Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Seguridade da información

Programa formativo en seguridade da información da Universidade de Santiago de Compostela

Dispositivos informáticos.

A seguridade dunha organización reside principalmente na axeitada formación do persoal que forma parte dela e a implantación de boas prácticas no manexo da información que debe custodiar.

Ningunha medida de seguridade é máis importante ca conseguir que cada traballador ou traballadora sexa plenamente consciente do seu rol na organización, das normas que debe seguir, dos protocolos de actuación que debe practicar e, finalmente, da continua avaliación e mellora do seu desempeño cando traballa cos datos que a institución entrega á súa responsabilidade.

Polo tanto, cómpre establecer, ao amparo do disposto no Esquema Nacional de Seguridade e como parte do compromiso da USC coa seguridade dos datos que manexa, un plan de concienciación e formación dirixido a todo o seu persoal para impulsar o establecemento de procedementos, boas prácticas e directrices de uso da información de todo tipo que sexa producida, custodiada, enviada, almacenada e difundida pola institución no cumprimento da misión no eido da ensinanza, da investigación, da transferencia de coñecemento ou calquera outro no que se implique.