnet.unirioja.es/servlet/revista?codigo=19254
Cortina, A. (2017). Aporofobia, el rechazo al pobre. Un desafío para la democracia. Paidós
España (2019) Estrategia nacional de prevención y lucha contra la pobreza y la exclusión social 2019-2023. Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social.
https://cutt.ly/BHQAGKm
FOESSA (2022). Evolución de la cohesión social y consecuencias de la Covid-19 en España. https://cutt.ly/nHlWRQM
OIM - ONU (2022). Informe sobre las migraciones en el mundo 2022. http://www.sela.org/media/3224655/migraciones-en-el-mundo-2022.pdf
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Agulló, E., Llosa, J. Menéndez, S., Rivero, M.L., Rúa, E, Ventosa, L. (coords) (2022) Inclusión social en infancia, adolescencia y juventud. Investigación e intervención social. EAPN Asturias. Avilés
Castles, S. (2010). Migración irregular: causas, tipos y dimensiones regionales. En Migración y Desarrollo, vol. 7, núm. 15, 2010, 49-80. https://cutt.ly/mHQE8Om
Consejo Económico y Social - España (2019). Informe 02|2019. La inmigración en España: efectos y oportunidades. Accesible en: https://cutt.ly/Nnsj5nz
Dias, M.A. (2017) Psicología de la exclusion social. Construcción de un concepto psicoinclusivo [Tesis de doctorado. Universidad de Extremadura]. Repositorio institucional Dehesa. http://hdl.handle.net/10662/6068
España (2020) Real Decreto-ley 20/2020, de 29 de mayo, por el que se establece el ingreso mínimo vital. Boletín Oficial del Estado, 154, del 1 de junio, https://cutt.ly/ynsk23l
FOESSA (2021) La exclusión social en España desde la perspectiva territorial. Una aproximación multidimensional en España y sus territorios. FOESSA.
Galicia (2013) Lei 10/2013 de inclusión social de Galicia. Diario Oficial de Galicia, 249, do 31 de decembro, 52521-52585. https://cutt.ly/EnskRVt
Gálvez, L. (2021) Proyecto de informe sobre la probreza de las mujeres en Europa 2021/2170 (INI). Parlamento Europeo. Comisión de Derechos de las Mujeres e Igualdad de Género. https://cutt.ly/SHQYuxn
Giménez, C., Valente, X. (2016) Una aproximación a la pobreza desde el enfoque de capacidades de Amartya Sen. Provincia, 35, (99-149). ISSN: 1317-9535. https://cutt.ly/ZHQQmpn
González-Arratía, N.I. (2018) Autoestima, Optimismo y Resiliencia en Niños en Situación de Pobreza. Revista Internacional de Psicología, 16, (1) 2-119.
Intermon-OXFAM (2023). La ley del más rico. https://acortar.link/Spmg5M
Karsz, S. (2004), La exclusión: bordeando sus fronteras. Definiciones y matices. Gedisa
Mesa, S. (2019). Silencio administrativo. La pobreza en el laberinto burocrático. Anagrama.
Mullainathan, S. e Shafir, E. (2016). ¿Por qué tener poco significa tanto? Fondo de Cultura Económica.
ONU (2020) Informe sobre pobreza en España. Relator especial sobre pobreza extrema y derechos humanos. https://cutt.ly/RnsflYa
Paugam, S. (2007). Las formas elementales de la pobreza. Alianza.
Pérez Muñoz, A. (2012). Un modelo explicativo procesual de la pobreza desde la psicología social comunitaria y el enfoque de los DDHH. [Tesis de doctorado. Universidad Complutense de Madrid]. E-prints Complutense. https://eprints.ucm.es/id/eprint/19915/1/T34309.pdf
Revista Educar(NOS) (2020), 91. Monográfico Las migraciones entre nosotros
Standing, G. (2018) La renta básica. Un derecho para todos y para siempre. Pasado&Presente
Stuckler, D. e Sanjay, B (2014). El coste humano de las políticas de recorte. Por qué la austeridad mata. Madrid: Taurus.
Terrón-Caro, T. & Campani, G. (Coords.) (2022) Migraciones, género e integración.
un enfoque internacional. Revista Cuestiones Pedagógicas, Nº 31, Vol. 1. (Monográfico) DOI: https://doi.org/10.12795/cp
UNESCO. (2019). Migración, desplazamiento y educación: construyendo puentes, no muros. informe de seguimiento de la educación en el mundo. https://acortar.link/Xm7ThU
BÁSICAS E XERAIS
CB8. Ser capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CG2. Saber elixir unha estratexia apropiada para manexar os problemas da disciplina, que se axuste ao contexto e ás competencias que uno/a mesmo/a posúe.
CG4. Saber formular propostas de investigación, pertinentes e actualizadas documentalmente, a partir do coñecemento da disciplina, da práctica profesional e das necesidades sociais, e levalas a cabo desde un punto de vista científico e innovador.
CG5. Demostrar capacidade para axustarse ao código ético e deontolóxico da psicoloxía, así como aos principios de igualdade de oportunidades e respecto á diversidade.
CG7. Saber deseñar e xestionar a prestación dos servizos, ben como empresa autónoma ou como parte dunha empresa privada ou institución pública, incluíndo o manexo de aspectos de xestión de persoal, de planificación e de organización.
TRANSVERSAIS
CT1. Demostrar capacidade de manexo de fontes documentais, selección, análise e síntese de información relevante de textos ou documentos científicos.
CT3. Demostrar capacidade de reflexión e razoamento crítico.
CT4. Demostrar capacidade para traballar en equipo e colaborar eficazmente con outras persoas.
CT5. Saber actualizar e desenvolver os coñecementos e as habilidades adquiridas, de acordo cos cambios da disciplina, os estándares e requisitos da profesión, e a normativa aplicable.
ESPECÍFICAS
CE1. Adquirir coñecementos avanzados e desenvolver capacidade de valoración crítica dos métodos e as técnicas psicolóxicas propias dos ámbitos do máster para o afrontamiento de problemas novos en contextos complexos.
CE2. Saber identificar as necesidades e os recursos dispoñibles para definir a actuación psicolóxica propia dos ámbitos do máster, a partir da integración dos coñecementos adquiridos, e da súa aplicación en contornas novas e/ou definidos de forma imprecisa.
CE5. Ser capaz de analizar e resolver situacións complexas, nos ámbitos específicos do máster, mediante o deseño, a programación e a implementación de estratexias para a solución de problemas.
CE6. Ser capaz de avaliar a eficacia das estratexias aplicadas a partir de criterios éticos e de calidade.
• Sesións expositivas
• Prácticas de aula (actividades prácticas, debates, dinámicas de grupo, simulacións, comentarios de lecturas, material audiovisual…)
• Lectura e análise de documentos
• Obradoiros/seminarios
• Titorización individual y grupal
ACTIVIDADES OBRIGATORIAS
a) Asistencia e participación activa nas sesións de clase.
c) Realización en grupos (2 persoas) dunha ficha-resumo das experiencias prácticas presentadas en aula.
d) Realización individual dun traballo monográfico arredor dalgún dos seguintes tópicos:
- Pobreza e exclusión social: marcos normativos
- Colectivos empobrecidos: características e estratexias de actuación
- Medidas e redes de inclusión social: Rendas de Inserción Social (RISGA, IMV, RBU)
- Políticas migratorias. Mobilidade, identidade e cidadanía
CRITERIOS
Actividade a) requisito para proceder á avaliación
Actividade b) 30% cualificación
Actividade c) 70% cualificación
Para proceder á avaliación da materia, será preciso ter realizadas e entregadas no prazo que se estableza (único para todo o alumnado) todas as actividades de avaliación especificadas.
Para superar a materia a cualificación mínima das fichas de experiencias en conxunto, e do traballo monográfico deberá ser de aprobado (5). De suspender unha das actividades, manterase a cualificación da aprobada e repetirase individualmente, para a segunda oportunidade, unicamente a actividade suspensa.
ALUMNADO EXCEPCIONALMENTE DISPENSADO DE ASISTENCIA
O alumnado excepcionalmente dispensado de asistencia, segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral da Universidade de Santiago de Compostela (https://cutt.ly/eb9KiQz), con exención total de docencia (https://cutt.ly/rb9KkQC) seguirá o seguinte proceso e criterios de avaliación:
a) Realización individual das prácticas indicadas a partir dos documentos web dispoñibles (30% da cualificación)
b) Realización individual do traballo monográfico (70% da cualificación)
O profesorado indicará en titoría persoal as características das prácticas (a) e do traballo monográfico (b)
Para proceder á avaliación da materia, será preciso ter realizadas e entregadas no prazo que se estableza (único para todo o alumnado) as actividades de avaliación especificadas.
Para superar a materia a cualificación mínima das prácticas e do traballo monográfico deberá ser de aprobado 5. De suspender unha das actividades, manterase a cualificación da aprobada e repetirase indivivualmente, para a segunda oportunidade, unicamente a actividade suspensa.
Todas as alumnas e alumnos matriculadas nesta materia, avaliaranse segundo os criterios e actividades sinaladas en calquera das oportunidades previstas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións” da USC.
HORAS PRESENCIALIDADE
Clases expositivas 10 100%
Clases interactivas de seminario 7 100%
Titorías individuais e/o en grupos reducidos 1 50%
Traballo persoal do/a alumno/a 51 0%
Realización de traballos 3 100%
Exposición de traballos 3 100%
Aconséllase un traballo continuado na materia, recomendándose prioritariamente:
- Unha lectura detida, reflexiva e crítica do Programa da materia.
- Xerar e manter un ritmo de traballo que permita a vinculación continuada cos procesos de ensinanza e aprendizaxe promovidos na materia.
- Tomar e facer operativas decisións que posibiliten unha adecuada organización no tempo, compatibilizando os requirimentos desta materia coas outras do master.
- Realizar lecturas complementarias de libros ou publicacións, xa sexan recomendadas polo profesorado, ou persoalmente seleccionadas, arredor dos temas obxecto de estudo.
-Facer uso das titorías como un dereito das e dos estudantes asociado a unha mellora significativa das posibilidades de aprendizaxe e de personalizar o proceso educativo atendendo a diferenzas de intereses, expectativas, problemáticas específicas, etc.
ASISTENCIA A CLASES
O Consello de Goberno de 25 de marzo de 2010 aprobou a Normativa de asistencia a clase nas ensinanzas adaptadas ao EEES (https://cutt.ly/Vb9VQQP ). Na mesma expóñense os beneficios da asistencia á clase, entre eles facilita unha “mellor comprensión da materia, a adquisición de competencias en grupos e individuais, a aprendizaxe continua, a interacción directa con outros alumnos e alumnas ou a posibilidade dunha metodoloxía docente-discente máis participativa”. Cabe lembrar que a USC é unha universidade presencial, polo que a asistencia a un mínimo do 80% das sesións de clase é obrigatoria.
CORREOS ELECTRÓNICOS
En todo o proceso de comunicación mediante correo electrónico profesoras-alumnado, empregarase exclusivamente o enderezo da USC (@rai.usc.es). O alumnado debe establecer as medidas que lle permitan ter un seguimento actualizado deste medio de comunicación.
USO DO MÓBIL E ORDENADOR
Queda restrinxido o uso de teléfono móbil e ordenador persoal na aula (presencial ou telemática) ao seu emprego como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polas docentes. A actividade académica (clases/titorías) é un proceso privado de comunicación e intercambio entre o/a docente e os alumnado matriculado na materia, responsabilizándose quen incumpra das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo, en cumprimento da normativa de protección de datos: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
NORMATIVA APA
Na realización das prácticas e traballos seguiranse as normas APA -Publication Manual of the American Psychological Association (APA). 7ª ed. Washington: APA, 2012-, que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.apastyle.org
Unha guía resumida en castelán pódese atopar na seguinte dirección: https://cutt.ly/Vb9BN8E
RESPONSABILIDADE AMBIENTAL NA ELABORACIÓN DE TRABALLOS
Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
Se os docentes da materia solicitan a entrega en papel, prégase cumprir as seguintes indicacións que
mellorarán a responsabilidade ambiental no emprego de recursos:
- Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios.
- Sempre que sexa posible empregar grampas en lugar de encanutillados.
- Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
- Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
- Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO
En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace: https://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
PROTECCIÓN DE DATOS Lémbrase a obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
German Vargas Callejas
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813820
- Correo electrónico
- german.vargas [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Ana Vazquez Rodriguez
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813818
- Correo electrónico
- ana.vazquez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Axudante Doutor LOU
Anais Quiroga Carrillo
- Departamento
- Pedagoxía e Didáctica
- Área
- Teoría e Historia da Educación
- Teléfono
- 881813890
- Correo electrónico
- anais.quiroga.carrillo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Mércores | |||
---|---|---|---|
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
Venres | |||
16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Galego | Aula 10 |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |
23.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 10 |