Créditos ECTS Créditos ECTS: 12
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 198 Horas de Titorías: 6 Clase Expositiva: 48 Clase Interactiva: 48 Total: 300
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Prácticum Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía, Pedagoxía e Didáctica, Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Psicoloxía Social, Didáctica e Organización Escolar, Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Teoría e Historia da Educación, Socioloxía
Centro Facultade de Ciencias da Educación
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
1) Desenvolver habilidades comunicativas e de traballo grupal.
2) Coñecer e aplicar técnicas de observación do contexto profesional.
3) Analizar necesidades e demandas formativas e laborais en contextos experienciais.
4) Deseñar propostas de intervención axustadas ás necesidades e demandas das institucións e da poboación destinataria.
5) Elaborar e redactar informes, memorias técnicas e propostas de intervención.
1) Mellora das relacións interpersoais e desenvolvemento de habilidades de comunicación interpersoal.
2) A observación da situación contextual e das dinámicas de traballo institucional.
3) Análise e identificación de necesidades.
4) Selección de técnicas e recursos adaptadas ás necesidades do contexto e ás demandas das persoas destinatarias.
5) Deseño de programas, accións ou actividades no contexto de prácticas.
6) Elaboración e redacción de memoria técnica sobre o traballo desenvolvido.
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA
Susinos, T. e Saiz, A. (2016). Los problemas pedagógicos son mis aliados. El practicum como un proceso de reflexión e indagación colaborativa. Revista de Investigación en Educación, 14(1), 5-13.
De Vicente, P. S. e Molina, E. (Coords.) (2001). Salidas profesionales de los estudiantes de Pedagogía. Un reto para el prácticum. FCCE/Universidad de Granada.
Domingo-Roget, A. (2014). La práctica reflexiva: bases, modelos e instrumentos. Narcea.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA
Álvarez, M. (2001). Diseño y evaluación de programas de educación emocional. CISSPRAXIS
Álvarez Rojo, V. (coord.) (2002). Diseño y evaluación de programas. EOS.
Ander-Egg, E. (2005). Cómo elaborar un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales. Humanitas.
ANECA (2005). Título de grado en Pedagogía y Educación Social: Libro Blanco. V.1. Agencia Nacional de Evaluación de la Calidad y Acreditación.
Colegio Doctores y Licenciados en Filosofía y Letras de Madrid (2012). La figura del pedagogo hoy. Monográfico Apuntes de Pedagogía, (231), 1-16.
Expósito, J. e Olmedo, E. (2006). La evaluación de programas. Teoría, investigación y práctica. Grupo Editorial Universitario.
García Aguilera, F. J. e Aguilar Cuenca, D. (2011). Competencias profesionales del pedagogo: Ámbitos laborales y nuevos yacimientos de empleo. Aljibe.
Gavari, E. (Coord.) (2007). Estrategias para la intervención educativa: Practicum. Centro de Estudios Ramón Areces.
BÁSICAS E XERAIS
CB1 - Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e adóitase atopar a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CX4 - Aplicar os coñecementos teóricos e metodolóxicos necesarios para a planificación, programación e avaliación de accións formativas en contornas presenciais e virtuais, así como para a organización, desenvolvemento e xestión de programas e equipos educativos.
CX7 - Elaborar, xestionar e/ou facer uso directo dos recursos documentais, metodolóxicos e materiais que comporte o desenvolvemento da súa profesión e que poderán concretarse na redacción e difusión de informes, utilización de estratexias e métodos educativos, equipamentos e infraestruturas, etc.
TRANSVERSAIS
CT2 - Relacionarse con outras persoas e grupos, con especial énfase no traballo en equipo e na colaboración con outros profesionais.
CT7 - Demostrar profesionalidade integrando teoría e práctica.
ESPECÍFICAS
CE2.3 - Deseñar plans de formación, programas e propostas innovadoras de formación e desenvolvemento dos profesionais e dos recursos formativos.
CE6.3 - Deseñar, desenvolver e avaliar programas orientadores de inserción laboral.
CE1.3 - Diagnosticar as necesidades educativas de desenvolvemento educativo das persoas e das organizacións.
Tendo en conta a natureza especial da materia, as actividades que se desenvolvan na Facultade irán orientadas nun primeiro momento a predispoñer e asesorar ao alumnado para o período de estadía nos centros e, a posteriori, orientaranse a reflexionar sobre as experiencias vividas e as tarefas realizadas (paralelamente ao desenvolvemento da propia estadía). A metodoloxía docente será, polo tanto, manifestamente interactiva e participativa.
O desenvolvemento da materia integra cinco fases, non necesariamente consecutivas, pero todas elas de ASISTENCIA OBRIGATORIA PARA O ALUMNADO, nas que se realizarán actividades diversificadas e pertinentes a cada momento. Daquela, tocante ao calendario no que se materializará a actividade de Prácticum, procederase do xeito que se indica a continuación:
- FASE DE ORGANIZACIÓN
Antes da incorporación do alumnado aos centros de prácticas dende o Vicedecanato correspondente convocarase ao alumnado, a fin de concretar os termos baixo os que cada estudante realizará a fase de estadía da materia. O alumno ou alumna que non asista a estas xuntanzas ou non cumpra con rigor cos prazos e trámites a realizar nesta fase, decaerá do seu dereito a continuar na materia.
- FASE DE PREPARACIÓN
Constará dunha sesión presencial cos supervisores/as asignados. A sesión poderá ser individual ou grupal para o alumnado que comparte supervisor/a, quen convocará a esas/eses estudantes para os días, horas e aulas que máis lles conveñan ás dúas partes.
- FASE DE ESTADÍA
Período durante o cal o alumnado de Prácticum permanece nos centros colaboradores para desenvolver as súas prácticas académicas.
- FASE DE SEGUIMENTO
Sesión presencial en pequeno ou gran grupo, dirixida polas supervisoras e supervisores correspondentes. A súa temporalidade é simultánea á fase de estadía e os obxectivos son guiar e dinamizar o proceso iniciado e resolver dúbidas e situacións conflitivas que puideran xurdir durante a fase de estadía.
-FASE DE REFLEXIÓN
Sesión presencial en pequeno ou gran grupo, dirixida polas supervisoras e supervisores correspondentes. A súa temporalidade é posterior á fase de estadía e os obxectivos son orientar a análise do proceso de prácticas, estimular a aprendizaxe entre iguais a partir das diversas experiencias vivenciadas e guiar a elaboración dos documentos a entregar para a avaliación.
Tendo en conta os obxectivos, contidos e competencias deste Prácticum, o sistema de avaliación constará dos seguintes elementos coa súa ponderación na cualificación final:
1. A asistencia e participación nas sesións expositivas (presentación da materia, etc.), titorías (e se é o caso, nas sesións de seminario que se organicen polo conxunto do profesorado da materia) e seguimento do desenvolvemento do Prácticum por parte do/a profesor/a supervisor/a, fundamentalmente a través das titorías e do contacto coa institución (20%).
2. A valoración do/a titor/a da institución sobre a/o estudante (30%).
3. Calidade da memoria final (30%).
4. Calidade do proxecto de intervención (20%).
É requisito imprescindible para superar a materia o cumprimento dos prazos e procedementos en todas as fases do proceso de realización do Prácticum (asistencia ás sesións organizativas do Prácticum fixadas, asistencia ás titorías obrigatorias, desenvolvemento do período na institución nas datas oficiais aprobadas, entrega da memoria e/ou proxecto na data fixada), tal e como indica o Regulamento de Prácticas Académicas Externas da Universidade de Santiago de Compostela.
Para superar a materia será imprescindible acadar o 50% da puntuación máxima de cada un dos apartados. A información detallada do peso de cada elemento recollerase na Guía da materia.
2ª OPORTUNIDADE: O alumnado que tendo asistido ás sesións organizativas e titorías obrigatorias, desenvolto adecuadamente o seu período na institución e tendo un informe favorable do titor/a da institución non entregue a memoria e/ou o proxecto na data fixada para a 1ª oportunidade ou estes non se avalíe/n positivamente, poderá entregar a memoria e/ou o proxecto na data que se fixe para a 2ª oportunidade.
O alumnado que non acade unha valoración positiva nos apartados 1 e 2 do sistema de avaliación non poderá superar a materia neste curso académico (o período na institución non é recuperable dentro do mesmo curso académico).
Atendendo ao contemplado no artigo 3.5 da Resolución do 15 de xuño de 2011, pola que se publica a Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións, o alumnado que asistira ás sesións organizativas e titorías obrigatorias, desenvolvera adecuadamente o seu período na institución e tendo un informe favorable do titor/a da institución, non entregue a memoria na data fixada para a 1ª e 2ª oportunidade (ou esta non se avalíe positivamente) no seguinte curso académico non terá que volver a desenvolver o seu Prácticum na mesma ou noutra institución, manténdose a cualificación deses apartados e tendo só que elaborar a memoria de Prácticum para ser avaliado/a.
EXENTOS/AS E DISPENSAS: Pola súa natureza, non se poderá ter exención oficial desta materia nin dispensa.
Os traballos dos estudantes deberán ser orixinais. Ante a súa realización fraudulenta será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións.
A efectos avaliativos, un mesmo traballo non pode ser utilizado para varias materias, agás nas actividades programadas de forma coordinada.
PERÍODO DE ESTADÍA: indicada no calendario oficial.
A seguinte relación de actividades reflicte a distribución de créditos ECTS desta materia establecidos na Memoria Verificada da Titulación:
- Horas de presencialidade na Facultade (sesións de organización, preparación, seguimento e reflexión): 40 horas.
- Horas de estadía no centro de prácticas adscrito: 180 horas.
- Horas de traballo autónomo da/do estudante: 80 horas.
- Horas totais de dedicación á materia: 300 horas.
NOTA ACLARATORIA: Infórmase ao alumnado que o tempo que se recoñece aos/as supervisores/as por cada alumno/a supervisado é de 2 horas.
REQUISITO PREVIO: Para que o alumnado poida cursar o Prácticum I é requisito ter superado a materia de “Contextos educativos”.
OUTRAS RECOMENDACIÓNS:
- Ler a guía docente que o profesorado ofrecerá a inicios de semestre. Nese documento detallaranse con máis concreción numerosos aspectos referentes ao desenvolvemento da materia, nomeadamente os relativos a actividades de aprendizaxe e instrumentos e criterios de avaliación.
- Visita e consulta da Aula Virtual da materia, na que se establecerán as novas, informacións, documentación e outras cuestións pertinentes para a materia, así como a páxina web da facultade no relativo ás prácticas.
- Participar activamente en todas as sesións presenciais da materia na Facultade, así como asistir con boa disposición ao centro de prácticas todos os días da fase de estadía. As prácticas desenvólvense nun contexto laboral onde é preciso comportarse axeitadamente, mostrar espírito de iniciativa e dispoñibilidade para colaborar cos profesionais do centro, reflexionar sobre o que acontece, e rigor e compromiso.
- É importante recordar que non se poden realizar fotografías dos usuarios/as dos centros sen previo permiso do centro. Ademais está totalmente prohibido publicar información en calquera soporte de menores ou do centro máis alá da Memoria de Prácticas (por exemplo, en redes sociais).
- Tal e como se indica no Regulamento de prácticas académicas externas da Universidade de Santiago de Compostela o alumnado deberá ter en conta as obrigas e recomendacións do plan de estudos en relación coa organización temporal dos estudos e a realización das prácticas externas. Ademais, é requisito fundamental non manter ningunha relación contractual coa empresa, institución ou entidade pública ou privada na que se van realizar as prácticas.
- Os contidos deste programa respecto destes aspectos así como doutros fundamentais e de obrigado cumprimento concrétanse na Guía docente, en consonancia co resto da normativa correspondente.
É obrigatorio realizar a estancia de Prácticum no período establecido no calendario aprobado pola Xunta de Facultade e pola Comisión de Coordinación do Prácticum.
OUTRAS OBSERVACIÓNS:
- A entrega da memoria e proxecto de intervención realizarase exclusivamente a través do Campus Virtual, nunha tarefa habilitada a tal efecto.
- Perspectiva de xénero: Recoméndase facer uso da linguaxe non sexista, tanto no traballo cotián de aula como nos traballos académicos encomendados. Pode obterse información ao respecto no enlace:
http://www.usc.gal/gl/servizos/area/igualdade/cultura-institucional
- Obrigatoriedade de uso da conta de correo institucional rai como medio de comunicación entre o profesorado supervisor, o profesorado titor, as coordinacións, etc.
- Obrigatoriedade de emprego das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola universidade.
- Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
- Ter en conta que o ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é un proceso privado, enténdase privado como proceso de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
- Obrigatoriedade do cumprimento da normativa de protección de datos https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos