Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 100 Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego, Inglés
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
O Obxectivo da materia e introducir os alumnos nos fundamentos da auditoría sociolaboral para que coñezan cómo se poden realizar as auditorías da xestión de recursos humanos nas organización e cómo esas auditorías poden axudar a tomar decisión directivas. Os alumnos teñen que distinguir e coñecer os diferentes procesos e sistemas integrados de xestión dos recursos humanos nas organizacións e cómo se poden auditar para obter un diagnóstico e una proposta de actuación. Outro obxectivo importante e que os alumnos familiarícense con algunhas ferramentas e técnicas necesarias para entender o funcionamento da auditoría sociolaboral (mostra, cuestionarios, conceptos estatísticos, etc.)
Entre os obxectivos máis específicos atópanse os seguintes, que os alumnos teñen que ser capaces de realizar ó remate do curso:
- Describir qué é una auditoría sociolaboral e o seu interese para a eficacia da función de emprego nas organización.
- Diferencialos distintos tipos de auditorías sociolaborais.
- Desenrolar unha auditoría sociolaboral, en particular, as referidas á prevención de riscos laborais, de calidade e de custes da xestión dos recursos humanos.
- Coñecer os métodos e técnicas para realizar auditorías sociolaborais, en especial as enquisas, identificando as súas características, vantaxes e limitacións.
- Elaborar un informe de auditoría sociolaboral.
1. Introdución á empresa, Organizacións e Entorno.
- As empresas e o mundo interior.
- O entorno e o mundo exterior.
- Os retos da organización.
- A implantación das políticas de RRHH
- A estructura organizativa.
- Modelos e tipos de autoridad
2. Introdución á Auditoría Sociolaboral.
- A Auditoría e a Auditoría sociolaboral.
- Beneficios da Auditoría Sociolaboral.
- Tipos de auditoría.
- A auditoría en España.
- O funcionamento das grandes firmas de auditoría.
3. Organización do Traballo de Auditoría:
- Etapas do Traballo.
- Elección e nomeamento dos auditores.
- Planificación e programas de traballo.
- Orzamentos.
4. Métodos e Ténicas de análisis nas Auditorías:
- Técnicas de auditoría.
- Ratios.
- Características requiridas e uso das probas.
- Uso de ferramentas estatísticas.
- Papeis de traballo.
- As habilidades analíticas na práctica.
5. Informes de Auditoría
- Elementos que compoñen o informe.
- Estilo e redacción dos informes.
- Tipos de informes.
- Difusión dos informes de auditoría.
- Informes de recomendacións.
6. Auditoría da estratexia de RR. HH.
- Obxectivos da auditoría da estratexia de recursos humanos.
- Influenza e análise do entorno: xenérico e específico.
- Análises interno.
- Opcións estratéxicas: niveis e tipoloxía.
7. Métodos de Auditoría en RR.HH.
- Método basado nos indicadores chave
- Método basado na reputación.
- Método analítico.
- Método estratéxico.
8. O Análise da utilidade económica da Intervención Organizacional como Auditoría Sociolaboral:
- ¿Qué é o AUE?
- Elementos e Indicadores para o UAE.
- Os modelos do AUE.
- Aplicacións del AUE.
Bibliografía Básica
- Del Bas, E., Calvo, R. y García, M.A. (2015). Auditoría Sociolaboral. Teoría y práctica de una herramienta para la gestión de los RRHH.
- Fuentes, F.J. (Director y Coordinador), 2005. Introducción a la Auditoria Sociolaboral. Murcia: Diego Marín.
- Saitua, A. & Vázquez, I. 2001. La Auditoría estratégica de la función de Recursos Humanos. En E. Albizu & J. Landeta, (Coordinadores), “Dirección Estratégica de los Recursos Humanos. Teoría y Práctica”, pp. 323-376. Madrid: Ediciones Pirámide.
Bibliografía Complementaria
- Barranco, F.J. (1993). Planificación estratégica de Recursos Humanos. Del Marketing interno a la planificación. Pirámide.
- Bonache, J. y Cabrera, A. (Directores). 2005. Dirección Estratégica de Personas. Prentice-Hall.
- Chiavenato, I. (2008). Administración de los Recursos Humanos. McGraw-Hill.
- De la Poza, J.M. (1993). Principios de auditoria sociolaboral. Deusto.
- Gómez-Mejía y otros (2008): Gestión de Recursos Humanos. Prentice-Hall.
- Quijano, S.D. (2006). Dirección de recursos humanos y consultoría en las organizaciones. Icaria.
- Salgado, J. y Moscoso, S. (2001). Entrevista Conductual Estructurada de Selección de Personal. Teoría, práctica y rentabilidad. Pirámide.
Competencias/Destrezas/Habilidades:
- Adquisición e desenrolo de coñecemento de diferentes técnicas de análise e diagnostico de procesos de xestión de recursos humanos.
- Adquisición y desenrolo de coñecemento de conceptos estatísticos básicos e dos conceptos psicométricos de fiabilidade e validez das medidas
- Adquisición e desenrolo de coñecemento de distintos indicadores de custes da xestión de recursos humanos.
- Adquisición y desenrolo de coñecemento do rol do auditor sociolaboral.
- Adquisición de coñecemento de cómo se poden xestionar os procesos de elaboración dunha auditoría sociolaboral.
- Adquisición de coñecemento de diferentes técnicas e ferramentas necesarias para poder entender, medir e solucionar situacións e procesos de xestión de recursos humanos laborais (accidentes, riscos, liderado, calidade, etc.).
- Desenrolo de habilidades de traballo en equipo.
- Desenrolo de destrezas de relación interpersonal.
- Desenrolo de habilidades de liderado.
- Desenrolo de destrezas de comunicación e presentación formal
As actividades interactivas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios, tarefas e simulacións para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as habilidades específicas (a nivel elemental) necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de pequenos grupos nos que, ademais de desenvolver competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia, os estudantes practicarán habilidades de comunicación oral. Ademais de todo isto, ao longo do curso os estudantes poderán participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia, así como terán que realizar varias lecturas obrigatorias.
As actividades de avaliación teñen un dobre aspecto; Por unha banda, as actividades de avaliación continua permitirán aos estudantes ter un feedback constante sobre a súa progresión ao longo do curso, respecto do seu grao de adquisición de competencias tanto en coñecementos como en técnicas e actitudes; mentres que os exames parciais e finais tratarán de avaliar o nivel de coñecementos adquiridos polo suxeito sobre os contidos dos temas incluídos no programa da materia.
Ademais, o estudante terá á súa disposición, no Campus Virtual da USC, unha aula electrónica para apoiar a docencia presencial da materia de Auditoría Sociolaboral, onde atopará multitude de ferramentas que facilitarán varios tipos alternativos de actividades. relacionados coa docencia, traballo en grupo ou titoría personalizada (grupos de traballo virtuais, titorías en liña, foros de discusión, etc.).
A asistencia á exposición e ás sesións interactivas é obrigatoria, salvo por razóns xustificadas, para aprobar o tema.
A avaliación das competencias específicas da materia máis relacionadas coa adquisición de coñecementos teóricos e prácticos realizarase mediante o exame final e / ou os exames parciais que valerán o 70% da nota final. O exame presencial terá dúas partes, unha maior con preguntas tipo test e outra máis pequena con preguntas tipo ensaio (exercicios estatísticos, desenvolvemento de contidos, etc.). No caso de que non se poida facer un exame presencial e tivera que facerse telemáticamente, o exame consistiría só en preguntas tipo ensaio.
A avaliación tanto das competencias específicas como das relacionadas coa titulación basearase no rendemento dos estudantes en cada unha das actividades interactivas (proxectos individuais, proxectos en grupo, análise de casos, traballo, lecturas, etc.). Esta parte valerá un 30%.
A nota final obterase a partir da media ponderada da parte expositiva máis a parte expositiva; A superación da materia implica ter obtido polo menos 5 puntos sobre 10 en ambalas partes, expositiva e interactiva.
Os estudantes aos que se lles conceda a exención de asistencia, seguindo a instrución nº 2017 da Secretaría Xeral sobre a renuncia á asistencia a clase en determinadas circunstancias, serán avaliados cun exame final, que representará o 70% da nota final e coa avaliación dos exercicios, informes, etc. referíndose a temas do programa, que suporán o 30% da nota final. A nota final obterase a partir da media ponderada da parte expositiva máis a parte expositiva; A superación da materia implica ter obtido polo menos 5 puntos sobre 10 en ambalas partes, expositiva e interactiva.
A realización fraudulenta de calquera exame, exercicios, informes, etc., total ou parcial, que poidan ser obxecto de avaliación para a materia implicará a cualificación SUSPENSO, independentemente do proceso disciplinario que se segue contra o alumno infractor.
(DOG Nº 140, xoves, 21 de xullo de 2011, páx.20529). Universidade de Santiago de Compostela. RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2011 pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, aprobada no Consello de Goberno do 15 de xuño de 2011.
Artigo 16. Realización fraudulenta de exercicios ou probas. A realización fraudulenta dalgún exercicio ou proba exixida na avaliación dunha materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria correspondente, con independencia do proceso disciplinario que se poida seguir contra o alumno infractor. )
Tempo de estudo e de traballo persoal para superar a materia: (tempo aproximado)
Horas presenciais: 20 horas teóricas e 22 horas prácticas. ECTS= 18
Elaboración de materiais para clases, lecturas e casos: 30 horas
Preparación de exames: 30 horas.
Os alumnos deberán levar a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como prácticas xa que se trata dunha materia anual cun temario amplo.
Praxio e uso indebido das tecnoloxías:
A realización fraudulenta de calquier exame, exercicios, informes, etc., de maneira total ou parcial, que poida ser obxeto de evaliación para a materia implicará a calificación de suspenso na convocatoria vixente de acordo co artigo 16 recollido na “Normativa de evaluación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de calificacións”.
Mario Antonio Lado Campelo
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Teléfono
- 881815164
- Correo electrónico
- mario.lado [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Profesor Contratado/a Doutor
Martes | |||
---|---|---|---|
16:00-20:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula Joaquín Vidal |
21.05.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |
19.06.2025 17:00-19:00 | Grupo /CLE_01 | Aula 9 |