Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Adquirir coñecementos sobre o uso das enerxías renovables no medio forestal e natural.
Radiación solar. Compoñentes e dimensionado de instalacións fotovoltaicas illadas e conectadas á rede. Compoñentes e dimensionado de instalacións fototérmicas. Enerxía eólica: principios de conversión, avaliación de recursos e selección de emprazamentos.
Estes contidos serán desenvolvidos segundo o seguinte temario:
Programa teórico:
1. Enerxía eólica: Principios de conversión, avaliación de recursos, selección de emprazamentos. (3 h).
2. Enerxía eólica: Tipos de aeroxeradores, sistemas mecánicos e eléctricos. Control de potencia. (3 h)
4. Radiación solar. Enerxía solar fotovoltaica. Célula fotovoltaica. Unión p-n. Tecnoloxías de fabricación. Módulo fotovoltaico. Características da célula fotovoltaica. (2 h).
5. Instalacións fotovoltaicas illadas e conectadas á rede. Compoñentes. Sistema fotovoltaico conectado a rede con autoconsumo. Sistema fotovoltaico con seguimento solar. Instalacións fotovoltaicas de bombeo (2 h).
6. Enerxía solar térmica: Paneis solares. Compoñentes das instalacións. Tipos de instalacións. (2 h).
Programa práctico:
1. Rosa dos ventos: de procedencia, de velocidade e de enerxía (3 h).
2. Estimación do potencial eólico (3 h).
3. Estimación da radiación solar. (2 h).
4. Dimensionado e simulación de instalación solar fotovoltaica aillada. (2 h)
5. Dimensionado e simulación de instalación solar fotovoltaica conectada a rede. (2 h)
Básica:
Carta, J. A. et al. 2013. Centrales de energías renovables: generación eléctrica con energías renovables. 2ª edición. Pearson Educación. Estado de México
Castillo, I. C. et al. 2020. Energía solar fotovoltaica y térmica. Manual Técnico. AMV Ediciones.
Fernandez Salgado, Jose Maria. 2021. Guia completa de la energia eolica. Ed. Antonio Madrid Vicente.
Moro Vallina, Miguel. 2010. Instalaciones solares fotovoltaicas. Paraninfo. Madrid
Rodríguez Amenedo, J.L. et al. 2003. Sistemas eólicos de producción de energía eléctrica.
Complementaria:
Clark, R.N. 2014. Small Wind. Academic Press.
Messenger, R. 2010. Photovoltaic systems engineering. CRC Press.
Pareja, M. 2009. Energía solar fotovoltaica. Cálculo de una instalación aislada. Ed. Marcombo.
Pérez, David. 2023. Energía eólica. Fundamentos, tecnologías y aplicaciones. Ed. Marcombo.
Tobajas Vázquez, Manuel Carlos. 2018. Energía solar fotovoltaica. Cano Pina
CEM1-04 - Coñecemento e capacidade para desenvolver e aplicar tecnoloxía no ámbito das enerxías renovables no medio forestal e natural TIPO: Competencias
CEM1-01 - Capacidade para a redacción, dirección e execución de proxectos de industrias de desenrolo, aserrío e moble e para o aproveitamento de enerxías renovables TIPO: Competencias
CG05 - Capacidade para o desenvolvemento de técnicas e proxectos no campo das enerxías renovables. TIPO: Competencias
COM1-09 - As ferramentas e tecnoloxías necesarias para o aproveitamento das enerxías renovables no ámbito forestal e natural TIPO: Coñecementos ou contidos
COM1-10 - Os principios de uso a radiación solar como fonte de enerxía fotovoltaica e fototérmica. TIPO: Coñecementos ou contidos
COM1-11 - O aproveitamento do vento como fonte de enerxía TIPO: Coñecementos ou contidos
HAM1-08 - Deseñar instalacións de enerxía solar fotovoltaica e de enerxía solar fototérmica TIPO: Habilidades ou destrezas
HAM1-09 - Estimar o potencial eólico dunha zona TIPO: Habilidades ou destrezas
O conxunto de actividades docentes a realizar polos estudantes se clasifican como sigue:
1. Clases expositivas: clases presenciais de teoría nas que o profesor presentará, coa axuda de medios audiovisuais os contidos do programa en liñas xerais. O obxectivo destas clases e proporcionar ao alumnado os coñecementos básicos que lle permitan abordar o estudo da materia de modo autónomo coa axuda da bibliografía recomendada e dos exercicios e traballos que realice durante o curso. O estudante disporá do material docente na Aula Virtual da materia. CEM1-04, CG05.
2. Clases interactivas: clases presenciais nas que o profesorado realizará exercicios. O estudante disporá do material depositado na Aula Virtual da materia, con obxecto de que interactúen profesores e estudantes na resolución. CEM1-04, CEM1-01, CG05, HAM1-08, HAM1-09.
3. Este traballo complementarase como traballo persoal coa resolución de exercicios de forma autónoma. CEM1-04, CG05, HAM1-08, HAM1-09.
4. Titorías: destinadas a discutir, comentar, clarexar ou resolver dúbidas ou cuestións relacionadas co desenvolvemento da materia. CEM1-04, CEM1-01, CG05, HAM1-08, HAM1-09.
Proba ou probas, orais e/ou escritas: 30% da nota final.
Realización de exercicios: 30 % da nota final.
Traballos entregados e/ou expostos: 30 % da nota final.
Participación do alumnado nas actividades da aula: 10% da nota final.
Proba ou probas, orais e/ou escritas: CEM1-04, CG05.
Realización de exercicios e traballos entregados e/ou expostos: CEM1-04, CEM1-01, CG05, HAM1-08, HAM1-09.
Participación do alumnado nas actividades da aula: CEM1-04, CEM1-01, CG05, HAM1-08, HAM1-09.
Os traballos e as demais actividades desenvolvidas deberán ser entregadas nos prazos establecidos e só terán validez durante o curso académico. Para superar a materia é necesario que se cumpran ámbolos dous requisitos seguintes:
-obter unha nota mínima de 3 puntos sobre 10 no exame.
-a cualificación global obtida como ponderación dos exames, traballos e exercicios sexa como mínimo de 5 puntos sobre 10.
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na "Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión das cualificacións”.
O alumnado que teña concedida a dispensa de asistencia segundo a Instrución 1/2017 da Secretaría Xeral, poderá facer entrega de todas as actividades que se leven a cabo ao longo do curso, xa que estarán á súa disposición no Campus Virtual, polo que a súa avaliación será nas mesmas condicións cos/as demais alumnos/as.
Avaliación 2º oportunidade: En caso de que o estudante non superara a materia na primeira oportunidade, deberase presentar ao exame final da segunda oportunidade. O alumnado presentarase ao exame desta oportunidade nas mesmas condicións que ao exame ordinario, o cal implica que non poderá entregar traballos nin memorias pendentes.
A avaliación do alumnado repetidor será exactamente igual que aquel non repetidor.
Traballo presencial na aula:
Docencia teórica: 12 h
Docencia interactiva (laboratorio): 12 h
Titorización en grupo reducido: 1 h
Traballo persoal do alumnado:
Lectura e preparación de temas: 25 h
Realización de exercicios: 10 h
Elaboración de traballos de curso: 10 h
Preparación de probas de avaliación: 5 h
Total: 75 horas
Asistencia regular ás clases tanto teóricas como prácticas e uso do campus virtual.
- Asistencia e participación nas clases.
- Dedicación regular ao estudio teórico e realización dos exercicios e cuestións propostas.
- Uso do campus virtual tanto para a realización de test como para a resolución de dubidas e estudio da materia.
- Uso das titorías para a consulta das dubidas que xurdan do estudio da materia a medida que se necesite.
O idioma empregado será o galego.
O alumnado matriculado na materia contará con atención presencial continuada no horario de titorías nos despachos números 12 e 14 do pavillón 2, planta 2ª superior. Ademais prestarase atención a través do Campus Virtual, MSTeams e do correo electrónico dos profesores:
manuelramiro.rodriguez [at] usc.es (manuelramiro[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
mdolores.fernandez [at] usc.es (mdolores[dot]fernandez[at]usc[dot]es)
Manuel Ramiro Rodriguez Rodriguez
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- manuelramiro.rodriguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
María Dolores Fernández Rodríguez
- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- mdolores.fernandez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade