Créditos ECTS Créditos ECTS: 6
Horas ECTS Criterios/Memorias Traballo do Alumno/a ECTS: 99 Horas de Titorías: 3 Clase Expositiva: 24 Clase Interactiva: 24 Total: 150
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Grao RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física, Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
Áreas: Xenética, Produción Vexetal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Sen docencia (En extinción)
Matrícula: Non matriculable (Só plans en extinción)
• Coñecer, comprender e aplicar os principios da herdanza na mellora produtiva e na conservación da diversidade biolóxica.
• Coñecer e comprender as bases da produción viveirística de planta forestal de calidade, a raíz núa e en envase.
• Adquirir espírito crítico na liña do método científico.
• Dentro dun contexto de investigación, achegar ao estudante á resolución de problemas e á experimentación xenética.
• Desenvolver a capacidade de resolución de problemas viveirísticos de índole práctica e achegar ao estudante á realidade viveirística do país mediante viaxes de prácticas.
• Fomentar o progreso das capacidades transversais: análise, síntese, razoamento e argumentación; procura de información axeitada, diversa e actualizada; exposición de coñecementos en público de forma clara, atractiva e coherente.
Na memoria do Grao aparecen os seguintes contidos para esta materia: Xenética mendeliana, cuantitativa e de poboacións. Hortas de semente. Ensaios de procedencia. Concepto de rexión de procedencia. Variabilidade dos caracteres de interese forestal en árbores. Ubicación e deseño do viveiro. Propagación por semente e vexetativa. Técnicas de produción de planta forestal. Sanidade en viveiros.
Estes contidos desenvolveranse seguindo os programas:
Programa teórico (aproximadamente 1,5 horas presenciais e 4 horas non presenciais por tema)
•Tema 1. Principios do material hereditario. Visión xeral sobre o ADN, o cromosoma eucariótico, as divisións celulares e o cariotipo. Variacións cromosómicas.
•Tema 2. Bases da herdanza: Xenética mendeliana. Os experimentos de Mendel e as súas conclusións. Patróns de herdanza e extensións do mendelismo.
•Tema 3. Bases da herdanza: Xenética cuantitativa. A natureza da variación continua. Modelo xenético para os caracteres cuantitativos. Concepto de herdabilidade e métodos de estimación.
•Tema 4. Aplicacións da Xenética: Xenética de poboacións e da conservación. Enxeñaría Xenética.
•Tema 5. Principios e obxectivos da mellora xenética forestal. Os programas de mellora xenética forestal. Particularidades da mellora xenética en especies arbóreas de interese forestal.
•Tema 6. Hortas de semente. Obxectivo, tipos e ubicación. Deseño experimental. Xestión.
•Tema 7. Ensaios de procedencias e introdución de especies. Concepto de rexión de procedencia. Ensaios en viveiros. Deseño experimental dos ensaios. Instalación e seguimento.
•Tema 8. Viveiros forestais. Factores que condicionan a instalación. Estrutura básica do viveiro.
•Tema 9. Invernadoiros para a produción forestal. Compoñentes. Calefacción. Refrixeración. Iluminación artificial. Fertilización carbónica.
•Tema 10. Cultivo a raíz núa. Preparación do terreo. Fertilización. Regas. Poda radical. Transplante e arranque. Transporte da planta.
•Tema 11. Cultivo en envase. Características diferenciais da planta en envase. Envases para produción de planta forestal: características xerais, tipos, criterios de elección. Substratos orgánicos e inorgánicos: tipos, propiedades, mesturas. Fertilización: fertirrega. Micorrización controlada.
•Tema 12. Propagación por sementes. Conservación e pretratamento das sementes. Sementeiras a raíz núa e en envase. Sementadoras.
•Tema 13. Multiplicación vexetativa. Principios e obxectivos. Estacaxe. Enxerto. Porbaixa.
•Tema 14. Propagación mediante cultivo in vitro. Concepto. Medios e condicións ambientais dos cultivos. Tipos de micropropagación. Fases. Sistemas de rexuvenecemento de material adulto. Aplicacións en mellora xenética.
•Tema 15. Protección en viveiros forestais. Protección contra meteoros: vento, xeadas, insolación. Pragas e doenzas frecuentes nos viveiros forestais. Prevención e loita.
Programa práctico
•Práctica 1. Análise da variación xenética de un carácter cuantitativo en condicións naturais. (3 horas: 3 presenciais)
•Práctica 2. Análise de caracteres cuantitativos: Estimación da herdabilidade. (3 horas: 3 presenciais)
•Práctica 3. Resolución de problemas de xenética (Varias sesións). (12 horas: 6 presenciais)
•Práctica 4. Micropropagación. Preparación de medios e subcultivos (4 horas: 2 presenciais)
•Práctica 5. Sementeiras en envase de especies forestais (4 horas: 2 presenciais).
•Práctica 6. Estacaxe de leñosas (4 horas: 2 presenciais).
•Práctica 7. Práctica de campo. Visita a viveiros de produción de planta forestal en envase e a raíz núa. Xustificación: a visita permite observar sobre o terreo prácticas e procedementos de produción viveirísticos, instalacións e maquinaria e aspectos relativos á calidade de planta (8 horas: 6 presenciais)
Básica
- Aldhous, JR y Mason, WL (eds.) (1994). Forest Nursery Practice. Forestry Commission Bulletin 111, HMSO, Londres.
- Benito, C y FJ Espino. 2012. “Genética: Conceptos esenciales”. Médica Panamericana. Libro electrónico https://www-medicapanamericana-com.ezbusc.usc.gal/digital/ebooks/buscad…
- Falconer, DS. 1996. “Introduction to Quantitative Genetics”. Longmans Green, Harlow.
- Fita Fernández, AM, Rodríguez Burruezo, A y Prohens Tomás, J. 2008. “Genética y Mejora Vegetal”. Universidad Politécnica de Valencia.
Klug WS, MR Cummings. 2013. “Conceptos de Genética”. Pearson-Prentice Hall. Lib.electrónico: https://www-ingebook-com.ezbusc.usc.gal/ib/NPcd/IB_Escritorio_Visualiza…
- Macdonald, B. 1986. Practical woody plant propagation for nursery growers. Vol. I. Timber Press. Oregón.
- Pierce, BA. 2015. “Genética: Un enfoque conceptual”. Médica Panamericana. Enlace al libro electrónico https://www-medicapanamericana-com.ezbusc.usc.gal/digital/ebooks/buscad…
Complementaria
- Catalán Bachiller, G (1977). Semillas de árboles y arbustos forestales. Monografía Nº 17. ICONA. MAPA. Madrid.
- Hartmann, HT y Kester, DE. 1987. Propagación de plantas. Principios y técnicas. Cia.
- Martínez Moreno, F y Solís Martel, I. 2010. “Mejora Vegetal para Ingeniería Agronómica”. Secretariado de Publicaciones de la Universidad de Sevilla.
- Mensua Fernández JL. 2003. “Genética: problemas y ejercicios resueltos”. Síntesis.
- White, TL, Adams, WT and Neale, DB. 2007. “Forest Genetics”. CAB International.
Competencias
Básicas
• CB2. Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
• CB4. Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado.
Xerais
• CG1. Capacidade para comprender os fundamentos biolóxicos, físicos, químicos, matemáticos e dos sistemas de representación necesarios para o desenvolvemento da actividade profesional, así como para identificar os diferentes elementos bióticos e físicos do medio forestal e os recursos naturais susceptibles de protección, conservación e aproveitamentos no ámbito forestal.
• CG3. Coñecemento dos procesos de degradación que afecten aos sistemas e recursos forestais (contaminación, pragas e enfermidades, incendios, etc.) e capacidade para o uso das técnicas de protección do medio forestal, de restauración hidrolóxico forestal e de conservación da
biodiversidade.
• CG5. Coñecemento das bases da mellora forestal e capacidade para o a súa aplicación práctica á produción de planta e a biotecnoloxía.
• CG14. Capacidade para entender , interpretar e adoptar os avances científicos no campo forestal, para desenvolver e transferir tecnoloxía e para traballar nunha contorna multilingüe e multidisciplinar.
Específicas
• CETEEF4. Mellora Forestal.
• CETEEF5. Xardiñaría e Viveiros
Transversais
• CT1 - Capacidade de análise e síntese.
• CT2 - Capacidade para o razoamento e a argumentación
• CT3 - Capacidade de traballo individual, con actitude autocrítica.
• CT4 - Capacidade para traballar en grupo e abarcar situacións problemáticas de forma colectiva
• CT5 - Capacidade para obter información adecuada, diversa e actualizada
• CT6 - Capacidade para elaborar e presentar un texto organizado e comprensible.
• CT7 - Capacidade para realizar unha exposición en público de forma clara, concisa e coherente.
• CT11 - Utilización de información en lingua extranxeira.
• CT12 - Capacidade para resolver problemas mediante a aplicación integrada dos seus coñecementos.
A Aula Virtual da materia empregarase como recurso de apoio e como instrumento de comunicación durante o curso. Tanto a docencia expositiva como a interactiva realizaranse de maneira presencial. Así mesmo, na exposición dos temas teóricos e durante as prácticas empregarase terminoloxía en inglés relacionada cos principais conceptos científico-técnicos manexados.
• Docencia expositiva
É para o grupo completo. Nela trataranse os contidos específicos de cada un dos temas do programa. O seu desenvolvemento farase coa axuda de calquera material que axude e facilite a comprensión dos conceptos que se traten (presentación PowerPoint, transparencias, vídeos, animacións, lousa, etc …)
Competencias: CB2, CB4, CT2, CT4, CT12, CG1, CG3, CG5, CG14, CETEEF4, CETEEF5.
• Docencia interactiva
Competencias: CG1, CG3, CG5, CG14; CB2, CB4, CETEEF4, CETEEF5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT11.
É, en xeral, para grupos reducidos e comprende:
- Prácticas de laboratorio : Contan cun guión específico que o profesor presentará a cada grupo de estudantes. A realización das prácticas farase en xeral en grupos de 2 persoas. Cando remate cada unha delas os estudantes completarán e entregarán un cuestionario específico a avaliar.
- Prácticas de campo: Consistirán nunha viaxe conxunta a viveiros de produción a raíz núa e en envase sitos na nosa Comunidade. Precisarase a entrega dun informe individual da viaxe de prácticas.
- Prácticas de invernadoiro: Contan cun guión específico que o profesor presentará a cada estudante. A realización das prácticas será individual. Cando remate cada una delas os estudantes analizarán e discutirán os resultados obtidos.
- Seminarios prácticos: Os estudantes resolverán boletíns de problemas relacionados con contidos do programa.
- Titorías en grupo: Diferentes sesións para a resolución, discusión e presentación de problemas e casos prácticos propostos polos profesores.
O sistema básico é a avaliación continua. A realización das prácticas (100%) e unha asistencia mínima do 83,3% ás clases teóricas (20 horas das 24 totais) son obrigatorias para superar a materia. Non cumprir os mínimos de asistencia implica a imposibilidade de realizar o Exame Final, tanto na oportunidade ordinaria como na extraordinaria.
Cando o estudante segue a modalidade de avaliación continua, pero a cualificación obtida non é suficiente para superar a materia, poderá realizar o Exame Final, ben da totalidade dos contidos ou só dalgunha/s partes.
Aqueles estudantes que unicamente poidan ser avaliados mediante Exame Final poden acadar unha puntuación máxima de 8,0.
Sistema de avaliación (Competencias): Peso na cualificación (%)
• Participación nas clases expositivas e interactivas (CB2, CB4, CT2, CT4): 10%
• Avaliacións periódicas (CG1, CG3, CG5, CG14, CETEEF4, CETEEF5, CT1, CT2, CT12): 35%
• Realización das actividades propostas, presenciais ou na Aula Virtual (CG1, CG3, CG5, CG14, CETEEF4, CETEEF5, CT1, CT2, CT3, CT4, CT5, CT6, CT7, CT11): 35%
• Informes de prácticas (CB2, CETEEF4, CETEEF5, CT6): 20%
Exame Final -se non supera avaliación continua- (Todas as competencias sinaladas, salvo CB 4): ata 70%.
Estas condicións de avaliación aplícanse a dous bloques independentes: Bloque 1: Xenética Forestal e Bloque 2: Viveiros, que deben ser superados independentemente, cunha cualificación mínima de 5,0. A nota global será a media entre ambos bloques.
As condicións de avaliación son as mesmas tanto en primeira como en segunda oportunidade.
Alumnos repetidores
Están exentos da asistencia ás prácticas que teñan superado no curso anterior [de laboratorio, de invernadoiro (2) e a práctica de campo (viaxe)], mantendo a nota dos informes de prácticas. Terán polo tanto, unha nova oportunidade de seren avaliados de xeito continuo na participación, nas probas parciais e nas actividades propostas na Aula Virtual, ademais do Exame Final.
Condicións de DISPENSA de ASISTENCIA:
Aqueles alumnos que cumpran os requisitos obrigatorios, poderán ter unha dispensa parcial de asistencia nesta materia. Esta dispensa abranga só a parte teórica, sendo requisito indispensable a asistencia presencial ás prácticas (>85%).
No que atinxe á parte teórica, o/a alumno/a pode optar por realizar as actividades e probas parciais propostas para a avaliación continua, dentro dos prazos definidos para cada actividade e proba (nas probas, non se establecerá un horario especial para alumnos/as con dispensa), e será cualificado/a nas mesmas condicións que se mencionaron previamente para este tipo de avaliación. Se unicamente é avaliado mediante Exame Final, este terá unha nota máxima de 10 e o seu peso na avaliación será do 80%.
“Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Estímase unha proporción de 1,73 horas de traballo persoal por cada hora de docencia presencial.
95 horas:
• Lectura e preparación de temas: 30 horas.
• Realización de exercicios: 20 horas.
• Preparación previa das prácticas e traballo posterior sobre as mesmas: 20 horas.
• Elaboración de traballos de curso (en grupo ou individuais): 10 horas.
• Preparación de probas de avaliación: 15 horas.
Para ter o menor número de dificultades coa materia recoméndase ao estudante:
• Preguntar as dúbidas que poidan xurdir durante o desenvolvemento das clases expositivas.
• Facer os boletíns de xenética e os exercicios propostos de viveiros correspondentes aos diferentes temas tratados na teoría.
• Utilizar as titorías para resolver dúbidas ou cuestións relacionadas coa materia.
• Ler e consultar fontes de información (bases de datos, libros, revistas, páxinas web).
• Facer un seguimento regular da Aula Virtual da materia.
Rafaela Maria Amaro Gonzalez
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- rafaela.amaro [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Juan Luis Fernández Lorenzo
Coordinador/a- Departamento
- Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría
- Área
- Produción Vexetal
- Correo electrónico
- juanluis.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Adrian Casanova Chiclana
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- adrian.casanova [at] usc.es
- Categoría
- Posdoutoral USC_Campus Terra
Inés Martinez Sambade
- Departamento
- Zooloxía, Xenética e Antropoloxía Física
- Área
- Xenética
- Correo electrónico
- inesmartinez.sambade [at] usc.es
- Categoría
- Predoutoral USC_Campus Terra