Créditos ECTS Créditos ECTS: 4.5
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 74.2 Horas de Titorías: 2.25 Clase Expositiva: 18 Clase Interactiva: 18 Total: 112.45
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Ciencia Política e Socioloxía
Áreas: Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
Centro Facultade de Relacións Laborais
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable
O obxectivo desta materia é que o alumnado adquira diversos coñecementos que desde a Psicoloxía dos Grupos e do Traballo explican e describen os comportamentos dos individuos cando participan ou interveñen en grupos ou en equipos de traballo. Así mesmo, outro obxectivo é que coñezan o manexo dalgunhas ferramentas ou técnicas necesarias para a comprensión do papel e do comportamento do individuo nesta contorna (a través da valoración dos resultados en simulacións, dinámicas de grupo, etc.). Ademais, as propias prácticas que se realizarán ao longo do curso servirán para que o alumnado sexa consciente das vicisitudes da pertenza e da participación real no grupo e no equipo de traballo.
1.Grupos e equipos de traballo:
- Definición de grupo
- Porqué as persoas se reúnen en grupo
- Cuestións relevantes do traballo en equipo
- Formación e desenvolvemento de grupos e equipos
2.Tipos de grupos e equipos laborais:
- Tipos de grupos
• Grupos primarios
• Grupos de referencia
• Grupos formais e informais
• Grupos laborais
- Grupos e/ou equipos laborais
• Comités
• Círculos de calidade
• Grupos de traballo autoxestionados
• Equipos/grupos interfuncionais
• Equipos virtuais
3.Estrutura dos grupos e equipos:
- Definición de estrutura grupal
- Roles de equipo
• Teoría dos roles de equipo de Belbin
- Estatus
- Cohesión grupal
- Tamaño do grupo
- Normas grupais
- Diversidade nos grupos
4.Procesos de influencia social nos grupos:
- Concepto de influencia social
- Normalización
- Conformidade: influencia da maioría
- Innovación: influencia da minoría
- Obediencia
5.Técnicas grupais en contextos organizacionais:
- Reunións de grupo
- Técnicas para a presentación de información
- Técnicas para xerar ideas e solucionar problemas
- Técnicas para avaliar alternativas e propostas
6.Toma de decisións e rendemento grupal:
- Desempeño e productividade grupal
- Toma de decisións grupal
- Folgazanería social
- Polarización grupal
- Pensamento grupal
- Teoría da productividade grupal
- Pilares para a creación de equipos de alto rendemento
7.O entorno físico dos grupos:
- Espazo persoal e grupal
- Territorialidade
- Disposición espacial
BIBLIOGRAFÍA BÁSICA:
- Gil, F. (Director) (2008). Introducción a la Psicología de los Grupos. Madrid. Pirámide
- Gil, F. y Alcover, C. M., (Coordinadores) (2004). Técnicas Grupales en Contextos Organizacionales. Pirámide.
- Robbins, S.P. y Judge, T. (2017). Fundamentos de comportamiento organizacional. México: Prentice Hall.
BIBLIOGRAFÍA COMPLEMENTARIA:
- Hayes, N. (2012). Dirección de equipos de trabajo: Una estrategia para el éxito. Thomson.
- Martínez, M. C. y Paterna, C. (2010). Manual de psicología de los grupos. Síntesis.
- Martínez, M. C., Paterna, C., Vera, J. y Hombrados, M. I. (Coordinadoras) (2010). Dinámicas e intervención grupal. Síntesis.
- Parker, G. M. y Kropp, R. P. (1994). 50 actividades para desarrollar equipos de trabajo autónomos. Editorial Universitaria Ramón Areces.
- Salgado, J. (1997). Comportamiento organizacional. Vigo: Escuela de Negocios CaixaVigo.
- Sanchez, J. (2010). Fundamento de trabajo en equipo para equipos de trabajo. McGraw- Hill.
Competencias e resultados da aprendizaxe que o alumnado adquire:
- Aplicar técnicas e tomar decisións no ámbito da xestión dos recursos humanos e o desenvolvemento organizativo.
Competencias da titulación ás que contribúe a materia:
- Traballar individualmente e en equipo.
- Localizar, analizar, sistematizar e xestionar diferentes fontes e tipos de información.
- Aplicar o razoamento crítico no estudo e análise dun determinado asunto ou tema.
- Expoñer e defender, oralmente e/ou por escrito, un asunto ou tema de carácter xeral ou relacionado coa súa especialidade.
- Aprender autonomamente.
- Traballar e relacionarse cos demais, respectando as normas básicas de convivencia, os dereitos fundamentais e os valores democráticos.
Competencias específicas da materia:
Ao finalizar o curso, o alumnado debería ser capaz de exhibir as competencias/destrezas/habilidades básicas requiridas para:
- Identificar e comprender o proceso de formación, desenvolvemento e funcionamento da conduta dos individuos no contexto dos grupos e equipos de traballo e as súas implicacións na consecución dos obxectivos da organización.
- Coñecer os procesos de funcionamento inter e intragrupal.
- Analizar e manexar a dinámica grupal que se produce nos grupos e equipos organizacionais.
- Desenvolver habilidades de comunicación (oral/escrita, verbal, non verbal, etc.).
- Orientar a súa actuación profesional a partir do respeto e a consideración dos principios e valores propios da materia e do Código Deontolóxico da profesión.
As clases expositivas e prácticas están orientadas á capacitación do estudantado respecto a adquisición dos coñecementos relativos aos contidos da materia. O profesorado explicará os diferentes temas apoiándose en material audiovisual e ferramentas TIC. O contido teórico será impartido nas clases expositivas, utilizando todos os medios técnicos dispoñibles na aula.
As actividades prácticas serán de varios tipos: (1) Análise de casos, exercicios e simulacións, para poñer en práctica os conceptos aprendidos nas clases expositivas e adquirir as competencias específicas necesarias para superar a materia. (2) Dinámicas de grupo pequeno, para desenvolver as competencias específicas relacionadas directamente cos contidos da materia e practicar as habilidades interpersoais e de comunicación oral. (3) Ademais de todo isto, ao longo do curso, o alumnado poderá participar na realización de experimentos e estudos relacionados coa materia.
Empregarase o Campus Virtual como vía de comunicación co alumnado, para facerlle chegar toda a información referente á avaliación da materia, para facerlle chegar os materiais que deben ser preparados por parte do alumnado e para que o alumnado realice as entregas dos traballos (informes) que formarán parte da avaliación práctica da materia.
Débese asistir como mínimo ao 80% das clases interactivas e expositivas para poder superar a materia.
A avaliación da adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos específicos desta materia realizarase mediante: (1) o exame final e (2) a cualificación obtida nas actividades prácticas.
(1) O exame final valerá o 65% da cualificación final. O examen constará de dúas partes: (a) preguntas tipo test e (b) preguntas curtas.
(2) A cualificación obtida na realización de actividades prácticas valerá un 35% da cualificación final. Os aspectos que serán valorados neste apartado serán a asistencia a clase, a participación voluntaria e a realización dos exercicios (análise de casos, simulacións, dinámicas de grupo...) nas clases interactivas. O alumnado deberá entregar, a través do Campus Virtual, un informe de cada unha das actividades prácticas que se realicen na semana da clase interactiva correspondente.
Será necesario aprobar o exame para poder superar a materia.
Esta materia non é susceptible de dispensa de asistencia a clase.
Estímase que se necesitarán unhas cen horas de traballo e estudo persoal. Repartido entre estudo persoal, realización de traballos individuais ou en grupo e preparación de presentacións.
O alumnado deberá levar a materia ao día, tanto no que se refire ás clases expositivas como ás clases interactivas.
Para poder obter o máximo aproveitamento nesta materia recoméndase ao alumnado ter superadas as materias de Psicoloxía do Traballo e de Comportamento Organizacional, xa que isto permitiralle ter uns coñecementos previos que lle axudarán a comprender e contextualizar os temas impartidos nesta materia.
Plaxio e uso indebido das tecnoloxías:
A realización fraudulenta de calquera exame, exercicios, informes, etc., de maneira total ou parcial, que poida ser obxeto de avaliación para a materia implicará a cualificación de suspenso na convocatoria vixente, de acordo co artigo 16 recollido na “Normativa de evaluación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Maria Del Mar Iglesias Criado
Coordinador/a- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- mdelmar.iglesias [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Asociado/a de Universidade LOU
Alexandra Martinez Gomez
- Departamento
- Ciencia Política e Socioloxía
- Área
- Psicoloxía Organizacional e Xurídico-Forense
- Correo electrónico
- alexandra.martinez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Axudante Doutor LOSU
Martes | |||
---|---|---|---|
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Castelán | Aula 6 |
Mércores | |||
15:00-16:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Castelán | Aula 6 |
08.01.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 3 |
08.01.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 5 |
08.01.2025 16:30-19:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 6 |
11.06.2025 09:30-12:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 3 |
11.06.2025 09:30-12:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 5 |
11.06.2025 09:30-12:30 | Grupo /CLE_01-Grupo expositivo único- tarde | Aula 6 |