Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 1 Clase Expositiva: 12 Clase Interactiva: 12 Total: 25
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Enxeñaría Agroforestal
Áreas: Enxeñaría Agroforestal
Centro Escola Politécnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Primeiro semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Os obxectivos desta materia son que o alumnado coñeza os aspectos necesarios para realizar estudos de rendibilidade de inversións forestais e as técnicas de optimización a nivel de árbore e de rodal.
A memoria do título contempla para esta materia os seguintes contidos: Caracterización e predición das condicións forestais. Criterios para a avaliación técnico-económica de recursos forestais. Avaliación e optimización a escala árbore e rodal.
Estes contidos serán desenvolvidos de acordo co seguinte programa, que inclúe tanto exposicións teóricas como prácticas relacionadas (especifícanse entre parénteses as horas presenciais e estímase que por cada unha delas serán necesarias dúas horas de traballo persoal do alumnado):
Teoría (12 h):
1. Conceptos introdutorios (2 h).
2. Estimación e proxección das condicións forestais (3 h).
3. Avaliación económica dos recursos forestais (4 h).
4. Optimización da xestión forestal a nivel árbore e rodal (3 h).
Prácticas (12 h):
1. Emprego de modelos para proxectar as condicións forestais (4 h).
2. Avaliación técnico-económica de alternativas silvícolas (4 h).
3. Optimización a nivel rodal (4 h).
Básica:
- Bettinger, P.; Boston, K.; Siry, J.P.; Grebner, D.L. 2009. Forest Management and Planning. Academic Press, Elsevier (ref. BUSC Intercentros: CASI 887).
- Clutter, J.L.; Fortson, J.C.; Pienaar, L.V.; Brister, G.H.; Bailey, R.L. 1983. Timber management: a quantitative approach. Krieger Publishing Company, Malabar (Florida) (reprint ed. 1992) (ref. BUSC Intercentros: CASI 596).
- Davis, L.S.; Johnson, K.N.; Bettinger, P.S.; Howard, T.E. 2001. Forest management: to sustain ecological, economic, and social values. McGraw-Hill, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 339).
- Diéguez-Aranda, U.; Rojo Alboreca, A.; Castedo-Dorado, F.; Álvarez González, J.G.; Barrio-Anta, M.; Crecente-Campo, F.; González González, J.M.; Pérez-Cruzado, C.; Rodríguez Soalleiro, R.; López-Sánchez, C.A.; Balboa-Murias, M.A.; Gorgoso Varela, J.J.; Sánchez Rodríguez, F. 2009. Herramientas selvícolas para la gestión forestal sostenible en Galicia. Xunta de Galicia. http://www.qforestry.com/
- Madrigal, A. 1994. Ordenación de montes arbolados. Colección Técnica. ICONA-Mº de Agricultura, Pesca y Alimentación, Madrid (ref. BUSC Intercentros: CASI 31, CASI 741).
Complementaria:
- Diéguez-Aranda, U.; Barrio Anta, M.; Castedo Dorado, F.; Ruiz González, A.D.; Álvarez Taboada, M.F.; Álvarez González, J.G.; Rojo Alboreca, A. 2003. Dendrometría. Fundación Conde del Valle de Salazar, Mundi-Prensa, Madrid (ref. BUSC Intercentros: CASI 692, CASI 825, CASI 826).
- Duerr, W.A. 1993. Introduction to forest resource economics. McGraw-Hill, New York (ref. BUSC Intercentros: CASI 333) (Part 3: genetic production, chapters 16-30).
- Romero, C. 1997. Economía de los recursos ambientales y naturales. 2ª Ed. ampliada. Alianza Editorial, Madrid (ref. BUSC B. de CC. Económicas: ECMAM 468; B. Xª e Hª: EC 466).
Competencias – Resultados da aprendizaxe
Quen supere esta materia, coñecerá:
- COM3-07. As variables empregadas para caracterizar as condicións forestais.
- COM3-08. A tipoloxía de modelos forestais de crecemento e produción.
- COM3-09. Os criterios utilizados para avaliar en termos técnicos e económicos os recursos forestais.
Ademais, será capaz de:
- HAM3-05. Implementar modelos forestais de crecemento en simuladores informáticos.
- HAM3-06. Utilizar simuladores de crecemento forestal para realizar predicións e deseñar programas silvícolas optimizados en termos técnicos e económicos.
Esta materia contribuirá a que se adquiran as competencias:
A) Específicas:
- CEM3-01. Capacidade para analizar e diagnosticar o entorno e a propia empresa, elaborar e xestionar plans de negocio e realizar estudos de rendibilidade de inversións forestais.
- CEM3-03. Coñecemento das ferramentas para a análise económica e financeira e capacidade para a xestión dos recursos económicos.
B) Xeral:
- CG01. Capacidade para aplicar as técnicas de márketing e comercialización de produtos forestais.
A docencia desta materia será presencial. Tras unha explicación teórica dos distintos temas, a aprendizaxe continuará coa lectura da bibliografía recomendada (que incluirá, ademais da bibliografía básica e complementaria, varios artigos escritos en inglés) e a resolución de casos prácticos. As clases de teoría, expositivas e de carácter maxistral participativo, desenvolveranse nunha aula convencional coa axuda dun encerado e medios audiovisuais. As clases de prácticas, de carácter interactivo, realizaranse en grupos reducidos coa axuda dunha computadora. Tanto nunhas como noutras se traballarán as competencias específicas CEM3-01 e CEM3-03. As actividades de ensinanza/aprendizaxe apoiaranse no Campus Virtual da USC, que ofrece recursos docentes en Internet (repositorio de documentación, plataforma para o desenvolvemento de actividades en liña e medio de comunicación profesor/alumnado). O profesor proporá exercicios semellantes ós explicados na clase que o alumnado deberá resolver fóra da aula para fortalecer o seu coñecemento e descubrir as súas dificultades coa materia. Tamén subministrará datos reais ou simulados para que o alumnado os analice de forma autónoma empregando as técnicas aprendidas na materia, e redacte informes nos que explique o traballo feito, expoña e discuta os resultados obtidos e resalte as principais conclusións. Coa realización destes traballos o alumnado traballará as competencias específicas CEM3-01 e CEM3-03. Os informes destes traballos de curso servirán para a avaliación continua da materia. Nas titorías atenderase ó alumnado para comentar e aclarar cuestións concretas en relación coas súas tarefas dentro da materia (recompilación de información, análise de datos, preparación de traballos...).
Será unha combinación entre avaliación continua e proba final, que terán a mesma ponderación (50%) na cualificación final da materia:
- Avaliación continua: a medida que se avance no desenvolvemento da materia iranse propoñendo varios traballos de diferente temática e complexidade que deberán realizarse individualmente ou en grupo (especificarase en cada caso) e entregarse e/ou exporse no prazo que se especifique.
- Proba final: consistirá nun exame de preguntas obxectivas e/ou na resolución de problemas. Realizarase de xeito presencial no lugar e a data fixados pola Dirección do Centro en cada unha das convocatorias oficiais de exame.
Tanto na avaliación continua como na proba final será necesario obter polo menos 4 puntos sobre 10 para facer media coa outra parte. Non se conservará a avaliación positiva de ningunha actividade nos seguintes cursos académicos, polo que se aplicará o mesmo sistema de avaliación a todo o alumnado (aínda que sexa repetidor ou se lle teña concedido dispensa de asistencia a clase, que só poderá ser parcial e para as actividades expositivas).
A avaliación prevista centrarase nas competencias específicas da materia (CEM3-01 e CEM3-03). Ó adquirilas, o alumnado mellorará de xeito implícito na competencia xeral mencionada anteriormente (CG01).
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na «Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións» (artigo 16 da Resolución de 15/06/2011 da USC, DOG de 21/07/2011).
Esta materia ten una carga de 3 ECTS, divididos en docencia expositiva (12 h), interactiva (12 h) e titorías (1 h). Cada hora de traballo presencial co profesor deberá ser correspondida con aproximadamente dúas horas de traballo do alumnado. Isto permitirá afianzar os conceptos explicados na aula mediante o estudo dos aspectos teóricos expostos, a resolución dos exercicios propostos e a elaboración dos traballos de curso que se empregarán para a avaliación da materia.
O alumnado que pode acceder ó Máster en Enxeñaría de Montes pola USC debera ter os coñecementos básicos para un correcto seguimento da materia: matemáticas (cálculo diferencial e integral), dinámica das masas forestais, instrumentos económicos para a avaliación de proxectos e manexo de follas de cálculo. O ideal é que o alumnado traballe de forma constante, xa que o avance no desenvolvemento dos contidos da materia irase fundamentando nos temas xa explicados. Para facilitar esta labor, proporanse tanto nas clases de teoría como nas prácticas de informática diversos exercicios para que o alumnado os resolva individualmente ou en grupo (indicarase en cada caso); as dúbidas que xurdan poderanse comentar co profesor no horario de titorías.
Existe unha materia no campus virtual da USC co mesmo nome.
Ulises Dieguez Aranda
Coordinador/a- Departamento
- Enxeñaría Agroforestal
- Área
- Enxeñaría Agroforestal
- Correo electrónico
- ulises.dieguez [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Catedrático/a de Universidade
Xoves | |||
---|---|---|---|
12:00-13:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula 20 (Pav.II-PPS) |
23.01.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |
16.06.2025 10:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Seminario I (Pav.III) |