Ir o contido principal
Este portal emprega cookies propias ou de terceiros con fins analíticos, así como ligazóns a portais de terceiros para poder compartir contido nas redes sociais. Pode obter máis información na <a href="https://pro-assets-usc.azureedge.net/gl/aviso-legal">política de cookies</a>.

Diploma de especialización en Xustiza, novas tecnoloxías e intelixencia artificial.

  • Curso 2024-2025
  • (Cancelado)
  • Código
    CE0175
    Tipo
    Diploma de Especializacion
    Modalidade
    Non Presencial
    Duración
    1 ano
    Créditos
    30.0
    Curso
    2024-2025
    Prezo
    600,00€
    Centro
    Dereito Público Especial e da Empresa
    Dirección
    Ana Rodriguez Alvarez
    Cristina Alonso Salgado
    Contacto

    cristina.alonso@usc.es

    Departamento / Centro Organizador
    Dereito Público Especial e da Empresa

    Información:

    Cristina Alonso Salgado



    cristina.alonso@usc.es

    Dereito Público Especial e da Empresa

    Procedemento

    Datas
    Duración: 20/09/2024 - 28/02/2025
    Preinscrición: 17/06/2024 - 21/07/2024
    Matrícula: 23/07/2024 - 04/09/2024

    Número alumnos/as mínimo: 15
    Número alumnos/as máximo: 50

    Seguro obrigatorio:
    20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)

  • Requisitos de acceso

    Licenciatura ou Grao en Dereito. Poderá ser admitido o alumnado ao que lle falte cursar un máximo de 9 créditos ECTS para obter a titulación de acceso requirida. Non obstante, neste caso, non poderá obter o Posgrao quen previamente non obtivera o título de Grao.

    Preinscrición

    Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
    Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
    https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios

    Acceso a preinscrición e matrícula

    Sistema de selección

    Curriculum vitae e entrevista (vía Teams) coa Dirección.

  • Obxectivos

    A través do presente curso de especialización preténdese que o alumnado adquira as habilidades, destrezas e competencias relacionadas co eixo novas tecnoloxías-intelixencia artificial-sistema de Xustiza: análise do estado da cuestión, programas xa en funcionamento, novas frontes que se deixan entrever no futuro máis próximo, etc.

    Competencias

    Co horizonte nos apuntados obxectivos, a docencia articularase a través dunha metodoloxía eminentemente participativa. En cada sesión abordarase un ou dous items do programa a través da explicacións dos elementos centrais do tema en cuestión para, a continuación, efectuar un pequeno debate para consolidar o máis relevante do exposto e verificar a súa correcta asunción.

  • Avaliación

    Avaliación continua (participación nas clases a través dos foros, etc.) e presentación dun Traballo Fin de Posgrao con defensa oral (virtual) ante Tribunal.

    Metodoloxía

    Materias: 1º.-Marco xeral: a irrupción da tecnoloxía na Administración de Xustiza (8 ECTS) 2º.- Xustiza e novas tecnoloxías (9 ECTS) 3º.-Xustiza e Intelixencia artificial (5 ECTS) 4º.-Elaboración de traballos académicos (TFM) (8 ECTS).

  • Posgrao impartido telematicamente (non presencial) con clases ASÍNCRONAS.

    Observacións

    Os venres de cada semana subiránse á plataforma todas as clases, materiais, etc.

  • Código Materia Créditos
    1 Marco Xeral: a Irrupción da Tecnoloxía na Administración de Xustiza. . 8.0
    2 Xustiza e Novas Tecnoloxías. . 9.0
    3 Xustiza e Intelixencia Artificial. . 5.0
    4 Elaboración de Traballos Académicos. . 8.0
Os contidos desta páxina actualizáronse o 19.07.2022.