Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 85 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 125
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (Ofertada)
Matrícula: Non matriculable (Só alumnado repetidor)
O alumnado manexará as diferentes teorías sobre o desenvolvemento da identidade e da identidade de xénero, así como os múltiples mecanismos que interveñen no proceso de construción das identidades de xénero, adquirindo capacidade crítica con respecto aos complicados procesos de construción das devanditas identidades de xénero. Formaranse para actuar educativamente con vistas a modificar as condicións de socialización que interveñen nos procesos de construción das identidades de xénero, así como para valorar aspectos específicos vinculados ás identidades femininas e masculinas e o seu valor social.
BLOQUE I: Aproximacións teórico-explicativas dos procesos de construción da identidade de xénero
• • Proceso de construción de identidades de xénero: multifactorial e complexo
• • Modelos teóricos explicativos
• • Cara a teorías integradoras
BLOQUE II: Avaliación da identidade de xénero
• • Sandra Bem: Valoración da masculinidade, feminidade e androxinia
• • Os conceptos de Axencia/Comunidade e Instrumentalidade/Expresividade
• • Valoración das características socialmente valoradas e non valoradas dos roles e da identidade de xénero.
BLOQUE III: Intervención socioeducativa ante a diversidade afectivo-sexual e de xénero
• • Diversidade afectivo-sexual e interconexión entre diferentes desigualdades.
• • Aspectos normativos en materia de diversidade afectivo-sexual e de xénero: reflexións desde o ámbito socioeducativo.
• • Acompañamento e atención integral á diversidade afectiva sexual e de xénero.
Bibliografía Básica
Barberá, E. y Martínez Benlloch, I. (2011). Psicología y género. Pearson Educación.
Fernández, J. (Coord.) (1997). Género y sociedad. Ediciones Pirámide.
García-Mina, A. (2010). Desarrollo del género en la feminidad y la masculinidad. Narcea Ediciones.
Bibliografía Complementaria
Browne, J. (Ed.) (2007). The future of gender. Cambridge University Press.
Bussey, K. y Bandura, A. (1999). Social cognitive theory of gender development and differentiation. Psychological Review, 106(4), 676-713.
Colas Bravo, P. (2007). La construcción de la identidad de género: enfoques teóricos para fundamentar la investigación e intervención educativa. Revista de Investigación Educativa, 25(1), 151-166.
Gilligan, C. (1985). La moral y la teoría. Psicología del desarrollo femenino. FCF.
Hermelo Iglesias, M. (2010). Fios violeta. Xunta de Galicia.
Killermann, S. (2017). A guide to gender: The social justice advocate´s handbook (2ª ed.). Impetus Books Austin.
Ley 2/2014, de 14 de abril, por la igualdad de trato y la no discriminación de lesbianas, gays, transexuales, bisexuales e intersexuales en Galicia. (2014). DOG, 79, de 25 de abril.
Ley 4/2023, de 28 de febrero, para la igualdad real y efectiva de las personas trans y para la garantía de los derechos de las personas LGTBI. (2023). BOE, 51, de 1 de marzo.
Lynn, C. y Ruble, D. (2009). Patterns of gender development. Annual Review of Psychology, 61, 353-381.
Lynn, C., Ruble, D. y Szkrybalo, J. (2002). Cognitive theories of early gender development. Psychological Bulletin, 128(6), 903-933.
Missé, M. (2018). A la conquista del cuerpo equivocado (2ª ed.). Egales.
Platero, L. (2014). Transexualidades. Acompañamiento, factores de salud y recursos educativos. Bellalterra.
Skelton, C., Francis, B. y Smulyan, L. (Eds.) (2006). The Sage handbook of gender and Education. Sage.
Xunta de Galicia (2016). Protocolo educativo para garantir a igualdade, a non discriminación e a liberdade de identidade de xénero. https://www.edu.xunta.gal/portal/es/node/18883
Básicas y xeráis
• Posuír capacidade de comprensión, análise e síntese e capacidade de organización.
• Desenvolver un compromiso ético e deontolóxico
• Que o alumnado saiba aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
• Que o alumnado sexa capaz de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Transversais
• Ser capaz de realizar avaliacións e análises de políticas públicas e planificación didáctica dende unha perspectiva de interconexións e de xénero transversal.
• Posuír a capacidade de promover e xestionar a implantación de accións que favorezan a igualdade de xénero desde unha perspectiva transversal de xénero nos diferentes niveis da educación institucional formal, é dicir, a educación infantil, primaria e secundaria, e tamén nos ámbitos da educación. educación formal a nivel comunitario.
Específicas
• Ter unha formación científica básica e específica na materia de Educación, Xénero e Igualdade e capacidade para aplicar estes coñecementos en accións prácticas concretas en múltiples ámbitos como o social, educativo, cultural, económico, laboral, político e administrativo.
• Ser capaz de realizar e xestionar avaliacións de múltiples situacións sociais, culturais, educativas, económicas e políticas desde o punto de vista dos coñecementos científicos específicos da muller e do xénero.
• Ser capaz de realizar análises de datos empíricos referidos a elementos seleccionados da estrutura social desde a perspectiva da muller e do xénero.
• Clases maxistrais: 15 (100% de presencialidade)
• Clases interactivas: 20 (100% de presencialidade)
• Titorías: 5 horas (100% de presencialidade)
• Avaliación de traballos: 60%
• Avaliación continua: 40%
AVALIACIÓN NOS CURSOS SEN DOCENCIA
Dado que o máster é bienal e durante o segundo curso de cada edición non se contempla docencia presencial desta materia, o estudantado matriculado deberá contactar coas docentes responsables para precisar o sistema de avaliación. Se non se acordase outra cousa, a avaliación efectuaríase a partir de traballos ou actividades nas convocatorias previstas.
Traballo autónomo do alumno: 85 horas
- A asistencia á clase é obrigatoria, polo que non se pode faltar a máis do 20% das clases sen xustificación.
- Os/as estudantes con exención de docencia, deberán de contactar co equipo docente para acordar a o deseño do curso así como a avaliación forma de avaliación. Ademais, a súa cualificación máxima será do 70% da puntuación total, dado que non poderán conseguirse todos os obxectivos da materia.
- Os traballos realizados polo alumnado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
- Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
− E obrigatorio o uso da conta de correo rai.
− E obrigatorio o emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
− Non se poderá empregar o de teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que podan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
− E convinte ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
− E obrigatorio o cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
02.06.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |
01.07.2025 16:00-18:00 | Grupo de exame | AULA 3 (CAMPUS VIDA-Módulo A) |