Créditos ECTS Créditos ECTS: 3
Horas ECTS Criterios/Memorias Horas de Titorías: 2 Clase Expositiva: 10 Clase Interactiva: 12 Total: 24
Linguas de uso Castelán, Galego
Tipo: Materia Ordinaria Máster RD 1393/2007 - 822/2021
Departamentos: Edafoloxía e Química Agrícola
Áreas: Edafoloxía e Química Agrícola
Centro Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Convocatoria: Segundo semestre
Docencia: Con docencia
Matrícula: Matriculable | 1ro curso (Si)
Cursar a materia de Tecnoloxías de Tratamento de solos contaminados é básico no currículo do alumnado de Enxeñería ambiental, porque lle permitirá adquirir as competencias necesarias para avaliar os riscos asociados á contaminación de solos e as principais metodoloxías para o seu tratamento. En concreto permitiralle coñecer: i) a orixe e efectos da contaminación do solo, ii) o comportamento dos contaminantes no solo e comprender os factores que os que depende, iii) as mellores técnicas dispoñibles para o tratamento de solos contaminados e saber como aplicalas, iv) a metodoloxía para a declaración de solo contaminado e deseñar un protocolo para o seu tratamento, v) os principais recursos de información e ferramentas de apoio á toma de decisións.
Os contidos que se desenvolven no curso son os contemplados no descriptor da materia recollido no plan de estudos do Mestrado en Enxeñería Ambiental da USC: Contaminación e recuperación de solos. Orixe e efectos da contaminación de solos. O solo fronte aos contaminantes. Normativa en materia de solos contaminados. Tecnoloxías de tratamento de solos contaminados. Casos de estudo. Estes contidos desenvolveranse ao longo dos seguintes temas:
I. Contaminación e recuperación de solos (2h)
I.1. Aspectos Xerais da Contaminación de solos. Evolución histórica. Principais vías e procesos de contaminación. Situación mundial da contaminación do solo
II. Orixe e efectos da contaminación de solos (4h)
II.1. Fontes da contaminación do solo. Contaminación puntual e difusa. Fontes xeoxénicas naturais. Fontes antropoxénicas.
II.2. Tipos e propiedades dos contaminantes do solo. Contaminantes inorgánicos. Contaminantes orgánicos. Contaminantes emerxentes. Microorganismos patógenos, bacterias e xenes resistentes aos antibióticos.
II.3. Impactos da contaminación do solo sobre a cadea de alimentos e servizos ecosistémicos. Contaminación do solo, absorción das plantas e contaminación da cadea de alimentos. Impacto da contaminación do solo sobre os servizos ecosistémicos. Riscos para a saúde humana asociados coa contaminación do solo
III. O solo fronte aos contaminantes (4h)
III. 1. Propiedades do solo que determinan o destino e transporte dos contaminantes. Outros factores que condicionan o destino e transporte dos contaminantes do solo.
III. 2. Interacción dos contaminantes cos compoñentes do solo. Sorción dos contaminantes. Biodisponibilide, fraccionamento, mobilidade e degradación dos contaminantes. Neutralización e mecanismos tampón. Cargas críticas de contaminantes.
IV. Normativa en materia de solos contaminados (2h)
IV. 1. Accións globais para abordar a contaminación do solo. Instrumentos xurídicos internacionais. Acordos voluntarios internacionais
IV. 2. Valores guía de contaminación do solo
IV. 3. A Protección do solo na Comunidade Europea
IV. 4. Medidas adoptadas pola administración española en materia de protección do solo. A Declaración de solo Contaminado
IV. 5. Medidas adoptadas na Comunidade de Galicia
V. Tecnoloxías de tratamento de solos contaminados (4 h)
V. 1. Principais técnicas para o tratamento de emprazamentos contaminados. Aplicación ex situ/in situ/ on site
V. 2. Técnicas de confinamento. Estabilización físico-química. Inxección de solidificantes. Vitrificación
V. 3. Técnicas de contención. Barreiras verticais. Barreiras horizontais. Barreiras de solo seco. Selaxe profunda. Barreiras hidráulicas
V. 4. Técnicas de descontaminación. Tratamentos físico-químicos. Tratamentos biolóxicos. Tratamentos térmicos. Tratamentos mixtos.
VI. Casos de estudo sobre contaminación e tratamento de solos (6 h)
VI. 1. Minería de carbón ao descuberto. Minería metálica con sulfuros.
VI. 3. Contaminación por vertedura de lodos mineiros
VI. 4. Contaminación por vertedura de residuos de fabricación de lindano
VI. 5. Contaminación aceda de orixe difusa
BASICA
• Alloway, B.J. & Ayres, D.C. 1994. Chemical Principles of Environmental Pollution. Blackie Academic Professional. London. 1994. 291 pp. ISBN : 0-7514-0013-0. Sinatura ETSE A240 19
• FAO and UNEP. 2021. Global assessment of soil pollution: Report. Rome. ISBN 978-92-5-134469-9. https://doi.org/10.4060/cb4894en
• Meuser, H. 2013. Soil Remediation and Rehabilitation: Treatment of Contaminated and Disturbed Land, Environmental Pollution 23, Dordrecht, Paises Bajos: Springer, [2013], 406 pp. ISBN : 978-9400757509. Sinatura ETSE A231 7
• McLaughlin, M., & Pennock, D. (2018). Soil pollution: a hidden reality. Roma, FAO. 142 pp. https://openknowledge.fao.org/server/api/core/bitstreams/3f7e6959-db0b-…
COMPLEMENTARIA
• Allen, H. E., Huang, C.P., Bailey, G.B. & Bowers, A.R. Metal Speciation and Contamination of Soil. Lewis Publishers. Boca Raton. 1995. ISBN: 0‐87371‐697‐3. Sinatura Química: EMA 358
• Alloway, B.J. (Ed). Heavy Metals in Soils. Blackie and Son Ltd. 1995. ISBN: 978-94-010-4586-5. Sinatura Farmacia: TS 250
• Balseiro-Romero, M., Monterroso, C., & Casares, J. J. (2018). Environmental fate of petroleum hydrocarbons in soil: review of multiphase transport, mass transfer, and natural attenuation processes. Pedosphere, 28(6), 833-847. https://www.sciencedirect.com/
• Cairns, J. Rehabiliting Damaged Ecosystems. Lewis Publishers. Boca Raton. 1995. ISBN: 1-56670-043-4 Sinatura Bioloxía: EMA 620
• de Haan, F.A.M. & Visser-Reyneveld, M.I. Soil Pollution and Soil Protection. International Training Centre (PHLO), Wageningen Agricultural University. Wageningen. 1996. ISBN: 978-9067544696 Sinatura Bioloxía: A TS 90
• Lai, R. & Stewart, B.A. Soil Processes and Water Quality. Advances in Soil Science. Lewis Publishers. Boca Raton. 1994. ISBN: 978-0367449414 Sinatura Farmacia: TS 308
• Morgan, R.P.C. Soil Conservation. Problems and prospects. John Wiley & Sons. Chichester. 1981. ISBN: 0-471-27882-3.
• Monterroso, C., Macias, F., Gil Bueno, A., & Val Caballero, C. (1998). Evaluation of the land reclamation project at the As Pontes Mine (NW Spain) in relation to the suitability of the soil for plant growth. Land Degradation & Development, 9(5), 441-451. https://www.sciencedirect.com/
• Rivas-Pérez, I. M., Fernández‐Sanjurjo, M. J., Núñez‐Delgado, A., Monterroso‐Martínez, C., Macías-Vázquez, F., & Álvarez-Rodríguez, E. 2019. Efficacy of two different reclamation strategies to improve chemical properties and to reduce Al toxicity in a lignite mine dump during a 20‐year period. Land Degr. Develop., 30(6), 658-669. https://www.sciencedirect.com/
• Rodríguez-Eugenio, N., McLaughlin, M., & Pennock, D. (2018). Soil pollution: a hidden reality. Documentos FAO. https://www.fao.org/3/I9183EN/i9183en.pdf
• Sparks, D.L. Environmental soil chemistry, Academic Press, San Diego, 1995. A EMA 102 (accesible dixitalmente na BUSC).
Nesta materia o alumnado adquirirá ou practicará unha serie de competencias xenéricas, desexables nun científico ambiental con coñecementos do solo aplicados á resolución de problemas ambientais. De acordo co cadro de competencias que se deseñou para a titulación, traballaranse as seguintes:
BÁSICAS E XENERAIS:
CB 6. Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
CB 7. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
CB 8. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
CB 9. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
CB 10. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
CG 1. Identificar e enunciar problemas ambientais.
CG 2. Ser capaces de predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de metodoloxías de traballo innovadoras adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade.
CG 3. Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo.
CG 4. Aplicar coñecementos de matemáticas, física, química, bioloxía e outras ciencias naturais, obtidos mediante estudo, experiencia, e práctica, con razoamento crítico para establecer solucións viables economicamente a problemas técnicos.
TRANSVERSAIS:
CT 1. Desenvolver capacidades asociadas ao traballo en equipo: cooperación, liderado, saber escoitar.
CT 3. Adaptarse aos cambios, sendo capaz de aplicar tecnoloxías novas e avanzadas e outros progresos
CT 4. Demostrar razoamento crítico e autocrítico, capacidade analítica e de síntese.
CT 5. Elaborar, escribir e defender publicamente informes e proxectos de carácter científico e técnico.
ESPECÍFICAS:
CE 1. Saber avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa do campo de estudo da Enxeñería Ambiental para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso.
CE 2. Coñecer en profundidade as tecnoloxías, ferramentas e técnicas no campo da enxeñería ambiental para poder comparar e seleccionar alternativas técnicas e tecnoloxías emerxentes.
CE 8. Abordar un problema real de Enxeñería Ambiental baixo unha perspectiva científico‐técnica, recoñecendo a importancia da procura e xestión da información existente e da lexislación aplicable.
CE 9. Posuír as habilidades da aprendizaxe autónoma para manter e mellorar as competencias propias da Enxeñería Ambiental que permitan o desenvolvemento continuo da profesión.
Usarase a aula Virtual da USC a través da aplicación Moodle e/ou comunicación vía e-mail personalizada como ferramentas de comunicación cos alumnos/ as, ofrecéndolles información da programación docente ao longo do curso na aula e materiais complementarios para o estudo da materia.
Actividades formativas:
• Clases expositivas: As clases realizaranse combinando a clase maxistral (exposición e discusión de temas) e incluirase, sempre que sexa posible, a participación de relatores/investigadores de prestixio.
• Clases interactivas: inclúen seminarios, resolución de problemas, discusión de casos y cuestionarios, onde se verificará a asimilación de contidos por parte do alumnado.
• Titorías Grupais: Realizaranse 2 titorías programadas en aula.
• Traballo autónomo do alumnado: Estudo e traballo persoal do alumno Análise e interpretación dos datos. Preparación e presentación das tarefas de avaliación continua.
• Titorías individualizadas: presenciais no despacho do profesorado e/ou mediante MS Teams
O Máster en Enxeñería Ambiental establece a mínima ponderación da avaliación continua dun 50%, correspondendo o 50% restante a unha proba final. A cualificación final de esta materia será a media ponderada do rendemento nas dúas partes: 50% avaliación continua (tarefas e cuestionarios realizados polo alumnado ao longo do curso) e 50% examen final. Para a superación da materia, o alumnado deberá obter unha nota mínima de 4 (sobre 10) no examen final.
Todas as actividades ligadas á avaliación son obrigatorias para aprobar a materia.
A consideración de “non presentado” será cando non se asiste a ningunha das actividades avaliadoras. Se non se alcanza a nota mínima no exame final, a nota final será a do exame. Ao alumnado que teña que acudir á segunda oportunidade conservaráselle as cualificacións obtidas na avaliación continua.
Avaliación de competencias
Clases expositivas: CB6, CG1, CG3, CT6, CE2, CE8, CE9
Clases interactivas (debate e resolución de problemas e cuestionarios): CB6, CB7, CB8, CG1, CG3, CG4, CT1, CT3, CT4, CT5, CT6, CE1, CE2, CE8, CE9
Titoría grupal: CB6, CB7, CB8, CB9, CB10, CG1, CG2, CG4, CT5, CT6, CE1, CE2, CE8, CE9
Cuestionarios e exames:CB9, CB10, CG2, CT3, CT4, CE1, CE2, CE8, CE9
Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recolleito na ‘Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións’
A materia ten unha carga de traballo equivalente a 3,0 ECTS que se reparten da forma que se mostra na táboa:
Actividade Formativa Horas Presencialidade
Clases expositivas 10 100%
Clases interactivas (seminarios) 12 100%
Titoría de grupo 2 100%
Trabalo autónomo estudiante 49 0%
Exame 2 100%
Total 75 -
Cursar a materia Solos e Medio do Módulo 1 en caso de non haber cursado edafoloxía durante os estudos de grao.
Asistencia e participación activa en todas as actividades docentes. Distribución do traballo persoal ao longo do curso. Uso das horas de titorías para resolver dúbidas.
Canles de comunicación co alumnado: Aula, MS Teams, Aula Virtual, Correo electrónico (exclusivamente ou institucional dá USC)
Idioma: castelán
Maria Del Carmen Monterroso Martinez
Coordinador/a- Departamento
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Área
- Edafoloxía e Química Agrícola
- Teléfono
- 881813288
- Correo electrónico
- carmela.monterroso [at] usc.es
- Categoría
- Profesor/a: Titular de Universidade
Luns | |||
---|---|---|---|
10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
Martes | |||
12:00-14:00 | Grupo /CLE_01 | Castelán | Aula A7 |
24.04.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
24.04.2025 10:00-12:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLIS_01 | Aula A7 |
25.06.2025 16:00-18:00 | Grupo /CLE_01 | Aula A7 |