Créditos ECTS Créditos ECTS: 5
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 5 Clase Expositiva: 15 Clase Interactiva: 20 Total: 40
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos desta materia son que o alumnado afonde nos aspectos dasocráticos básicos e amplíe coñecementos na aplicación práctica da ordenación, na toma de decisións e na optimización da xestión forestal, na ordenación de comarcas forestais e en certificación forestal.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos: Instrumentos para a xestión forestal sustentable de montes e de comarcas forestais. Métodos de toma de decisións e optimización en diferentes escalas de planificación forestal. Sistemas e modalidades de certificación forestal.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte programa, que inclúe tanto exposicións teóricas como prácticas relacionadas (especifícanse entre parénteses as horas presenciais e estímase que por cada unha delas serán necesarias dúas horas de traballo persoal do alumnado):
Teoría (20 h):
1. Introdución á xestión sustentable de montes e comarcas forestais (3 h).
2. A ordenación de comarcas forestais (2 h).
3. Certificación da xestión forestal sustentable e da cadea de custodia (3 h).
4. Métodos de control de superficie e volume (2 h).
5. Formulacións do problema de planificación forestal (2 h).
6. Planificación forestal mediante programación lineal, mixta e enteira binaria (3 h).
7. Métodos heurísticos para a planificación forestal (2 h).
8. Planificación forestal multiobxectivo (2 h).
9. Restricións e consideracións espaciais na planificación forestal (1 h).
Prácticas (20 h):
1. Aplicación de técnicas de control de superficie e volume (2 h).
2. Planificación de cortas mediante programación lineal, mixta e enteira binaria (5 h).
3. Planificación de cortas mediante métodos heurísticos (2 h).
4. Planificación forestal multiobxectivo (5 h).
5. Aplicación do método AHP á xestión forestal (4 h).
6. Inclusión de restricións espaciais na planificación de cortas (2 h).
Básica:
- Bettinger, P.; Boston, K.; Siry, J.P.; Grebner, D.L. 2009. Forest Management and Planning. Academic Press, Elsevier (ref. BUSC Intercentros: CASI 887).
- Buongiorno, J.; Gilless, J.K. 2003. Decision methods for forest resource management. Academic Press (ref. BUSC Intercentros: CASI 553).
- Clutter, J.L.; Fortson, J.C.; Pienaar, L.V.; Brister, G.H.; Bailey, R.L. 1983. Timber management: a quantitative approach. Krieger Publishing Company, Malabar (Florida) (reprint ed. 1992) (ref. BUSC Intercentros: CASI 596).
- Davis, L.S.; Johnson, K.N.; Bettinger, P.S.; Howard, T.E. 2001. Forest management: to sustain ecological, economic, and social values. McGraw-Hill, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 339).
- Madrigal, A. 1994. Ordenación de montes arbolados. Colección Técnica. ICONA-Mº de Agricultura, Pesca y Alimentación, 375 p. Madrid (ref. BUSC Intercentros: CASI 31, CASI 741).
Complementaria:
- Diéguez-Aranda, U.; Rojo Alboreca, A.; Castedo-Dorado, F.; Álvarez González, J.G.; Barrio-Anta, M.; Crecente-Campo, F.; González González, J.M.; Pérez-Cruzado, C.; Rodríguez Soalleiro, R.; López-Sánchez, C.A.; Balboa-Murias, M.A.; Gorgoso Varela, J.J.; Sánchez Rodríguez, F. 2009. Herramientas selvícolas para la gestión forestal sostenible en Galicia. Xunta de Galicia. https://www.qforestry.com
- Kangas, A., Kangas, J., Kurttila, M. 2008. Decision support for forest management. Managing Forest Ecosystems 16. Springer.
- Pita, P.A. 1973. El inventario en la ordenación de montes. I.N.I.A., Madrid.
- Prieto, A., López-Quero, M. 1993. Manual de ordenación de montes. Ed. Paraninfo, Madrid. 261 p. (versión española de: Dubourdieu, J. 1989. Manuel d'amenagement. Office National des Forêts, 3ª ed.).
- Rojo Alboreca, A., Madrigal, A., Pérez-Antelo, A. 2006. Estructura y contenido de los proyectos de ordenación de montes arbolados. Unicopia. Lugo. http://hdl.handle.net/10347/23751
Quen supere esta materia, coñecerá:
- COM2-04. A base teórica da xestión forestal sustentable de montes e de comarcas forestais.
- COM2-05. As técnicas de optimización e toma de decisións aplicables na planificación forestal a diferentes escalas.
- COM2-06. Os sistemas e modalidades existentes para certificar a xestión forestal.
Ademais, será capaz de:
- HAM2-03. Planificar de forma óptima a xestión forestal utilizando diferentes técnicas analíticas.
- HAM2-04. Integrar na planificación os requisitos de certificación forestal.
Esta materia contribuirá a que se adquiran as competencias:
A) Específica:
- CEM2-01. Coñecemento e capacidade para deseñar plans de desenvolvemento integral sustentable de comarcas forestais e o desenvolvemento de indicadores de xestión.
B) Xeral:
- CG02. Capacidade para deseñar, dirixir, elaborar, implementar e interpretar proxectos e plans de actuación integrais no medio natural.
A docencia desta materia será presencial. Tras unha explicación teórica dos distintos temas, a aprendizaxe continuará coa lectura da bibliografía recomendada (que incluirá, ademais da bibliografía básica e complementaria, varios artigos escritos en inglés) e a resolución de casos prácticos. As clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral participativo, desenvolveranse nunha aula convencional coa axuda dun encerado e medios audiovisuais. As clases de prácticas, de carácter interactivo, realizaranse en grupos reducidos coa axuda dunha computadora. Tanto nunhas como noutras se traballarán as competencias CG02 e CEM2-01. As actividades de ensinanza/aprendizaxe apoiaranse no Campus Virtual da USC, que ofrece recursos docentes en Internet (repositorio de documentación, plataforma para o desenvolvemento de actividades en liña e medio de comunicación profesor/alumnado). O profesor proporá exercicios semellantes ós explicados na clase que o alumnado deberá resolver fóra da aula para fortalecer o seu coñecemento e descubrir as súas dificultades coa materia. Tamén subministrará datos reais ou simulados para que o alumnado os analice de forma autónoma empregando as técnicas aprendidas na materia, e redacte informes nos que explique o traballo feito, expoña e discuta os resultados obtidos e resalte as principais conclusións. Coa realización destes traballos o alumnado traballará as competencias CG02 e CEM2-01. Os informes destes traballos de curso servirán para a avaliación continua da materia. Nas titorías atenderase ó alumnado para comentar e aclarar cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, análise de datos, preparación de traballos...).
Será unha combinación entre avaliación continua e proba final, que terán a mesma ponderación (50%) na cualificación final da materia:
- Avaliación continua: a medida que se avance no desenvolvemento da materia iranse propoñendo varios traballos de diferente temática e complexidade que deberán realizarse individualmente ou en grupo (especificarase en cada caso) e entregarse e/ou exporse no prazo que se especifique.
- Proba final: consistirá nun exame de preguntas obxectivas e/ou na resolución de problemas. Realizarase de xeito presencial no lugar e a data fixados pola Dirección do Centro en cada unha das convocatorias oficiais de exame.
Tanto na avaliación continua como na proba final será necesario obter polo menos 4 puntos sobre 10 para facer media coa outra parte. Non se conservará a avaliación positiva de ningunha actividade nos seguintes cursos académicos, polo que se aplicará o mesmo sistema de avaliación a todo o alumnado (aínda que sexa repetidor ou se lle teña concedido dispensa de asistencia a clase, que só poderá ser parcial e para as actividades expositivas).
Esta materia ten una carga de 5 ECTS, divididos en docencia expositiva (20 h), interactiva (20 h) e titorías (2 h). Cada hora de traballo presencial co profesor deberá ser correspondida con aproximadamente dúas horas de traballo do alumnado. Isto permitirá afianzar os conceptos explicados na aula mediante o estudo dos aspectos teóricos expostos, a resolución dos exercicios propostos e a elaboración dos traballos de curso que se empregarán para a avaliación parcial da materia.
Asistencia e participación nas clases teóricas e prácticas. Ordenar e asimilar a información recibida (apuntes, material complementario, etc.). Completar a información recibida coa bibliografía recomendada. Aproveitar as titorías para aclarar conceptos e reflexar esas aclaracións na documentación (apuntes, etc.). Preparar a exposición dos traballos da materia.
Existe unha materia no campus virtual da USC co mesmo nome.
Alberto Rojo Alboreca
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- alberto.rojo [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Ulises Dieguez Aranda
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ulises.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Mércores | |||
---|---|---|---|
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
Xoves | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
19.12.2024 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
11.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |