Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Grupos de Innovación Docente

A USC, sabedora da importancia que a formación e a innovación educativa ten para a mellora da calidade da docencia universitaria, ven despregando nos últimos anos un abano de actuacións destinadas a conxugar a formación do PDI coa implantación de experiencias innovadoras nas prácticas docentes.

Coa finalidade de avanzar e dotar dunha maior sistematización, consolidación e recoñecemento a estas accións créase o rexistro de grupos de innovación docente , que ten como obxectivos:

  • Promover a participación activa do PDI e a formación de grupos estables (grupos de innovación docente) que desenvolvan accións de formación e innovación docente.
  • Dotar de recoñecemento e difusión ás accións de formación e innovación docente realizadas polos grupos de innovación docente constituídos.
  • Dar pulo a un tratamento global da innovación conxugando a formación do profesorado, a innovación docente e a investigación do propio proceso de innovación.
  • Fomentar a cultura de colaboración para o logro dunha acción formativa máis eficaz, efectiva e coherente e estimular a formación permanente como elemento clave do desenvolvemento profesional do profesorado.
Os contidos desta páxina actualizáronse o 05.03.2025.