Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 148.7 Horas de Titorías: 1 Clase Interactiva: 0.3 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Prácticas Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Dereito Público Especial e da Empresa
Áreas: Dereito do Traballo e da Seguridade Social
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Prácticas en Empresas de Grao e Máster
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O desenvolvemento das Prácticas Externas terá como finalidade a posta en práctica polos/ as alumnos/ as dos coñecementos, destrezas e habilidades adquiridos ao longo do Máster.
Consiste na realización de prácticas mediante un sistema de permanencia regrada nunha empresa, organismo ou institución administrativa, económica ou profesional, de carácter público ou privado, así como na elaboración dunha memoria na que se plasme a experiencia da realización das mesmas.
As prácticas teñen como obxectivo fundamental complementar a formación teórica dos/ as estudantes e facilitar a súa inserción no mundo laboral. Permitirán a asimilación por parte dos/ as estudantes da realidade institucional e empresarial da súa contorna no ámbito das súas respectivas profesións futuras.
Perséguese, en concreto:
A formación integral no ámbito de estudo do título, equilibrando a formación teórica e a práctica.
A adquisición das competencias propias do título.
A obtención de experiencia profesional que facilite a empregabilidade e a inserción máis adecuada no mercado laboral.
O desenvolvemento da capacidade de decisión, do espírito crítico e da capacidade de traballo en equipo
Non procede
Aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas relacionadas coa súa área de estudo.
Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema. Traballar individualmente e en equipo.
Expoñer e defender adecuadamente, de forma oral e/ou escrita, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa especialidade.
Coñecer, seleccionar e ser capaz de aplicar as normas laborais e de seguridade social en modo compatible coas esixencias de asesoramento e xestión en materia de contratación e emprego, seguridade social e protección social complementaria.
Identificar os problemas expostos polas relacións laborais e determinar as súas posibles solucións.
As prácticas nas empresas ou institucións efectuaranse no horario prefijado e consistirán na realización das tarefas asignadas a cada estudante e que estarán relacionadas cos coñecementos teóricos adquiridos no Máster.
A Universidade e a empresa ou institución receptora nomearán senllos titores de prácticas para o seguimento da aprendizaxe do alumno. O titor ou a titora na empresa ou institución, encargarase do seguimento do proceso formativo na mesma, impulsará a realización das prácticas e emitirá informe sobre o seu contido e avaliación. O titor ou a titora académico/a terá a misión de garantir o correcto desenvolvemento das prácticas, dar resposta ás expectativas formativas establecidas e informar en primeira instancia sobre a Memoria Final de prácticas.
Ao longo das prácticas o alumno poñerase periodicamente en contacto co seu titor/a académico/a para darlle conta do seu desenvolvemento.
Ao finalizar as prácticas na correspondente empresa / institución, cada alumno/a, de forma individual, elaborará e entregará ao titor ou á titora académico/a unha Memoria Final descritiva e explicativa do seu desenvolvemento.
O titor académico ou a titora académica avaliará as prácticas desenvolvidas, cumprimentando o correspondente informe de valoración final que deberá ter en conta o seguimento levado a cabo, o informe do titor ou titora empresarial e a memoria final entregada polo estudante. O réxime de cualificación será o mesmo que para as restantes materias.
O 70% da cualificación dependerá do titor empresarial, mentres que o 30% restante determinarao o titor académico, á luz do seguimento realizado e da memoria final.
Se transcorrido o prazo sinalado polo coordinador ou a coordinadora do máster (DEZ DÍAS), o estudante non entregase a Memoria Final das prácticas, a cualificación será de “non presentado”.
Horas necesarias para a elaboración da Memoria persoal ( aprox. 10 horas).