Ir o contido principal

Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na política de cookies.

Máster de Formación Permanente en Psicoloxía do Deporte e da Actividade Física

  • Curso 2024-2025
  • (Cancelado)
  • Código
    MP0193
    Tipo
    Máster de Formación Permanente
    Modalidade
    Híbrido
    Duración
    2 anos
    Créditos
    60.0
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    2.400,00€
    Centro
    Facultade de Psicoloxía
    Dirección
    Constantino Arce Fernandez
    Contacto

    constantino.arce@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Departamento de Psicoloxía Social e Básica

    Información:

    Constantino Arce Fernández

    647344068

    constantino.arce@usc.es

    Facultade de Psicoloxía

    Procedemento

    Datas
    Duración: 21/10/2024 - 15/06/2026
    Preinscrición: 03/06/2024 - 27/09/2024
    Matrícula: 07/10/2024 - 11/10/2024

    Número alumnos/as mínimo: 20
    Número alumnos/as máximo: 30

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

  • Requisitos de acceso

    Grao ou Licenciatura en Psicoloxía. Tamén poderá ser admitido o alumnado ao que lle reste por superar o TFG e, como máximo, 9 créditos ECTS correspondentes á titulación de acceso requirida. Neste caso, non poderá obter o título de Máster en Formación Permanente quen previamente non obtivera o título de Grao.

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP na columna de novidades ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    Si o número de solicitantes non supera o número de prazas ofertadas (30), chegará con reunir os requisitos de acceso para ser admitido no máster; e dicir, grao ou licenciatura en psicoloxía (ou que reste por superar o TFG, como máximo, 9 créditos). E no caso de que haxa máis solicitantes que prazas ofertadas, a selección farase de acordo cos seguintes tres criterios: (1) Nota media do expediente no grao ou licenciatura (ata 34 puntos). (2) Materias cursadas ou actividades realizadas sobre psicoloxía do deporte durante ou con posteriedade aos estudos de grao ou licenciatura (ata 33 puntos). (3) Grao de relación co deporte (ata 33 puntos). Por favor, achegar información sobre estes criterios cando se realice a inscrición.

    Calendario de pagamento fraccionado

    Prazo Importe Data
    1 900,00€ 07/10/2024 - 11/10/2024
    2 900,00€ 03/03/2025 - 13/03/2025
    3 300,00€ 01/09/2025 - 11/09/2025
    4 300,00€ 02/03/2026 - 12/03/2026
  • Este Master ten por obxecto dotar aos participantes de formación psicolóxica específica para o desenvolvemento do seu labor no ámbito do deporte e da actividade física. Trátase dunha proposta innovadora que xurde co cometido de satisfacer as demandas, procedentes da Psicoloxía e das disciplinas afíns, para acadar coñecemento teórico e práctico nunha área na que ainda existen escasas posibilidades de formación universitaria.

    Seguindo as directrices de posgraos semellantes que se están a promover tanto a nivel nacional como internacional, e na liña marcada polos estudos de posgrao previos sobre esta temática realizados na última década na USC, este máster contempla tres das vías principais de formación polas que se require a incorporación da Psicoloxía ao entorno deportivo: (1) o asesoramento psicolóxico a deportistas e adestradores no ámbito do deporte de base (2) a preparación psicolóxica dos deportistas e adestradores para o alto rendemento e (3) o fomento da adherencia e mantemento da actividade física (mediante esquemas personalizados) coma hábito de saúde preventivo e rehabilitador.


    O máster consta de dous cursos académicos, e está deseñado de xeito que sexa compatible con calquera outra actividade académica ou profesional.
    O primeiro curso será fundamentalmente teórico, con clases na Facultade de Psicoloxía, agrupadas nunha sola sesión semanal, que terá lugar os luns pola tarde, con posibilidade de seguimento das sesións online por razóns de traballo, residencia noutra comunidade ou país, distancia, ou calquera outra causa que impida a asistencia a clase.

    E o segundo curso será práctico na súa maioría, con posibilidade de realización de prácticas en múltiples entidades colaboradoras tales coma o Real Club Celta de Vigo, o Deportivo de A Coruña, a Sociedad Deportiva Compostela, o Obradoiro CAB SAD, o Poio Fútbol Sala de Combarro (Pontevedra), o Consultorio de Psicoloxía Deportiva de Clínicas ON, de Pontevedra, o Club Victoria de Santiago, o Noia Fútbol Sala, o Basket Base Club de Vilagarcía, ou o Centro Profesional de Fútbol, na Coruña. Tamén se permite a realización de prácticas en calquera outro club galego ou de calquera outro lugar do estado español ou calquera outro país no que o estudiante estivese interesado/a por razóns de proximidade ao seu domicilio ou por calquera outra razón persoal. A dirección do máster responsabilizaríase dos trámites para a sinatura do convenio de prácticas correspondiente.

    Ademais das clases habituais e as prácticas, o máster contempla actividades complementarias de formación coma un módulo de iniciación á investigación deportiva e a realización dun traballo fin de máster.

  • Avaliación

    - Asistencia ás clases (presencial ou online)
    - Probas teórico-prácticas
    - Memoria de prácticas
    - Traballo de fin de Máster

    Titorías

    As materias ofertadas para o primeiro curso se desarrollarán en orde secuencial desde outubro de 2024 a xuño de 2025 en sesións presencias que terán lugar os luns pola tarde na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Por razóns de traballo, outros estudos, residencia noutra comunidade ou país, distancia, ou calquera outra causa que impida a asistencia a clase durante o primeiro curso, se poderán seguir as clases online. Durante o seguinte curso 2025-26 se realizará o traballo fin de máster, sin necesidade de presencialidade, e as prácticas en clubs deportivos concertados próximos ao lugar de residencia do estudante.

  • Curso 2024/2025: Luns de 16 a 20h; Curso 2025/2026: Horario a consensuar co club de prácticas

    Observacións

    Por razóns de traballo, outros estudos, residencia noutra comunidade ou país, distancia, ou calquera outra causa que impida a asistencia a clase durante o primeiro curso, se poderán seguir as clases online.

  • Código Materia Créditos
    1 Psicoloxía dos Equipos Deportivos. 5.0
    2 Preparación Psicolóxica para o Deporte e a Actividade Física. 6.0
    3 Avaliación Psicolóxica e Deportiva. 2.0
    4 Actividade Física e Saúde. 2.0
    5 Desenvolvemento e Aprendizaxe Deportivo. 2.0
    6 Iniciación a Investigación Deportiva. 3.0
    7 Traballo Fin de Mestrado. (2º Curso) 10.0
    8 Prácticas Tuteladas en Empresas. (2º Curso) 30.0
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2022.