Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 95 Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 35 Clase Interactiva: 15 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Dereito
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1. Coñecer os conceptos básicos e fundamentáis da psicoloxía forense como parte da psicoloxía.
2. Coñecer os eidos da psicoloxia forense.
3. Coñecer as ferramentas da psicoloxia forense para acadar as declaracións.
4. Coñecer as ferramentas da psicoloxia forense para acadar a avaliación do dano psicolóxico.
5. Coñecer as ferramentas da psicoloxia forense para acadar a avaliación das capacidades cognitivas e volitivas.
6. Coñecer os contidos máis relevantes relacionados coa avaliación psicoloxica do testemuño.
CLASES EXPOSITIVAS
Tema 1. Introdución á Psicoloxía Forense.
Tema 2. A psicoloxía forense: Consideracións legáis con implicacións psicolóxicas e marco de actuación psicolóxica-forense no campo legal.
Tema 3. A entrevista psicolóxica forense.
Tema 4. Avaliación do testemuño.
Tema 5. Avaliación psicolóxica forense.
CLASES INTERACTIVAS
Traballaranse contidos relacionados cos temas expositivos, de maneira interactiva. Prevense 4 semanas de clases interactivas. Empregaránse recursos como lecturas, buscas bibliográficas, informes en Internet, páxinas web, videos, etc. Os contidos interactivos abordaránse nas clases a través de proxectos que se irán indicando por parte dos profesores, establecendo de antemán si se elaborarán de maneira individual ou grupal. O resultado de cada proxecto recollerase no prazo indicado e será obxecto de avaliación.
Bibliografía básica
Andrés-Pueyo, A., Fariña, F., Novo, M., y Seijo, D. (2016). Avances en psicología jurídica y forense. Santiago de Compostela: Sociedad Española de Psicologia Juridica y Forense.
Delgado, S. (2012/2013) (Dir.). Tratado de medicina legal y ciencias forenses. Barcelona: Bosch.
Bull, R., Valentine, T., y Williamson, T. (2009). Handbook of psychology of investigative interviewing: Current developments and future directions. Chichester: John Wiley and Sons.
Granhag, P. A., y Strömwall, L. A. (2004) (Eds.). The detection of deception in forensic contexts. Cambridge, UK: Cambridge University Press.
Rogers, R., y Bender, S. D. (Eds.) (2018). Clinical assessment of malingering and deception (4a ed.). New York; NY: Guilford Press.
Vrij, A. (2008). Detecting lies and deceit: Pitfalls and opportunities. Chischester, UK: John Wiley and Sons.
Bibliografía complementaria
Arce, R., y Fariña, F. (2012). La entrevista psicológico forense a niños, adultos y discapacitados. En S. Delgado (Dir. Tratado). Tratado de medicina legal y ciencias forenses. S. Delgado, F. Bandrés, y A. Tejerina (Coords.), Tratado de medicina legal y ciencias forenses: Vol. V. Pediatría legal y forense. Violencia. Víctimas (pp. 795-817). Barcelona: Bosch.
Arce, R., y Fariña, F. (2013). Psicología forense experimental. Testigos y testimonio. Evaluación cognitiva de la veracidad de testimonios y declaraciones. En S. Delgado (Dir. Tratado), y S. Delgado, y J. M. Maza (Coords., Vol. V), Tratado de medicina legal y ciencias forenses: Vol. V. Psiquiatría legal y forense (pp. 21-46). Barcelona: Bosch.
Arce, R., y Fariña, F. (2013). Evaluación psicológica-forense en casos de violencia de género: El Sistema de Evaluación Global (SEG). En S. P. Colín, E. García-López, y L. A. Morales (Eds.), Ecos de la violencia, voces de la reconstrucción (pp. 95-120). Morelia, Michoacán, México: Servicio de Publicaciones de la Universidad de Morelia.
Arce, R., y Fariña, F. (2014). Práctica de la prueba psicológica-forense: El Sistema de Evaluación Global (SEG). En C. Chan, C. Estrada, y F. J. Rodríguez (Eds.), Aportaciones a la psicología jurídica y forense desde Iberoamérica (pp. 47-61). México, DF: Manual Moderno.
Graham, J. R. (2011). MMPI-2: Assessing personality and psychopathology (5a ed.). New York, NY: Oxford University Press.
Greene, R. L. (2011). The MMPI-2/MMPI-2-RF: An interpretive manual (3a ed.). Boston, MA: Allyn & Bacon.
XERAIS (CX)
CX2. Capacidade para reflexionar de maneira crítica e construtiva e para argumentar e expresarse organizada e razoadamente, tanto na comunicación oral como na escrita (CG instrumental).
CX3. Capacidade para identificar e explicar problemas sociais complexos no eido da Criminoloxía e para aplicar as estratexias axeitadas para resolvelos, traballando con unha perspectiva sistémica que faga posible a sua consideración analítica e sintética (CG instrumental).
CX6. Capacidade para reunir, interpretar e sintetizar datos e informacións relevantes (en particular a través da rede informática), dentro da sua área de estudio (CG instrumental).
CX7. Capacidade para transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado, utilizando unha linguaxe (xurídica, médica, psicolóxica, sociolóxica e técnica) correcta (CG instrumental).
ESPECÍFICAS(CE)
CE2. Capacidade para valorar os fundamentos metodolóxicos e científicos das diversas teorías relevantes sobre o delito, o delincuente, a victimización e as respostas ante o delito e a desviación.
CE4. Competencia para proporcionar ao xuiz coñecementos científicos sobre os sucesos delictivos enxuiciados, a personalidade do autor, os factores criminóxenos existentes e o tipo de resposta aplicable, todo elo da man dun correcto empleo dos conceptos e as teorías criminolóxicas, así como para efectuar tarefas de asesoramento en relación coa interpretación dos informes forenses.
CE10. Comprensión e aplicación dos principais coñecementos “teórico-empíricos” proporcionados pola investigación “bio-psico-social” sobre o feito delictivo e a conducta antisocial.
CE19. Capacidade para analizar, valorar e comunicar información empírica sobre o delito, o delincuente, a víctima e os medios de control social, a través da análise tanto dos distintos medios de comunicación social, como das estadísticas policiais e xudiciais nas que apareza reflexada, así como das enquisas de victimización.
As clases expositivas consisten en sesións expositivas e / ou demostrativas de contido teórico da materia. Para profundar e reforzar os contidos expostos, contémplanse clases interactivas que favorecen a adquisición das competencias específicas da materia, así como unha aprendizaxe significativa. Ademais, estas clases prácticas están destinadas a que os estudantes adquiran as habilidades procesuais e de investigación da materia. As titorías son unha relación directa e presencial, para asesoramento continuo e profundización nos contidos teóricos e prácticos do traballo do estudante, así como responder a preguntas.
A nota final dos estudantes estará formada do seguinte xeito:
a) Para a avaliación dos contidos expositivos aplicarase un sistema de avaliación mediante unha proba de coñecemento que terá un peso na nota final do 60% (6 puntos sobre 10).
b) Avaliaranse as clases interactivas a través de varios indicadores (asistencia, participación, informes que se entregarán para cada clase). Por mor de verificar a participación nas tarefas grupais a asistencia e obrigatoria as sesións interactivas. De non poder asistir teranse que realizar individualmente. O peso na cualificación final será do 40% (4 puntos sobre 10).
c) Para pasar a materia será preciso ter aprobado tanto a parte expositiva como interactiva.
As datas e horas da revisión do exame estableceranse e desenvolveranse de acordo coa normativa interna da USC.
O mesmo sistema de avaliación aplicarase a todas as convocatorias. Así, no caso de non superar a materia na convocatoria de maio a xuño (1ª oportunidade), na convocatoria de xullo (2ª oportunidade) só se repetirá a proba obxectiva, mantendo a puntuación obtida nas actividades desenvolvidas ao longo do curso. De non haber aprobado a parte interactiva na primeira oportunidade, terán que facerse individualmente os informes requeridos en clase durante o curso para a segunda oportuidade.
Os estudantes que, en virtude dun acordo adoptado pola Xunta da Facultade de Dereito, obteñan a exención docente para esta materia, terán que realizar, ademais da proba final, as tarefas e informes das clases interactivas de modo individual. Isto será titorizado e substituirá a súa presenza física e participación nas clases interactivas.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos da normativa de permanencia na USC enténdese que a única actividade evaluable é o exame.
Actividades formativas co seu contido en horas para o alumnado:
I. Traballo presencial na aula
- Docencia expositiva: 35 H
- Docencia interactiva: 15 H
- Titorías en grupo reducido: 5 H
II. Traballo persoal do alumnado
- Estudio individual ou en grupo: 65 H
- Resolución de casos prácticos e outros traballo: 20 H
- Leccións e debates: 5 H
- Asistencia a conferencias: 5 H
Recoméndase aos alumnos que dende o comenzó do curso se fagan co material da disciplina. É altamente recomendable a asistencia (presencial ou online) regular ás clases para aclarar conceptos, intervenir nas discusións prácticas, consultar dúbidas e tomar anotacións sobre as ideas que se captaron e interiorizaron. O alumnado ha de intentar que o tempo adicado ao estudo sexa o mais continuo e estandarizado posible, levando a cabo un seguimento autónomo, alomenos semanal, do explicado nas clases.
Os obxectivos da materia están aliñados cos ODS (Axenda 2030) e contribúen a que o alumnado coñeza os ODS 3, 5 e 16, e a que os relacione cos contidos tratados na materia.
Ramón Arce Fernández
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881813853
- Correo electrónico
- ramon.arce [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Alvaro Montes Campos
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- alvaro.montes.campos [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral Ministerio
Mércores | |||
---|---|---|---|
18:00-20:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
Xoves | |||
18:00-20:00 | Grupo clases expositivas | Castelán | Aula 16 |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 4 |
13.01.2025 16:00-18:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |
17.06.2025 18:00-20:00 | Grupo clases expositivas | Aula 5 |